GP Brasil, venres – 20091016

Previo

Chegamos á penúltima carreira da temporada co título aínda por decidir maila haber un claro favorito a el pola enorme vantaxa acumulada nos primeiros GPs, Jason Button. O seu compañeiro Rubinho está a 14 puntos, Vettel a 16.

En canto a novidades entre GPs, Kubica foi confirmado como piloto de Renault por unha temporada e hai quen di que xusto para logo ir a Ferrari con Alonso. Ferrari confirma un cambio na dirección dos departamentos de electrónica e motor pois o actual Gilles Simon é substituído por Luca Marmorini quen regresa a casa tras pasar por Toyota. Massa segue dando que falar, regresou a Maranello, deu voltas en simulador, probou o Ferrari de 2007 con neumáticos lisos da GP2 e logo comenta nunha entrevista que ten “certeza absoluta” que Alonso sabía da trama Renault en Singapur 2008 para acto seguido, presionado por Ferrari, suavizalo artificiosamente.

Alonso, pola súa banda, está a recibir máis eloxios. Deste volta, Adrián Campos chega a dicir que o astriano é a “síntese de Jim Clark, Ayrton Senna e Michael Schumacher“, case nada. Rubinho tamén declara que Alonso é o mellor da grella… en fin, por algo o matrimonio Ferrari-Alonso presaxia tanto optimismo. Ademais, semella que Fernando ben aprendeu do pasado. En respostas maís que correctas, non entrou en polémica con Massa e declarou o que tanto quere un fabricante “Ferrari está por riba de calquera piloto” e que está seguro de que formarán unha moi boa parella latina.

Adestramentos

Co ceu coberto de ameazantes nubes no mítico Interlagos, tamén coñecido como circuito José Carlos Pace, a maioría de pilotos decidiron sair cedo. E, efectivamente, a choiva caeu forte tras máis forza á media hora do comezo da primeira sesión. Ata ese intre a clasificación era VET BAR HAM WEB BUT BUE TRU SUT ROS ALO NAK KUB RAI FIS ALG LIU HEI KOB KOV GRO. Olla que hai un KOB, refírese a Kobayashi, substituto do accidentado Glock no equipo Toyota. Finalmente remataron así: WEB BAR VET KOV HAM NAK BUT ROS SUT RAI (10º)  TRU HEI BUE KUB FIS (15º) ALO LIU KOB ALG GRO.

Moi entretidos os segundos adestramentos, sobre todo cara o final. Alonso, 16º na primeira, mantivo sempre as derradeiras prazas. Saía a dar tandas moi curtas, e demoraba moito no garaxe, tanto que até restando menos de media hora era o que menos voltas dera. Choiva caeu pouca e  e a pista axiña secaba. Víuselle como fedellaban nos baixos do monoposto, acho que cambiando o reparto de peso nos lastres. Tras deixalo ao seu gusto e a nos minutiños do final, sae e marca o mellor tempo aínda que por poucas décimas respecto a un sorprendente Buemi que viña de esnaquizar o seu coche na primeira sesión. Segunda tanda: ALO BUE BAR WEB BUT TRU VET ROS SUT HAM (10º) GRO KUB KOB NAK HEI (15º) LIU LOV RAI ALG FIS

Alguersuari, penúltimo nas dúas, está a tan só 0,7 segs do primeiro.

Os comentarios están pechados.