6 razóns para licenciar baixo (A/L)GPL
O programador Zed Shaw comenta as 6 razóns para licenciar o seu traballo baixo (A/L)GPL e curiosamente ningunha de las refírese á liberdade de quen vai usalo.
Zed leva «décadas desenvolvendo software, algúns con éxito» e meditou moito sobre ilo, sobre todo con aquelas persoas que propugnan licenzas de tipo BSD ou MIT. Velaquí están resumidas as súas 6 razóns:
- Por que é o seu dereito de autor e, polo tanto, por que el o quere así. Se a ti non che gusta, simplemente nin tan sequera uses o seu software.
- Non sentirse ignorado de novo (refiríndose á súa experiencia co exitoso proxecto Mongrel) dado que nin sequera recibiu mención sobre ilo, algo que Zed di que «necesita«.
- As empresas tecnolóxicas están deseñadas para seren creadas e destruídas rapidamente por entidades de Capital Risco (Venture Capital). Estas non teñen ningún incentivo que ofertarlle e polo tanto Zed tampouco ten ningún incentivo social para «darlles» o seu software.
- Para esixir que os demais sexan honestos. «Se é bo, paga por el» e non se adiquen a plaxiar o traballo doutros.
- Para aumentar a súa motivación a seguir desenvolvendo un «proxecto open source, teño que cobrar por ilo«.
- Valor percibido. Cre que a xente non lle dá valor a aquilo que non se lle cobra.
Estás ti de acordo? No seu artigo tes estas razóns ampliadas así como opinións doutras persoas nos comentarios e na fonte.
asennadas![]()
En: AGNIX, BSD, Curiosidades, FLOSS, Pensamento por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »


Trátase dunha documentación feita con metodoloxía wiki que define as «obras culturais libres» (Free Cultural Works) como obras ou expresións que poden ser libremente estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas por calquera, para calquera propósito. Tamén describe certas restricións admisibles que respectan ou protexen esas liberdades esenciais. A definición distingue entre obras libres e licenzas libres que poden usarse para protexer legalmente o status dunha obra libre. A propia definición non é unha licenza, senón unha ferramenta para determinar se unha obra ou licenza debería considerarse «libre».
James Bottomley, director da
Ralf Braga envia este
Sabemos das importantes aportacións que o proxecto 