Rematou a F1

Nen tanto pois queda aínda un GP e unhas máis que agardadas novas temporadas. Este ano decidín escribir sobre a paixón que teño por este deporte-espectáculo-mundos-rosa-e-de-negocios.Valeu Senna!

Porén, no seguirei a darlle continuidade a esta labor redactora. Teño moitos compromisos a cotío que en moitas ocasións exténdense tamén ás fins de semana. Tampouco me gusta facelo comprometido, gústame redactar, informar ofrecendo o meu parecer cunha chea de ligazóns, sexan en castelán, brasileiro, inglés ou italiano.

Daquela confirmo que remato, maila ser só de xeito comprometido pois ocasionalmente é posible que siga escribindo. Será? De feito, isto tamén está a afectar a miña liña diaria coas novas sobre SwL, internet… Hai uns meses que xa nin non podo escribir a cotío, como sempre fixen desde 2003!

Grazas a quen me lera e, sobre todo, a Juan Fco. e Tonio pois sempre foi unha ledicia compartir opinións e ideas.

Até já! Grande abraço!

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Brasil, sábado – 20091017

Previo

Como chove! Semella cancelada a terceira sesión libre, é demais, pero bastante habitual aquí. Aínda así ábrese a pista a 15 minutos do final. Con certeza, a cualificación vai ser en mollado… ou non. Aquí tamén seca en instantes.

Tralo forte accidente de Grosjean. detense todo. Os poucos minutos en total deixaron esta clasificación: ROS NAK BUT ALO SUT GRO BUE TRU HEI WEB (10º) RAI KOV AlG BAR VET (15º) LIU HAM FIS KUB KOB.

Cualificación

Demorou o comezo por mor nos ríos de choiva que hai nas beiras da pista; cae moita cantidade de auga. Na Q1: ROS RAI KUB NAK BAR BUT KOB GRO SUT BUE (10º) TRU LIU WEB ALG ALO (15º) e saen nada menos que VET KOV HAM HEI FIS. O diluvio determinou moito esta clasificación. De feito volven agardar outro tempo previo ata a Q2.

Un novo choque que provoca bandeira vermella, desta vez foi Liuzzi ao final da recta de meta. Na Q2, todo moi xusto, quedan fóra KOB ALG GRO BUT LIU, pasan ROS NAK TRU BUE SUT WEB KUB RAI ALO BAR.

A Q3 foi a máis emocionate, con contínuos intercambios de liderado ata a pole de Rubinho. Resultado: BAR WEB SUT TRU RAI BUE ROS KUB NAK ALO.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Brasil, venres – 20091016

Previo

Chegamos á penúltima carreira da temporada co título aínda por decidir maila haber un claro favorito a el pola enorme vantaxa acumulada nos primeiros GPs, Jason Button. O seu compañeiro Rubinho está a 14 puntos, Vettel a 16.

En canto a novidades entre GPs, Kubica foi confirmado como piloto de Renault por unha temporada e hai quen di que xusto para logo ir a Ferrari con Alonso. Ferrari confirma un cambio na dirección dos departamentos de electrónica e motor pois o actual Gilles Simon é substituído por Luca Marmorini quen regresa a casa tras pasar por Toyota. Massa segue dando que falar, regresou a Maranello, deu voltas en simulador, probou o Ferrari de 2007 con neumáticos lisos da GP2 e logo comenta nunha entrevista que ten «certeza absoluta» que Alonso sabía da trama Renault en Singapur 2008 para acto seguido, presionado por Ferrari, suavizalo artificiosamente.

Alonso, pola súa banda, está a recibir máis eloxios. Deste volta, Adrián Campos chega a dicir que o astriano é a «síntese de Jim Clark, Ayrton Senna e Michael Schumacher«, case nada. Rubinho tamén declara que Alonso é o mellor da grella… en fin, por algo o matrimonio Ferrari-Alonso presaxia tanto optimismo. Ademais, semella que Fernando ben aprendeu do pasado. En respostas maís que correctas, non entrou en polémica con Massa e declarou o que tanto quere un fabricante «Ferrari está por riba de calquera piloto» e que está seguro de que formarán unha moi boa parella latina.

