Foro de Cultura Libre: Organización e Acción

Celebrarase en Barcelona do 29 Outubro ao 1 de Novembro de 2009. No seu sitio web sinalan que “En todo o mundo estase recoñecendo a necesidade dun espazo internacional onde construír e coordinar un marco global e unha axenda común para temas relacionados coa cultura libre e o acceso ao coñecemento. O Foro de Cultura […]

Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) na USC

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”. Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o […]

MERCOSUR recomenda Sw Libre aos Estados membros, especialmente en Educación

Na reunión do Cúmio Social da MERCOSUR que tivo lugar o xoves 23 de xullo de 2009 en Asunción (Paraguai), integrantes do goberno e de organizacións sociais dos países do bloque – reunidos pola temática “Novas Tecnoloxías de Información, Inclusión Dixital e Educación” – acordaron a promoción do Software Libre aos gobernos, en particular a […]

De seu, P2P non vulnera a LPI

David Bravo sinala que a resolución (un auto denegatorio de medidas cautelares) analiza a todos os suxeitos que poden intervir nunha relación P2P (o creador da ferramenta, o intermediario que fornece ligazóns, que neste caso é o demandado, e quen o usa) para concluír que ningún deles infrinxe dereito de propiedade intelectual. O primeiro porque […]

OSREVOLUTION 09, na USC (20-24 xullo)

Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de […]

UEx desenvolverá xogos educativos e libres

A Universidade de Estremadura (UEx) traballa desde fai uns dez anos no desenvolvemento de produtos educativos en software libre e estiman que “dentro dun ano” darán a coñecer o xogo Chapas, unha recreación do tradicional xogo popular. Esta foi unha das ideas que se abordou no curso de verán “Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre” […]

Centro Multimedia Moovida soporta Jamendo

Moovida, o Centro Multimedia antes nomeado como Elisa, está a ter un sólido e rápido desenvolvemento. O proxecto é multiplataforma (descargas), co núcleo baixo licenza GPLv2 e tamén dispoñible baixo acordo de licenza comercial da empresa catalá Fluendo S.A.. Os plugins danlle máis funcionalidades ás que veñen por defecto en Moovida. O último deles e […]

MediaMosa, xestión de contidos multimedia (Drupal)

O sistema educativo holandés vén de liberar baixo licenza GPLv2 unha plataforma de xestión e distribución de vídeos nomeada MediaMosa. MediaMosa está baseado no sistema de xestión de contidos libre Drupal e ten unha arquitectura REST1. A plataforma é capaz de facer streaming de diversos formatos de vídeo e tamén fai conversións de arquivos grazas […]

Comeza o X Fórum Internacional Sw Livre

Desde hoxe e ata o 27 de xuño de 2009 ten lugar en Porto Alegre (Brasil) o X Fórum Internacional Software Libre “A Tecnologia que liberta“. Na súa páxina oficial tes información de relatores, programación, novas e horarios. Grazas a súa retransmisión por streaming podes asistir ao evento tranquilamente dende o teu computador, tanto en […]

Obama reformará a política de patentes

Obama vén de nomear a David Kappos, o vice-presidente e conselleiro xeral da IBM, para encabezar a Oficina de Patentes e Marcas dos EE.UU. (U.S Patent and Trademark Office – USPTO -). Este nomeamento é particularmente salientable, non só porque IBM amosa atitudes moito máis a prol do Código Aberto cás súas rivais, senón porque […]

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que “tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio“. Podes comprobalo neste video: [gv data=”G7K0Qhw0TWo”][/gv] Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que “Non existe ningún título legal, ningunha licenza de […]

A Revolución do Software Libre (USC)

Os vindeiros 20-24 de xullo vanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC unha serie de conferencias tituladas “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Serán impartidas por unha colección de expertos recoñecidos nas áreas da economía, legalidade, filosofía, historia, activismo e outras ramificacións do Software Libre. Podedes ver o […]