DOA gravou “Across the Universe” de John Lennon

DOA, o emblemático grupo musical galego, gravou  “Across the Universe” (John Lennon 1968).  no disco “50“. No traballo participaron desinteresadamente 58 grupos. “50” é un Disco Solidario para Médicos sin Fronteras por iniciativa solidaria de “Acordes por la Paz” e conmemora a formación de “The Beatles” (1960-2010). “50”  verá a luz en novembro.

Tempest for Elisa: Transforme seu monitor em estação de rádio

O amigo Alessandro de Oliveira Faria (Cabelo) envía este novo artigo: “Este projeto é antigo e sei que não é novidade a emissão de ondas eletromagnéticas por aparelhos eletrônicos, porém controlar a emissão de ondas de freqüência AM pelo monitor é algo legal – claro, não muito (ou nada) útil. Conheca neste documento o software […]

Rematou a F1

Nen tanto pois queda aínda un GP e unhas máis que agardadas novas temporadas. Este ano decidín escribir sobre a paixón que teño por este deporte-espectáculo-mundos-rosa-e-de-negocios. Porén, no seguirei a darlle continuidade a esta labor redactora. Teño moitos compromisos a cotío que en moitas ocasións exténdense tamén ás fins de semana. Tampouco me gusta facelo […]

Presentacións do Premio ao mellor PFC con SwL

Ao longo das vindeiras semanas Igalia estará presente nos campus universitarios das tres universidades galegas para presentar o Premio ao mellor PFC con Software Libre. Durante a presentación explicaranse os obxectivos e bases desta iniciativa. As datas son as seguintes: 30 de Setembro ás 10:00. Santiago de Compostela, Escola Técnica Superior de Enxeñería. 30 de […]

Software Freedom Day 2009

Hoxe, 19 de setembro, é o dia elixido este ano 2009 para a celebración do Software Freedom Day, o Dia da Liberdade do Software. Este ano o Equipo Galicia ten rexistrado como evento un da Comunidade O Zulo coincidindo coa VI Edición de Kernel 2009. O SFD naceu en 2004. Persoalmente chamoume a atención e […]

ModularIT, arquitectura orientada a servizos virtualizados

ModularIT e unha arquitectura orientada a servizos virtualizados cunha contorna engadida de monitorización e xestión. Todo iso utilizando Software Libre e orientado a administradores de sistemas. ModularIT está formado por servizos modulares despregados en máquinas virtuais que poden combinarse coma se fora un quebracabezas o cal confire múltiples vantaxes. Para coñecer o estado de cada […]

Spectrum vs. Tamagotchi

Non é a primeira vez que defendo as consecuencias que supón o cambio xeneracional que está a provocar unha certa crise no nivel de matriculacións en enxeñaría informática. Podemos dar por certas as diversas fontes que sinalan tal crise. Así, hai fontes que corroboran que está a producirse unha forte caída nas matriculacións en enxeñaría. […]

Instalacións masivas automatizadas con SystemImager

Sei de SystemImager pola resposta que deu o amigo Óscar Casal nunha lista de correo. SystemImager é un programa que automatiza instalacións masivas de GNU/Linux, distribución de software e implantacións de produción. Segundo a súa wiki, SystemImager fai máis doado a automatización de instalacións (clons), distribución de software, distribución de contidos ou datos, cambios de […]

Bravo á Compañía Lírica de Galicia

Esta é unha carta aberta que veño de enviar ao director do xornal La Voz de Galicia referente ao artigo que cubría a actuación desa Compañía Lírica onte na Praza de María Pita da Coruña. Estimado Sr. Director, Onte tiven o enorme pracer de asistir a un gran espectáculo na Praza de María Pita. Si, […]

Liberado o proceso creativo da nova imaxe corporativa de TEGNIX

A anovación de TEGNIX comezada en 2007 contemplaba a incorporación dunha nova imaxe corporativa. Trala solicitude de orzamentos a diversos gabinetes de deseño e profesionais independentes, finalmente decidimos seguir a proposta feita por Claudio F. Filho quen recomendou ao profesor e amigo Daniel Confortin. Daniel traballa con ferramentas lbres (Gimp, Inkscape, Scribus) e conta con […]

Canto gasta a Administración en software?

Javier de la Cueva reflexiona sobre este dereito da cidadanía. De la Cueva sinala que no Consello de Ministros do 31 de xullo de 2009 publicouse un “ACORDO polo que se formalizan os criterios de distribución, así como a distribución resultante, para o ano 2009, dos créditos orzamentarios para a aplicación do programa Escola 2.0, […]

Knol ten artigo sobre Como migrar a Linux

Knol, o servizo de Google que pretende ser algunha alternativa á Wikipedia, ten un artigo  titulado “Howto migrate to Linux” do que souben grazas a Rafael R. Gaioso (fundador de MeLiSa, entrevista a Rafel en mancomun.org). O artigo  (en inglés, en castelán) inclúe de xeito sinxelo e directo como facelo, con ligazóns para ampliar esta […]