Adestramentos

Co ceu coberto de ameazantes nubes no mítico Interlagos, tamén coñecido como circuito José Carlos Pace, a maioría de pilotos decidiron sair cedo. E, efectivamente, a choiva caeu forte tras máis forza á media hora do comezo da primeira sesión. Ata ese intre a clasificación era VET BAR HAM WEB BUT BUE TRU SUT ROS ALO NAK KUB RAI FIS ALG LIU HEI KOB KOV GRO. Olla que hai un KOB, refírese a Kobayashi, substituto do accidentado Glock no equipo Toyota. Finalmente remataron así: WEB BAR VET KOV HAM NAK BUT ROS SUT RAI (10º)  TRU HEI BUE KUB FIS (15º) ALO LIU KOB ALG GRO.

Moi entretidos os segundos adestramentos, sobre todo cara o final. Alonso, 16º na primeira, mantivo sempre as derradeiras prazas. Saía a dar tandas moi curtas, e demoraba moito no garaxe, tanto que até restando menos de media hora era o que menos voltas dera. Choiva caeu pouca e  e a pista axiña secaba. Víuselle como fedellaban nos baixos do monoposto, acho que cambiando o reparto de peso nos lastres. Tras deixalo ao seu gusto e a nos minutiños do final, sae e marca o mellor tempo aínda que por poucas décimas respecto a un sorprendente Buemi que viña de esnaquizar o seu coche na primeira sesión. Segunda tanda: ALO BUE BAR WEB BUT TRU VET ROS SUT HAM (10º) GRO KUB KOB NAK HEI (15º) LIU LOV RAI ALG FIS

Alguersuari, penúltimo nas dúas, está a tan só 0,7 segs do primeiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Foro de Cultura Libre: Organización e Acción

Celebrarase en Barcelona do 29 Outubro ao 1 de Novembro de 2009.

No seu sitio web sinalan que «En todo o mundo estase recoñecendo a necesidade dun espazo internacional onde construír e coordinar un marco global e unha axenda común para temas relacionados coa cultura libre e o acceso ao coñecemento. O Foro de Cultura Libre ten como obxectivo crear este espazo, reunindo ás principais organizacións e voces activas no mundo da Cultura e o coñecemento libres; un punto de encontro onde sentar a traballar xuntos/as e pór en común as respostas ante as problemáticas apremiantes xurdidas a raíz do cambio de paradigma«.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Xapón, domingo – 20091004

Previo

Tralas múltiples penalizacións de onte, hai uns intres que vén de publicarse a grella definitiva. Chama a atención o sexto posto de Barrichello, non penalizado aínda non se sabe ben por que, polo espectáculo? A verdade é que o campionato posiblemente ha decidirse máis adiante porque Button si foi penalizado, sairá décimo e cunha estratexia moi semellante. Unha excelente explicación sobre este caso pode ser esta nova.

Con isto, entre outros, Alguersuari benefíciase saíndo 12º (o seu mellor ata agora) e Alonso 16º. Kovalainen tamén retrasa cinco postos por torcar o cambio e Glock non sae polo choque de onte.

Lobato anuncia que Ferrari vén de acadar o permiso da FIA para que Massa probe cun F1 do ano pasado e neumáticos de GP-2. Tamén faise unha entrevista a Gené que salientou o moito que desexan el e todos en Ferrari. Marc quere contarlle a Alonso todo o que sabe da Scuderia. La Sexta fixo unha enquisa e os resultados foron que a absoluta maioría cre no éxito de Alonso. Si, moitos desexamos iso pero aproveito para subliñar que fichar por Ferrari non é sinónimo de garantía, pois a máis mítica das escuderías ten unha historia repleta de éxitos pero tamén longas épocas de seca.

Carreira

Alonso apostou por unha parada e polo aforro de combustible ata o xiro 31 o cal serviulle para adiantar a Nakajima e Liuzzi durante a primeira parada. Boa carreira a de Alguersuari pero o catalán non remata pois perdeu o control na 130R trala segunda parada. E o safety-car sae a pouco do remate.

Resultado: VET TRU HAM RAI ROS HEI BAR BUT KUB ALO (10º) KOV FIS SUT LIU NAK GRO WEB ALG BUE. Ollo que Barrichello non se achega a Button máis que nun punto e Vettel mantén apenas as súas oportunidades.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Xapón, sábado – 20091003

Previo

Todt e Vatanen confírmanse como candidatos á presidencia da F1 á par que o sol instálase en Suzuka acompañado con bastante vento.

