10º Fórum Internacional Software Livre, en Porto Alegre

Souben por Marcelo Branco da apertura do 10º Fórum Internacional Software Livre «A Tecnologia que liberta«. Este é un aniversario moi especial toda vez que…

Em 1999, quando idealizamos o fisl, e nos jogamos na construção do que é hoje a rede “Projeto Software Livre Brasil”, fomos visionários-quase-por-acaso, pois não sabíamos ao certo a dimensão que o software livre alcançaria em todo mundo. Mas os pioneiros do fisl tiveram uma firme convicção de que a luta pela liberdade e pela autonomia tecnológica de nosso país passava necessariamente pelo Software Livre e pelos ideais construídos, inicialmente por Richard Stallman e, posteriormente, pela comunidade de hackers e desenvolvedores do sistema operacional GNU/Linux.

A emotividade pola celebración deste aniversario únese a un escenario cada dia máis proclive ao SwL acentuado se cabe pola crise económica mundial e mailos recentes comunicados oficiais de apoio e investimento en diversos países do mundo. O máis recente é o investimento de 500 millóns de euros do goberno alemán.

Damos a largada para este nosso décimo aniversário num cenário global de crise econômica e de fortes ataques que as liberdades na Internet vem enfrentando em todo mundo. E é justamente por isso que o fisl se faz ainda mais importante. Nunca o software livre, e as novas formas de relacionamentos sociais, inauguradas pela nossa comunidade em escala global, foram tão importantes para a superação da crise de um velho modelo. Nunca a luta por democracia e liberdades foram tão importantes e atuais para a garantia de um desenvolvimento sustentável e um futuro melhor para o nosso país como hoje. Todos estes elementos estiveram e estarão presentes neste nosso décimo aniversário.

Vontade de ir haina ;-)

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mozilla coa UE na contra de M$

A Comisión Europea (EC) garantiu á Mozilla, fundación que coordina o desenvolvemento do navegador Firefox, o dereito de participar no caso antitrust contra Microsoft, informou un voceiro.

A Comisión, que é a máis alta autoridade antitrust (antimonopolio) europea, acusou o pasado mes a Micro$oft de non favorecer a competencia de mercado de navegadores ao distribuír o seu navegador Internet Explorer conxuntamente co sistema operativo Windows.

Se as acusacións foren confirmadas a empresa de Redmond podería ser obrigada a trocar a maneira pola cal distribúe o devandito navegador, así como pagar multa por abuso de monopolio.

Mitchell Baker, presidenta de Mozilla, dixo nun blog que apareceu durante o final de semana pasado, que quería ofrecer a experiencia da Mozilla «como un recurso á Comisión Europea ao considerar o que suporía a solución correcta para o problema«.

Lin isto nun sitio brasileiro onte apuntando cara unha fonte autraliana. Porén aínda non atopara nada na zona europea, a interesada no asunto, ata que mo deu Rafa Ávila.

Por certo, procurando unha imaxe para esta nova atopei o cartaz dunha película que vin hai un tempo e que trata sobre o mundo do sw privativo e mailo sw libre. Nela Tim Robbins fai de Bill Gates e até aparecen persoeiros da comunidade como, por exemplo, Miguel de Icaza.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Linus Torvalds defende existencia de múltiples distros

Baixo un título semellante aparece en Br-Linux unha entrevista que lle fixeron a Linus Torvalds (orixinal en inglés, tradución completa en pt-br) na que afondan en diversos temas.

Sobre o controverquido tema das múltiples distros, o entrevistador pregunta:

Vostede pensa que é bo termos tantas distribucións? Debería existir un esforzo colaborativo para unha única distribución «enfocada para o novo usuario» ou os novos usuarios é que teñen que se acostumar co «xeito de  Linux»?

Ao que Linus resposta:

Non só penso que ter varias distribucións é algo bo, senón que é absolutamente esencial! Temos centenares de distros, e moitas delas son para nichos de mercado. E vostede precisa diso, simplemente porque mercados distintos teñen necesidades distintas, e non hai distro que atenda a todas elas.

Claro que moita xente di «pero vostede necesita de tantas distros para o mesmo mercado?» cando pensan no mercado de escritorio convencional, e só se pensan na cuestión do openSUSE, do Fedora e do Ubuntu dividiren o mesmo espazo. Mais vostede ten as distribucións focadas en cuestións específicas (e a competición é sempre desexable), permitindo que os mercados decidan cales cuestións son as máis importantes.

Alén diso, ter varios equipos en xogo mantén a honestidade de todos e permite comparalos. Pode parecer todo medio embarullado e complexo, mais eu penso que é mellor ter un sistema feito por varios grupos do que por un só. Mesmo que sexa máis complicado.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Da Cultura Livre

Fernando Henrique Leme vén de publicar un libro dixital con licenza Creative Commons que podes descargar aquí.

Produtores nervosos, consumidores neuróticos?
Apesar das dificuldades de produzir cultura e da qualidade rarefeita do cenário atual, este mercado encara um futuro brilhante!
Quer saber como?
Da Cultura Livre
Fundamentos e soluções
Qual o espaço para produtores e consumidores de cultura num mundo hiperconectado?

É un pracer para min publicar un artigo sobre o traballo do amigo Fernando, o «Gestor Inteligente«, quen me foi presentado por Claudio F. Filho.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jubarte, analizador de enlaces de telecomunicacións

Jubarte é un proxecto de Software Libre que ten o obxectivo de crear unha suite completa de aplicativos para cálculo e a análise da viabilidade de enlaces de telecomunicacións. O programa contempla:

  • Radio
    • Enlaces Punto-a-punto en visón
    • Obstrucción de elipsoides de Fresnel
  • Fibras ópticas
    • Análise de enlaces ópticos en canto a atenuación e dispersión de sinais.
    • Definición de perfil da fibra.
  • Satélites
    • Cálculo de elevación, arco e ángulo de polarización de antenas para satélites xeoestacionais.
    • Análise de viabilidade de enlace.
    • Cálculo de FI para MODEMs e conversores de subida e baixada.
    • Definición de transponders en uso na banda C.

O software está sendo desenvolvido a través da IDE do proxecto Lazarus, utilizando a linguaxe Object Pascal. O aplicativo está sendo distribuído sobre licenza GPL, daquela a súa utilización e distribución son completamente libres. O programa posúe versións para Linux(Gtk) e Windows(win32).

Jubarte é desenvolvido por Benjamim Góis Ildefonso da Asubiar, antigo desenvolvedor do Mux Linux. O autor non se responsabiliza polo uso do aplicativo.

Souben de Jabuarte (pantallas, descarga) por esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

MUAN, animación cadro-a-cadro

MUAN ( Manipulador Universal de Animação) é un sistema de software libre para animación cadro-a-cadro, desenvolvido para GNU/Linux. Foi concibido polo Anima Mundi, Festival Internacional de Animación do Brasil, e desenvolvido polo IMPA, Instituto de Matemática Pura e Aplicada, co apoio de IBM. A súa interface gráfica permite a rápida creación, edición, manipulación e visualización de animacións, utilizando cámaras de vídeo ou webcams conectadas ao computador. Por ser elaborado para propósitos educativos, MUAN é sinxelo e doado de manexar, contendo funcionalidades que atenden tanto a principiantes canto a animadores profesionais.

A través do sistema MUAN, tórnase posible gravar imaxes fixas en secuencia e editalas no mesmo ambiente, cunha interface intuitiva e rápido rendimento. A instantaneidade favorece a espontaneidade e creatividade do traballo de animación. O MUAN non crea ou edita as imaxes en si senón que está enfocado na manipulación do secuenciamento de imaxes.

Tes esta galería de videos producidos (o primeiro, titulado «Um Lugar Chamado Quitungo» non me rulou) co MUAN. deixo esta outra mostra titulada «Descontrole Remoto«.

Podes descargar versións en código fonte, rpm e deb seguindo esta ligazón. Tamén tes un manual básico (en pt-br) e outro máis completo.

Velaquí un video dun relatorio dado durante a Campus Party 2008:

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jamendo.com, música Creative Commons

Xa son varios os portais web adicados a grupos e autores que licenzan as súas obras musicais baixo algunha das modalidades Creative Commons. Sirvan de exemplo, MusicaLibre.es ou SomaFM.

Desta vez hei referirme unicamente a Jamendo.com, un portal que inclúe a nada desdeñable cifra de +15.000 aĺbums de música libre. Jamendo está a mellorar de seguido a súa interfaz web para facela máis amigable e participativa. Polo de agora está a acadalo con foros, wiki, área de desenvolvemento, listas de favoritos, reseñas, amizades, etc para os seus ~20.000 integrantes dados de alta.

A calidade musical, tanto artística como de produción, é moi elevada. Podes sorprenderte se é que pensas que por non seren artistas de canles privativas a súas composicións non pagarán a pena. Anímote a que entres no portal, elixas un estilo e selecciones por clasificar o resultado por «popularidade». De seguro que atoparás auténticas «xoias».

E, por suposto, xa vai sendo hora de promocionar a quen coa música fai paralelamente o mesmo que quen desenvolve, traduce, difunde… Sw Libre.

Promociona música CC!

Deixo a miña lista provisional das sorpresa que me fun atopando neste portal:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Faculdade no Brasil utiliza material do Viva O Linux em curso de Biometria

O amigo Alessandro Faria «Cabelo» enviou este artigo:

A faculdade Mackenzie dá um passo a frente utilizando documentos publicado no portal Viva O Linux sobre biometria livre. Os textos foram utilizados como material de apoio no curso BIOMETRIA APLICADA NA SEGURANÇA EM REDES DE COMPUTADORES. Isto demonstra o reconhecimento da qualidade e seriedade dos trabalhos publicado no portal. É gratificante participar deste trabalho coletivo e inovador, entretanto o mais importante é mostrar a credibilidade dos documentos postado voluntariamente e de forma colaborativa.

Agradecimentos em especial, para o Professora Dra.Maria Ines Lopes Brosso que propiciou todo este acontecimento. Espero que esta notícia seja um incentivo para todos os colaboradores continuar zelando pela qualidade dos materiais postados livremente na internet.

[img do certificado pequeno ]
http://www.netitec.com.br/alessandro/img/certificado-pq.jpg
[img do certificado grande ]
http://www.netitec.com.br/alessandro/img/certificado.jpg

[img sugestiva foto dos alunos pequena .]
http://www.netitec.com.br/alessandro/img/foto-alunos-pq.jpg

[img dos alunos grande.]
http://www.netitec.com.br/alessandro/img/foto-alunos.jpg

A seguir a relação dos materias oferecidos sobre biometria open-source:

  • fprint – Biometria livre, completa e total:

http://www.vivaolinux.com.br/artigo/fprint-Biometria-livre-completa-e-total/

  • Leitor de impressao digital Futronic no Linux:

http://www.vivaolinux.com.br/artigo/Leitor-de-impressao-digital-Futronic-FS80-no-Linux/

  • Processamento de imagens capturadas:

http://www.vivaolinux.com.br/artigo/Biometria-Processamento-de-imagens-capturadas-em-leitores-de-impressao-digital

  • Leitores Digital persona no Linux:

http://www.vivaolinux.com.br/artigo/Instalando-leitores-de-impressao-digital-modelo-Digital-Persona-no-Linux

  • Vídeos cedidos para o curso:

http://br.youtube.com/watch?v=290gheXIszc
http://br.youtube.com/watch?v=zS3mxEA0v2M
http://br.youtube.com/watch?v=Qo5CDTvAP-I
http://br.youtube.com/watch?v=kfgyACcmJjI
http://br.youtube.com/watch?v=gDqDngxp6yU
http://br.youtube.com/watch?v=1gquOTUCfs0

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

A disolución do poder pola tecnoloxía libre

Marcel Mitsuto, administrador de sistemas de São Paulo, comentou no Portal de Sw Público Brasileiro sobre este tema:

Se fose posible crear vías sistemáticas baseadas en tecnoloxías libres e código fonte aberto para integrar o sistema de recadación de impostos cun sistema de poxa de servizos, con provedores catastrados que fornezan solucións de e para obras públicas, e un sistema de redes sociais móbil, onde a poboación recibise créditos de redes de telefonía e de compañías de telecomunicación para interactuar con esa rede, e imaxinando que todos eses sistemas fosen integrados de forma aberta, con código fonte dispoñibilizado e con métodos idôneos de verificación de compilación do código fonte, existiría unha democracia , non-ilusoria, non-elitista e con veracidade para gobernar unha sociedade, retirando o ser humano -nunca a salvo da corruptibilidade do poder- da administración pública e erradicando a corrupción e o control do poder pola elite.

Así, visualizo un sistema onde, por formas de recompensa á sociedade que interactúa coa rede democrática gobernamental, sexa totalmente rexido por sistemas de información, totalmente transparentes, totalmente libres de control por parte das elites e totalmente envorcada á sociedade democrática.

Vexo a liberación do poder dos humanos. Vexo unha forma de goberno xestionada automática, orgánica e interactivamente pola sociedade. Vexo unha sociedade sendo xestionada pola propia democracia, nunha frecuencia moito máis concordante coas necesidades dunha sociedade, ou sexa, transformar o «acto democrático» actual de frecuencia bienal nun acto democrático, real, tanxible e xusto.

Vexo a tecnoloxía liberando ao ser humano das garras do propio ser humano. Vexo o futuro consciente da raza humana, salvando a propia raza humana e o planeta, sustentándose en principios universais, e non económicos, rexidos por regras que son postas á proba en cada pasada polo procesamento das necesidades da sociedade, vexo democracia rexida pola tecnoloxía e retro-alimentada pola sociedade en tempo real. Vexo unha realidade verdadeira, sen intereses corporativos, sen xornadas de traballo escravizantes, onde o ser humano terá condicións de simplemente ser humano.

Cres posible a disolución do poder grazas á democratización da sociedade empregando tecnoloxías libres? De ser posible, canto demorará a súa chegada? É só un soño, unha utopía?

asennadas

Marcel Mitsuto Fucatu Sugano <msugano_at_uolinc.com>

Chuzame! A Facebook A Twitter

Goberno do Brasil leva aforrados 55 millóns de euros grazas ao SwL

O presidente do Serpro (Serviço Federal de Processamento de Dados), Marcos Mazoni (de quen comentei xa algo nesta entrada) dixo que, co uso de distribucións abertas GNU/Linux en órganos gobernamentais, deixouse de gastar máis de R$ 150 millóns (uns 55 millóns de euros) nos últimos anos.

Só co Expresado (solución libre de correo-e, axenda, catálogo e fluxo de traballo) foron aforrados R$ 30 millóns (~11 millóns de euros), «e olhe que ele ainda está sendo instalado.  Já está no Serpro, grande parte do Ministério da Fazenda, Presidência da República, Fundação Chico Mendes… Quando estiver no governo como um todo, a economia será bem maior«, di Mazoni.

O Serpro está facendo un novo análise sobre o uso de software de código aberto no goberno, que debe estar listo a fin deste mes. Segundo Mazoni, alén do propio Linux nas estacións de traballo dos órganos públicos, as estrelas entre os programas libres usados son a oficina electrónica representado polo BrOffice (con procesadores de textos, follas de cálculo, presentacións etc), sistemas de bases de datos como o Postgres, e aplicacións desenvolvidas na linguaxe Java, «que não nos obrigam a ter um sistema operacional proprietário nas máquinas«.

«Temos um sistema estruturante próprio (framework), e se isso fosse proprietário custaria uns R$ 20 milhões. Seu uso gera economia direta, e isso sem falar dos programas e soluções desenvolvidos com suas ferramentas«, di. «Por isso, as políticas de incentivo em TI devem fazer com que o sistema de desenvolvimento de programas siga a lógica do software livre, uma lógica de cooperação em que o trabalho seja remunerado, e não os royalties«.

«Ao fazer essa opção, diz, o governo sinaliza um caminho diferente para a indústria e o comércio, em que a evolução tecnológica anda de mãos dadas com a evolução do conhecimento (e da própria sociedade, o que é no fim das contas o objetivo principal da filosofia do free software)«.

Na parte final do evento carioca Free Software Rio, Mazoni comparou a cuestión do software á invención do avión e á eterna rixa entre os irmáns Wright e o brasileiro Santos Dumont. Mentres os primeiros levaran dez anos para perfeccionar o seu invento, xa estaban creando coñecemento propietario con vistas a patentes e pouco podían contar con estándares coñecidos, Santos Dumont creou o 14 Bis nun ano usando todo o coñecemento público dispoñíbel sobre aerodinámica na época. Despois, cando creou o Demoiselle, liberou todos os datos sobre el. «Foi a primeira licenza Creative Commons da Historia«.

Fonte.

Enténdase ben, os 55 millóns de euros aforrrados son só no goberno federal. A cifra global do aforro de todo o país, incluíndo gobernos dos 26 estados, prefeituras, empresas, outras entidades e persoas físicas, é outra ben maior.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conhecimento hacker

Assim, em português do Brasil, deixo em título um resumo de duas frases com as que assina Marco Lima, amigo com quem compartilhei boms tempos no Porriño (2006) e Lisboa (2007).

Eis as frases:

«Ter acesso ao conhecimento é um dever de todos; transmitir conhecimento é um dever de quem tem.«

«Na visão do hacker, o sentido da vida está em dedicar-se a uma paixão. Esta paixão é, na realidade, uma atividade significativa, inspiradora e prazerosa para o indivíduo, seja ela rotulada como «trabalho» ou como «diversão».«

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Síndrome de Orwell e Google (humor)

Karlisson Bezerra é o brasileiro autor da serie de tiras cómicas titulada «Nerdson não vai à escola» liberada baixo licenza Creative Commons by-nc-sa 3.0.

Ao respecto do temor que temos pola nosa privacidade depositada en Google, Karlisson fixo esta tira:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp