Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que «tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio«. Podes comprobalo neste video:
Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que «Non existe ningún título legal, ningunha licenza de software, ningunha lei, nin sequera unha Constitución que poida autorizar un xenocidio ou un crime contra a humanidade e poida seguir considerándose propiamente como legal«.
José María Lancho inventou e promoveu a chamada «Cláusula Mariposa«. Sobre as motivacións desta cláusula e maila súa redacción tes máis información na Wikipedia. Tal iniciativa foi presentada ao fundador da FSF e mailo proxecto GNU, Richard M. Stallman. Polo que sei, a FSF non a considera axeitada.
Se cadra, outra proba dilo é o que aconteceu polas datas do nacemento da «Cláusula Bolboreta». A raíz dunha suxestión de Carlos Neira feita en 2006, decidín volver a porme en contacto con Stallman para preguntarle sobre algo afín, o uso de SwL con fins militares. Un extracto do meu correo-e preguntaba:
Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?
A ilo Stallman respostou:
Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.
The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).
Se queres ter máis opinións, distintas ás de Marchesi, podes ollar a de Julián Coccia ou de Jorge Fuertes.
Subliñar que esta cláusula é complementaria e opcional. Do demais que cada quen tire as súas propias conclusións.
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Cultura Libre, Eventos, FLOSS, Programación, Relatorios por Roberto Brenlla
5 Comentarios »