Gran actividade na pista dado que hai que probalo todo hoxe. Maila estar aínda con febre, Glock sube ao Toyota. Webber volve accidentarse nuns adestramenots e os resultados dos adestramentos libres do sábado: TRU BUE ROS VET RAI SUT BAR KOV BUT ALG (10º) GRO HEI ALO (13º) GLO NAK HAM KUB FIS WEB LIU. Moi ben os Toro Rosso.

Cualificación

Nota: Por mor dunha sesión de mantemento do servidor que aloxa este sitio non puiden pór os comentarios da cualificación. Velaquí vai agora.

Grave accidente de Alguersuari, demora en sair porque agardaba aos servizos médicos confirmar o seu bo estado físico. A bandeira vermella para estes adestramentos restando 11 minutos.
Glock tamén sofre un accidente, máis forte aínda có de Algersuari, se cadra. Nova asistencia médica e bandeira vermella a menos de 8 minutos para o remate. Desta vez agochan todo con sábanas e Nira di en Toyota comentaron que o alemán ten danos nunha perna.

Na Q2: VET HAM TRU BUT RAI BAR BUE SUT KOV HEI (10º) ROS ALO KUB GLO ALG. Alonso non pasa, entre outras cousas, por unha bandeira amarela por mor dunha saída de Bueni deixando todo o alerón dianteiro na metade da pista. A iso únese o feito de tres pilotos ter mellorado os seus tempos, cousa prohibida. Daquela, mailas protestas inmediatas, non pode saír á Q3.

Na Q3: VET TRU HAM SUT BAR HEI BUT RAI KOV BUE. Houbo sancións de perda de cinco postos na grella a SUT BAR BUT ALO e o propio BUE, causante de todo. Alonso tampouco aminorou ata pasar polo lugar do incidente e maila aminorar e decidir cancelar o resto da súa volta a FIA considerou que merce sanción pois debeu aminorar ben antes de pasar polo punto do accidente.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Xapón, venres – 20091002

Previo

Aparte da nova da fichaxe de Alonso por Ferrari da que cadrou que escribira onte sen ter a aínda a confirmación dela, houbo algunhas novidades que deixo en resumo, coma sempre. A ela hai engadir que Ferrari dismintiu as informacións do soldo e migración de persoal á Scuderia cun sinxelo «si tratta di pure invenzioni, dalla A alla S«, en evidente alusión ao xornal AS. Logo o mesmo Stefano Domenicali o comenta nunha entrevista. E longa entrevista tamén é a de Lobato a Alonso.

Chamoume moito a atención a dedicatoria de Alonso a Briatore e até asusteime cando Jean François Caubet, o director xeral, declarou que Alonso non estaría con Renault en 2010 porque podía ser tomado como unha reprimenda da escudería ao asturiano… Ao final só foi o anticipo da fichaxe con Ferrari.

A fichaxe de Alonso implica a saída de Raikkonen. Os rumores sinalan conversas con McLaren onde declaran que poden manexar ben ao finés como compañeiro de Hamilton. Pola outra banda, coméntase que  se o sistema de puntuación fora o proposto pola FIA, é dicir, aquel onde o campionato decidiríase polo número de victorias, provocaría o final deste campionato xa que logo Button sería o novo campión en Singapur. O xornal Daily Mail di ter descoberto á testemuña «X» do caso crash-gate. Sería Alan Permane, xefe de enxeñaría de Renault. Queréndose aproveitar disto, Massa solicita a cancelación da proba do pasado ano xa que logo deixaríao como campión do 2008! Por certo, Massa xa está a adestrarse con karts.

Toro Rosso confirma tamén aos seus pilotos, seguirán Buemi e o catalán Alguersuari.

Adestramentos

En canto á xornada de adestramentos de hoxe, houbo choiva tanto na primeira como na segunda. Os tempos son moi pouco significativos. Porén velaquí deixo a clasificación dos primeiros: KOV NAK SUT FIS BUE HAM ALO (7º) RAI BAR ROS WEB LIU TRU ALG (14º) KUB HEI VET BUT KOB GRO. Nesta clasificación aparece Kamui Kobayashi pois tivo que substituir a Glock, de baixa por gripe.

Na segunda tanda as posicións foron: SUT VET LIU HAM NAK BUE ALO (7º) TRU ALG (9º) KUB RAI KOB WEB GRO FIS ROS HEI KOV BUT BAR. Os tres últimos nen sairon á pista.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp