Sweetter, un Twitter libre con karma

Sweetter é un servizo microblogging, onde podes escribir o que estás a facer, pensar… e os demais poden votar. Daquela, segundo vaias acadando máis ou menos puntuación o teu karma variará.

Sweetter non é Twitter, pois tes karma, lista de cousas por facer e outras funcionalidades que poderás engadir ou personalizar grazas a que é libre con licenza AGPLv3. Está a ser desenvolvido por SUGUS (group of GNU users from the University of Seville).

Tamén podes participar nos servizos Twitter ou Jaiku empregando Sweetter pois dispón dos complementos (plugins) adecuados. Outros poden ser feitos para crear o teu propio servizo microblogging.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Haberá un Faceboogle como buscador ideal?

faceboogle-630.jpgAs buscas en internet están en decadencia ou iso alomenos cre un dos investidores en Capital Risco que Glenn Derene coñeceu cando discutían sobor das amplas implicacións que poidera ter o apagado do trío Micro$oft-Yahoo-Google debido á morea de cambios que está a acontecer en Internet nun curto prazo de tempo.

Esa predicción semella ser ridícula cando ollamos que o valor de capitalización que posúe Google quintuplica ao de Ford, por exemplo, xa que logo Google medrou a velocidade de vertixe e cunha metodoloxía eficiente de manexar inxentes cantidades de datos. Ademais ten o ambicioso obxectivo de dixitalizar cada libro feito namentres reinventa o negocio de publicidade ata o que daquela coñecíamos.

Canto máis medra a Web máis importante se tornan as buscas, certo? Porén o amigo de Glenn, investidor en Capital Risco, trocou de parecer e agora di que «As buscas, tal como as coñecemos, están mortas«. O que realmente el quere dicir é que, co auxe das Redes Sociais reflictida en sitios como Facebook, MySpace, Twitter, Second Life, LinkedIn e até Orkut de Google, a vindeira xeración de ususarios da Web poderán atopar o que queiran empregando os contactos nesas redes socias no canto de confiar en algoritmos de buscas.

No pasado recente comezaron xurdir iniciativas que proveñen da xeración de contidos feitos polos usuarios. Flickr, por exemplo, naceu por mor entender que a xente non só quere ollar fotos senón compartilas. Idem ou semellante con YouTube. Agora asistimos a unha explosión de comunidades en liña polo que o natural sería crear vínculos ao redor delas. De feito iso é o que a Humanidade leva facendo dende hai séculos: atopar persoas con intereses semellantes e formar grupos ou viceversa.

Udi Manber, alto cargo en Google, dixo un tempo atrás que a súa empresa podería evolucionar para incluir os datos xerados nas redes sociais: «A busca sempre referiuse ás persoas. Ten que ver con darlle á xente o que ela precisa. A arte de ordenar require recoller montes de sinais e poñelas todas xuntas. Os sinais que veñen das túas amizades son mellores, son sinais máis fortes«.

O que pode ser o máis forte de todos os sinais é a pegada que imos deixando neses sitios, especialmente os perfís deixados en Facebook ou LinkedIn, misturadas logo cos hábitos de compra de Amazon coas suxestións das túas amizades. Na actualidade esas informacións están almacenadas en diferentes sitios (historial e marcapáxinas do teu navegador, webs sociais, o teu blog…). Agora imaxina o exacta que pode ser unha procura se cada pregunta que fagas é respostada grazas a toda esa información existente en Internet que conforman os nosos meta-tags.

A pesares de ser Google o lider indiscutible nas buscas en Internet e empregar diversas destas técnicas, aínda non se está a acadar todos os puntos antes sinalados, sexa polo desenvolvemento dos adecuados motores de busca ou por outras cuestións como a privacidade. Cando esta evolución poida acontecer entón estaremos ante a morte das procuras tal como hoxe entendemos.

Fixen unha tradución non literal deste artigo, atopado grazas a esta fonte, misturando algo co meu parecer porque sinala varias das cuestións que recentemente puxen de manifesto no artigo «Privacidade vs. Redes Sociais«.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Privacidade vs. Redes Sociais

Redes SociaisLembro dos consellos que se daban máis ou menos unha década atrás: «Non colgues unha foto en Internet!» Decíase porque poderían empregala, modificala e distribuila con supostos fins perversos… Hoxe, moitos temos fotos colgadas ‘publicamente’ en servizos moi estendidos, como Flickr ou Picassa. Que pasou?

Iso lévame a meditar e facer aínda outras preguntas, non sempre co ánimo de respostalas, tan só expoñelas enriba do tapete.

Por unha banda, desexamos unha Internet sen control de potencias externas, temos inquedanzas pola posible manipulación que poideran facer e desexamos navegar na rede con privacidade (máxime nas nosas compras ou xestións bancarias) e anonimato. Moita xente adopta alcumes (nicks), algúns tan común como as do tipo ‘palabriña_números’ pois ‘palabriña’ xa tivo alguén que a pillara antes. Outros empregan proxys anónimos que enmascaran o seu enderezo IP para non deixar rastros…

Pola outra banda está o auxe das redes sociais, abundan blogs onde cada quen amosa as súas opinións persoais (eu mesmo estou a facelo agora!), proliferan servizos para que compartas gustos musicais (Last.fm…), o que estás a facer nun intre concreto (Twitter…), novas que che interesan dar a coñecer (Chuza!, Menéame…), os teus marcapáxinas, as túas preferencias multimedia e até as túas necesidades de contactos persoais ou o teu propio CV (LinkedIn, Xing…).

Que está a acontecer? Está unha a predominar frente á outra? Son compatibles? Se cadra a inxente cantidade de internautas incentiva o oposto, é dicir, darse a coñecer, sairmos do anonimato para, de paso, beneficiarnos das sinerxias producidas por estar en rede emailos beneficios da cibercultura. Ten temor a ser descoberta aquela persoa que vai de peito aberto porque é sana, sincera e non lle importa que unha parcela da súa vida sexa pública? É iso? Temos na rede unha parte publicable e outra non, cada vez máis semellante ao que acontece na vida real? Cando comezamos a navegar por Internet desconfiábamos porque non a coñecíamos e agora, xa experimentados, percibimos certa comodidade? É o ciberespazo tan grande para que cada un de nós pasemos desapercibidos xunto ás nosas publicacións e confesións persoais? É tan grande para sentirnos anónimos a pesares de publicar gustos, fotos e demais? Que hai da impresionante velocidade de cómputo da tecnoloxía? Que pode facer esta con todos os datos e rastros que imos deixando nas redes sociais co paso do tempo? Abondaría para obter de nós un perfil moi preciso? Favorecen as novas tecnoloxías as comunicacións privadas?

Que efectividade ten a LOPD (Lei Orgánica de Protección de Datos) se moitos de nós imos espallando os nosos datos persoais? É que, como na vida real, compartimos partes da nosa intimidade con algúns e con outros non? Ten algún sentido iso se Internet é accesible por todos?

Moitas máis cuestións podería engadir pero, desde o meu punto de vista e mailo meu xeito de entender e vivir a vida, pouco ten que agochar alguén que vai de peito aberto, é dicir, con a certeza subxectiva de que non fai mal a ninguén. E, se o fixera, (digo eu) faría ben en publicalo para que o rebatiran e daquela poidera rectificar, procurando facelo ben na vindeira oportunidade.

Alén de todo, as nosas vidas son tan efímeras… será por iso?

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Blogosfera no CMG

Veño de facer a substitución do amigo Pedro Silva, moi demandado ultimamente (en 15 dias tiña 8 actuacións, agora só 7 :-) ), para explicar como facer unha bitácora ou blogue ou blog en Blogaliza.

O evento aconteceu no CMG e contou tamén coa participación do Paco e Berto Yáñez (máis coñecido por Chuza!).

Con esta xa vai a miña segunda intervención nisto que dase a chamar coma Web-2.0 e, con certeza, gústame moito.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp