Promesas para Mono, só iso

Alberto Barrionuevo contestou á mensaxe de Ismael Olea referida a que Microsoft aplicará a Community Promise tanto á ECMA 334 como ás especificacións ECMA 335, todo ilo referido á polémica sobre Mono SI ou Mono NON.

Barrionuevo sinala:

Esa suposta licenza xa a comentamos amplamente durante a estandarización de OOXML na ISO/IEC. Segundo moitos avogados estadounidenses que a estudaron (incluíndo o FSLC da FSF) ese texto non licencia nada. Primeiro falla ao ser unha «promesa» (non ten carácter legal) no canto dunha licenza. As promesas lévaas o vento. Por contra, as licenzas son contratos legais.

Despois, falla en varias cousas máis. Que lembre así de súbito velaquí algunhas:

1) «is compliant with all of the required parts of the mandatory provisions of that specification«: con «all» implica que se o que necesitas é, pola funcionalidade da túa aplicación (por exemplo, un visor vs. un editor), facer unha implementación parcial da especificación, non quedas cuberto porque non terás «cumprido con todas as provisións obrigatorias da especificación«.

2) «This is a persoal promise directly from Microsoft to you, and you acknowledge as a condition of benefiting from it that non Microsoft rights are received from suppliers, distributors, or otherwise in connection with this promise«. Isto pódese interpretar como que impide a redistribución. Debería quedar absolutamente claro que si se pode redistribuír para que sexa compatible coas GPLs.

3) «To clarify, «Microsoft Necessary Claims» are those claims of Microsoft-owned or Microsoft-controlled patents that are necessary to implement the required portions (…) of the Covered Specification«. Ningunha reivindicación de patente é necesaria para desenvolver un software. Ninguén necesita acudir a esas patentes para implementar a especificación. O que outorga con esta «promesa» é en realidade *nada*, en termos de patentes.

4) «portions (which also include the required elements of optional portions) of the Covered Specification that are described in detail and not those merely referenced in the Covered Specification.«: Como se sabe que está suficientemente «descrito en detalle» e que está «meramente referenciada«? Onde está a liña que delimite? Onde queira Microsoft a posteriori? Lendo as especificacións (polo menos a de OOXML) hai moitas partes onde
isto non queda nada nada claro.

5) Para rematar, Microsoft deixa moi claro (é a única parte cunha linguaxe precisa da «promesa«) que: «Non other rights except those expressly stated in this promise shall be deemed granted, waived or received by implication, exhaustion, estoppel, or otherwise.«

Para rematar, e para variar, as especificacións de C# e CLI non son completas (as de OOXML tampouco -aínda están «arranxándoas»), polo que non cobren todo o necesario para realizar implementacións de .NET sen caer en risco de ser demandado polo propietario das patentes do non especificalo (e iso presupondo que a «promesa» licénciase algo…).

Ou sexa, que non se está licenciando nada en realidade. Vaia, outro novo golpe de efecto de pura mercadotecnia ao tanto nos teñen afeitos.

E, para rematar, Alberto engade esta metáfora:

«We have this big hammer. Really big hammer, actually. Just acknowledge that it’s our hammer, and that’s it’s a really big hammer, and that we are allowed to hit you with it at any time, and we promise not to hit you with it.»

Makes me wanna rush right out and start developing Mono applications.«
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

De seu, P2P non vulnera a LPI

David Bravo sinala que a resolución (un auto denegatorio de medidas cautelares) analiza a todos os suxeitos que poden intervir nunha relación P2P (o creador da ferramenta, o intermediario que fornece ligazóns, que neste caso é o demandado, e quen o usa) para concluír que ningún deles infrinxe dereito de propiedade intelectual.

O primeiro porque se trata dunha mera ferramenta de transmisión de datos, o segundo porque non explota ningún dereito de propiedade intelectual e o terceiro porque a súa actividade atopa acomodo no dereito de copia privada. Nada menos.

A nova, que no seu dia tivera moitísima repercusión mediática, polo de agora está reflictida en El Mundo e Público.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Noruega, SI ao ODF, NON ao OOXML

Souben por Jomar Silva que Noruega vén a engrosar a lista de países que oficialmente adoptan o ODF (OpenDocument Format) como estándar de formato para documentos.

O goberno noruegués fixo unha contundente declaración no seu novo catálogo de normas:

«As empresas públicas non deben usar outros formatos de ficheiro dsitintos ao ODF (versión 1.1) e PDF como anexo no intercambio de documentos por correo electrónico. Esta regra será aplicable a partir de 1 de xaneiro de 2011

Pola súa banda, o goberno danés está a traballar nunha decisión semellante maila crear o autor da nova que non terá o mesmo alcance.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

X FISL, Lula comenta SwL no Brasil

Se cadra a parte máis salientable deste pasado X FISL, porén o video de Stallman bailando con GNU, sexa o que dixo o presidente Lula sobre o SwL no Brasil:

«Porque nós tínhamos que escolher: ou nós íamos para cozinha preparar o prato que nós queríamos comer, com os temperos que nós queríamos colocar e dar um gosto brasileiro na comida, ou nós iríamos comer aquilo que a Microsoft queria vender para a gente«.

Este video voi atopado en varias fontes, entre elas, esta.

Referido tamén ao presidente Lula e ao amigo Claudio F. Filho deixo este video que amosa a súa entrada no FISL con Claudio entregándolle a camiseta do BrOffice e recibindo unha emotiva aperta.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

eViacam, candidato a mellor proxecto comunitario

César Mauri Loba (Ass. Prov. de Parálise Cerebral de Tarragona) comenta:

O proxecto Enable Viacam foi escollido Finalista nos 2009 Community Choice Awards na categoría de Best New Project (mellor proxecto novo). Agora é a votación final e necesitamos que volvas votarnos.

O proceso só che ocupará un minuto e consiste en 6 pasos:

  1. Abre co navegador este enderezo.
  2. (Opcional) Escolle un proxecto para cada categoría
  3. Introduce o teu enderezo de correo-e no cadro de texto inferior
  4. Fai clic en «Send My Vote Now!«
  5. Fai clic en «Yes, I’m done«
  6. Recibirás un correo. Fai clic no enlace adxunto.

Fai toda a difusión que poidas. Moitas grazas!

eViacam xa foi comentado neste artigo e sobre proxectos relacionados con Biometría, o amigo Cabelo leva mandándonos unha morea de artigos a AGNIX. Sobre o proxecto eViacam Cabelo fixo este video

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Análise histórico da lista top500.org

Manuel Xosé Lemos fixo unha recolleita de datos da lista dos maiores 500 supercomputadores ofrecida pola web top500.org desde a data 06/1993.

O resultado podes ollalo neste PDF (licenza CC-by-sa). Nel obsérvase que a familia de sistemas operativos agrupados na categoría «Linux» entrou na lista en 06/1998 e desde entón ata hoxe o seu crecemento foi abraiante.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comeza o X Fórum Internacional Sw Livre

Desde hoxe e ata o 27 de xuño de 2009 ten lugar en Porto Alegre (Brasil) o X Fórum Internacional Software Libre «A Tecnologia que liberta«. Na súa páxina oficial tes información de relatores, programación, novas e horarios.

Grazas a súa retransmisión por streaming podes asistir ao evento tranquilamente dende o teu computador, tanto en directo como resumes informativos e entrevistas.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Linux suma outros 4 supercomputadores na lista top500

Souben por Eskorpio da publicación da nova lista dos 500 maiores supercomputadores do mundo feita por top500.org para o primeiro semestre de 2009.top500_sistemas_operativos-20090623

Desta vez, seleccionando por familia de sistemas operativos (Operating system Family) os resultados amosan que, respecto da anterior lista, «Linux» rabuñou outros catro supercomputadores máis ao resto de sistemas, elevando a súa cifra total a 443, o cal supón o 88,60 %.

É obvio que, se a esa cifra engadimos outros como OpenSolaris ou *BSD, o montante total do SwL sube ata o 89%. Supera esa barreira se se consideran tamén os sistemas mixtos…
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que «tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio«. Podes comprobalo neste video:

Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que «Non existe ningún título legal, ningunha licenza de software, ningunha lei, nin sequera unha Constitución que poida autorizar un xenocidio ou un crime contra a humanidade e poida seguir considerándose propiamente como legal«.

José María Lancho inventou e promoveu a chamada «Cláusula Mariposa«. Sobre as motivacións desta cláusula e maila súa redacción tes máis información na Wikipedia. Tal iniciativa foi presentada ao fundador da FSF e mailo proxecto GNU, Richard M. Stallman. Polo que sei, a FSF non a considera axeitada.

Se cadra, outra proba dilo é o que aconteceu polas datas do nacemento da «Cláusula Bolboreta». A raíz dunha suxestión de Carlos Neira feita en 2006, decidín volver a porme en contacto con Stallman para preguntarle sobre algo afín, o uso de SwL con fins militares. Un extracto do meu correo-e preguntaba:

Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?

A ilo Stallman respostou:

Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.

The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).

Se queres ter máis opinións, distintas ás de Marchesi, podes ollar a de Julián Coccia ou de Jorge Fuertes.

Subliñar que esta cláusula é complementaria e opcional. Do demais que cada quen tire as súas propias conclusións.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Claudio F. Filho regresa a Brasil

Hai algo máis dun ano anunciaba a posible chegada de Claudio F. Filho a C.T.I. TEGNIX, S.L., algo que se concretou definitivamente en setembro do ano pasado. Lamentablemente agora hei de anunciar o regreso ao seu país por motivos estritamente persoais.

Cremos que sempre estivo satisfeito co traballo na nosa empresa pois deixámolo en total liberdade para seguir cos seus proxectos comunitarios, principalmente o BrOffice, o ambiente é absolutamente cordial, acudiu aos eventos que creu convinte (Brasil, Málaga, China…)… Porén a adaptación familiar ao noso país foi un dos maiores pesos á hora de tomar a decisión de regresar a Brasil.

A aportación de Claudio neste tempo foi máis ca proveitosa para nós. Afondamos nos problemas e solucións cando se integra (migra a) SwL grazas á súa ampla experiencia na materia, ampliamos o círculo de expertos cos que podemos contar de primeria man, recibimos unha ampla formación na xestión destes proxectos de migración, tamén en ofimática avanzada, etc. e, como non!, coa súa compañía no dia-a-dia.

Sabemos que sempre podemos contar con el dende o momento que abramos unha conversa no Jabber. Daquela, maila tristeza pola súa partida, estamos ledos polo moito que gañamos coa nosa amizade, agora aínda máis reforzada.

Forte abraço, Claudio!
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Free Software Pact para Europa

Tempo atrás Miguel Bouzadas traducíu ao galego un documento (PDF) porposto por Hispalinux de cara a conseguir asinaturas de responsables políticos ante as pŕoximas eleccións europeas.

A iniciativa europea chámase Free Software Pact.

Podes axudar conseguindo a sinatura de quen se presente a estas eleccións e enviala á rolda dos GUGLs ou ao meu correo-e.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL galego unido a prol dun ensino ético e libre

Os GUGLs (Grupos de usuarios/as de GNU/Linux) galegos, asociacións, grupos de tradución e diversas persoas estamos a preparar unha solicitude de firmas para impedir un máis ca probable anuncio do presidente do goberno na vindeira semana.

Os documentos provisionais teñen unha introdución e logo unha exposición algo máis ampla de motivacións. Previsiblemente mañá comezaremos a campaña de divulgación mediática e a apertura de recollida de firmas.

Preme en «Segue lendo…» se queres ler o contido destes documentos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp