ModularIT, arquitectura orientada a servizos virtualizados

ModularIT e unha arquitectura orientada a servizos virtualizados cunha contorna engadida de monitorización e xestión. Todo iso utilizando Software Libre e orientado a administradores de sistemas. ModularIT está formado por servizos modulares despregados en máquinas virtuais que poden combinarse coma se fora un quebracabezas o cal confire múltiples vantaxes. Para coñecer o estado de cada […]

Spectrum vs. Tamagotchi

Non é a primeira vez que defendo as consecuencias que supón o cambio xeneracional que está a provocar unha certa crise no nivel de matriculacións en enxeñaría informática. Podemos dar por certas as diversas fontes que sinalan tal crise. Así, hai fontes que corroboran que está a producirse unha forte caída nas matriculacións en enxeñaría. […]

Velocidade de resposta ante problemas de seguridade

Slashdot sinala que vendedores de software privativo, neste caso Microsoft e Cisco, finalmente publicaron os seus parches para vulnerabilidades no protocolo TCP tras un ano de coñecerse! Esas vulnerabilidades afectaban a todos os dispositivos de Cisco que executasen o software IOS e un elevado número de sistemas Microsoft, tanto servidores como de escritorio. Esta última […]

OpenShot, doado editor de video

Jonathan Thomas sinala no sitio de OpenShot: “Teño unha misión sinxela: crear un editor de video non lineal e de código aberto para Linux. Moita xente intentou e fallou antes ca min, pero por algunha razón síntome obrigado a intentalo eu mesmo. Estou documentando a miña viaxe neste blog para que todos lean. Será unha […]

Instalacións masivas automatizadas con SystemImager

Sei de SystemImager pola resposta que deu o amigo Óscar Casal nunha lista de correo. SystemImager é un programa que automatiza instalacións masivas de GNU/Linux, distribución de software e implantacións de produción. Segundo a súa wiki, SystemImager fai máis doado a automatización de instalacións (clons), distribución de software, distribución de contidos ou datos, cambios de […]

Educación migrará plataforma de correo-e a SwL

O DOG nº 171 publica unha resolución do 24 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servizo de migración da plataforma de correo electrónico corporativo desta consellería a unha arquitectura baseada en […]

Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) na USC

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”. Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o […]

Mercado de Sw Libre medrará a ritmo de 22,4% anual

A consultora IDC vén de publicar un informe amosando unha óptima perspectiva para o Sw Libre e mailo Open Source. Concretamente sinala: “Os ingresos mundiais debidos ao software de código aberto (OSS, open source software) medrará a unha taxa dun 22,4% de crecemento anual composto ata acadar os US $ 8.100 millóns en 2013. Esta […]

Invidente bloguea grazas ao Sw Libre

Unha vez máis, sei por Fernando Acero que o invidente Nicomedes Flores pode, e feito é, un activo blogueiro grazas ao uso de Software Libre. Nomeadamente emprega o programa Orca baixo unha Ubuntu GNU/Linux. Con el traballa coa súa computadora (procesador de textos, chat…) e conéctase co mundo. Orca (segundo o seu Wiki) é unha […]

Creando USB con Ubuntu desde M$

Aproveito que hei dar unha xornada sobre SwL onde os equipos non teñen nin arranque dual nin SwL instalado, só software privativo de M$. Para ilo preparei estas instrucións: 1.- descarga o arquivo ‘.iso’ que contén a Ubuntu 9.04 Jaunty. 2.- Segue os pasos deste artigo. 3.- Ese artigo di que descargues a aplicación uSbuntu. […]

CNTG oferta varios cursos sobre Sw Libre

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de anunciar a súa oferta formativa para o período outubro 2009 a xuño 2010. Dentro desa oferta hai varios cursos sobre Sw Libre. Velaquí estes cursos xunto a outros xenéricos: Administración avanzada de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 2), 64 hs, obtense certificación, data 26/10/2009, imparte […]

Interoperabilidade e Administración Electrónica (carta aberta de Hispalinux)

Hispalinux vén de publicar unha Carta Aberta a prol dunha Administración Electrónica Transparente, Independente e Democrática. A Administración Electrónica pode crear as bases dunha nova era da nosa democracia, revalorizar o papel da cidadanía e reformar “por fin” participativamente a función pública. Con todo, a posibilidade de que o emprego masivo de tecnoloxías dixitais conduza […]