Guatemala elixe Sw Libre

Pois aí está, unha máis para o grupo de diante. Guatemala opta polo SwL para as súas institucións gubernamentais. O vicepresidente Rafael Espada ordenou suspender o uso ilegal de programas informáticos algo que o xornal Siglo XXI incidira nunha reportaxe que destapaba que» 3 de cada 10 programas utilizados nas entidades públicas carecían de licenza«.

As entidades consultas coincidiron en que lles falta orzamento e por iso optaron por este tipo de software libre «ou de código aberto, que é gratuito e pode obterse por medio de Internet«.

Maila ser motivos aparentemente económicos, benvida sexa a súa escolla pois xa se decatarán do que significa realmente o termo ‘libre‘.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Navegador Chromium, instalando e probando

Google Chrome é un navegador web desenvolvido por Google e compilado en base a compoñentes de código aberto como o motor de renderizado WebKit e a súa estrutura de desenvolvemento de aplicacións (Framework).

Chromium é o proxecto de software libre detrás de Google Chrome. A porción realizada por Google está amparada por licenzas de uso BSD e Creative Commons attribution 2.5, con outras partes suxeitas a unha variedade de licenzas de código aberto permisivas incluíndo MIT License, Ms-PL e a tripla licenza MPL/GPL/LGPL. Polo tanto, pode ser considerado como libre maila dispor de licenzas incompatibles coa GPL como é o caso da MPL.

Decidín probalo tralo anuncio dunha primeira versión alpha para GNU/Linux e atopei este artigo onde din como incluir un repositorio propio e esqueceres de actualizacións manuais.

Velaquí o que debes facer (en Ubuntu Jaunty):

Incluir o repositiorio

deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu jaunty main

Incorporar as chaves GPG e instalalo:

gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv 4E5E17B5
gpg --export --armor 4E5E17B5 | sudo apt-key add -
sudo apt-get update
sudo apt-get install chromium-browser

Primeira sorpresa, que velocidade de arranque! Moita simpleza xeral, se cadra demais pois tes que animarte a investigar un chisco (ben pouco) como xestionar marcapáxinas e outras opcións, todo en inglés.

Chromium distínguese inicialmente de Chrome polas cores. O logo do Chromium é en tons azuis, o Chrome é catricor.

As animacións en flash aínda non rulan de xeito predeterminado.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manifestos e apoios a prol do SwL, agardando aos feitos

Espero que sexa esta a penúltima entrada sobre o tema dos mini-pc, a lo menos ata termos a resposta definitiva.

Claro, vista a reacción da comunidade (tamén a galega) e até da asociación de consumidores FATUA (menea a nova), presionando a vaga declaración sobre a futura Escola 2.0, dan comezo agora os «manifestos» do PSOE asinado por diversas autoridades e gobernos socialistas, os programas electorais (IU, PP) e demais  parafernalias.

Cansos como estamos xa destas artimañas, só nos resta agardar aos feitos e seguir presionando para que a cordura prevaleza.

Para rematar deixo o derradeiro parágrafo do comunicado que fixemos por estes lares:
"...quen asinamos este documento esiximos unha educación pública con tecnoloxías e coñecementos libres, e non con software privativo como apuntan estas informacións; nin sequera como opción é admisible o software privativo.
Por todo isto apelamos a que vostede mostre a valentía necesaria para anticiparse ao inevitable: a liberdade acabará impoñéndose.
"

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Preséntase o Gyy, o mini-pc libre e ecolóxico

Tal e como anunciara dias atrás, preséntase hoxe o Gyy, así é o seu nome.

Anxo Blazquez e Pablo Machón, integrantes da marca iUnika, lideraron o proxecto de desenvolvemento dun computador portátil de 700 gramos que combina Software Libre, uso de enerxías renovables mediante placa solar, respecto ao medio ambiente grazas á súa construción en bioplástico, e mobilidade mediante conectividade GSM. iUnika está a presentalo hoxe no encontro LibreMeeting 2009, en Miraflores de la Sierra, Madrí.

Estará á venda a partires de xuño.

Que bo sería que o noso presidente tomase nota disto!

Tes máis información nestas fontes: unha e outra.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Stallman critica o reparto de mini-pcs do goberno

Non era de estrañar! Richard M. Stallman, criticou a iniciativa do Goberno de regalar un computador persoal portátil a cada alumno das escolas públicas e concertadas, porque significaría «vender o futuro do país a Microsoft«, un programa de software privativo.

Ao seu xuízo, «o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, debe decidir ser o partido socialista ou o partido monopolista«. Neste sentido, apuntou que «unha escola ética debería prohibir recibir esas computadoras» nos centros escolares, xa que «

Stallman preguntouse «por que –o Goberno español– quere regalar Microsoft ás escolas?» e comparouno con «regalar drogas adictivas«, ao que engadiu que «a primeira dose é gratis e, cando se é dependente hai que pagar«.

Como alternativa ao software privativo, Stallman propuxo ao Goberno español «proporcionar aos nenos ordenadores portátiles cheas de software libre para ensinar aos nenos de España a vivir en liberdade, a participar nunha comunidade e axudar aos seus próximos«. «O estado ten unha misión de protexer a liberdade, a independencia e a capacidade dos cidadáns na informática» e, desde o seu punto de vista «faise a través do software libre«.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Elephants Dream, a curta libre traducida ao galego

Elephants Dream é unha película aberta, feita enteiramente con aplicacións libres e abertas como Blender. Alén disto, todos os arquivos da produción están nlibremente dispoñibles onde sexa que queiras pois ten unha licenza Creative Commons. Dela sábese xa desde hai bo tempo.

Lendo nos foros de Blender, atópome con que hai unha tradución en galego feita por Adrián Chaves. Sobre este tema, Adrián sinala:

Si, fixen a tradución, pero coido que non vai subirse ao sitio web oficial (nin a miña nin ningunha outra). Semella que o proxecto xa quedou estancado. Algo que supoño que nos casos das obras artísticas, pode ter algo de sentido.

De todas formas, teño activo un torrent da curtametraxe con 33 subtítulos, incluídos os subtítulos en galego, e aberto a máis subtítulos.

O torrent podes atopalo nesta páxina:
http://thepiratebay.org/torrent/4797765/Elephants_Dream_[HD][English][33_subs]

Por se prefires descargar o filme pola túa conta (coido que no sitio web oficial do proxecto hai descarga directa dispoñible), anexo os subtítulos.

Para visualizalos, ben podes abrir o filme cun reprodutor e logo cargalos desde o programa, ou ben podes situar os subtítulos no mesmo cartafol que o filme e co mesmo nome (a maioría dos reprodutores cargan automaticamente os subtítulos cando o nome coincide co do filme).

Esta curta foi creada polo estudio Orange Open Movie Project, sito en Amsterdam, durante os anos 2005 e 2006. Para ilo contou cun diverso equipo de artistas e desenvolvemento de todo o mundo.

Tes máis información sobre esta curta aquí.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Micropedia.tv, enciclopedia audiovisual

Diversos integrantes do Consorcio IdenTIC veñen de presentar Micropedia.tv, considerada a «primeira» enciclopedia audiovisual que se pode consultar por Internet.

Trátase dunha nova ferramenta de coñecemento e comunicación audiovisual para a comunidade de internet, en concreto, unha iniciativa que «permite compartir e transmitir coñecementos cunha linguaxe desenfadada, sinxela e directa«.

Micropedia.tv está concibida como unha nova ferramenta de coñecemento e comunicación audiovisual para a comunidade de Internet cuxos contidos «teñen licenzas libres e que recolle un novo concepto: as micropílulas«, unidades de coñecemento sobre un asunto determinado que se transmite en tan só un minuto e conteñen elementos audiovisuais.

A micropílula reúne tres elementos fundamentais, en concreto, rapidez (un minuto en expor o concepto que se busca), proximidade (linguaxe desenfadada, sinxela, amena e directa), e concepto (coñecemento que vai á definición mesma da esencia da idea, con poucos matices).

Segundo os promotores do proxecto, a auténtica revolución do mesmo chegará coa incorporación e participación activa da cidadanía na creación de micropílulas e o uso das redes sociais. Isto significará tamén un impulso aos 291 telecentros repartidos pola rexión de Estremadura e que son xestionados por IdenTIC.

Tes máis información na fonte e no sitio Micropedia.tv.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

A prol do SwL no Ensino

Diversas organismos e persoas publicamos a versión definitiva do manifesto «A prol do SwL no Ensino«. Temos versións en galego e castelán que agora hanse repartir aos medios de comunicación e partes interesadas xa que logo é previsible que mañá, durante o debate do estado da nación, o presidente do Goberno anuncie a distribución de mini-pcs ao alumnado de primaria contendo no seu interior software privativo.

Sabendo de antemán a previsible reacción da comunidade, a empresa de software privativo beneficiada está a tomar astutas medidas. Segundo sinala Roberto Santos:

«Parece que M$ está aplicando el principio de «libertad de elección«…a su manera… y está negociando con todos los integradores para que pongan «doble arranque» y que paguen en la fase de preinstalación (OEM) con lo que se asegura que él se lleva lo suyo. Incluso parece que van a meter un programa en el que elijes al principio (en el primer arranque) y elimina la otra partición, donde está el otro SO, dejándola para datos

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Nota: Nestes intres estase a traballar no formulario que permita asinar este manifesto. Desculpa a demora na actualización da ligazón coa que remata este documento.

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL galego unido a prol dun ensino ético e libre

Os GUGLs (Grupos de usuarios/as de GNU/Linux) galegos, asociacións, grupos de tradución e diversas persoas estamos a preparar unha solicitude de firmas para impedir un máis ca probable anuncio do presidente do goberno na vindeira semana.

Os documentos provisionais teñen unha introdución e logo unha exposición algo máis ampla de motivacións. Previsiblemente mañá comezaremos a campaña de divulgación mediática e a apertura de recollida de firmas.

Preme en «Segue lendo…» se queres ler o contido destes documentos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Compromiso democrático en defensa do Software Libre

Ben sabemos dos síntomas que causan os monopolios: debilidade democrática, dependencia tecnolóxica, corporativización dos procesos regulatorios, corrupción estrutural da Administración Pública. Levamos anos nese punto exacto.

Perante as eleccións ao Parlamento Europeo, diversas asociacións de Software Libre (SwL), comprometidas na defensa das liberdades dixitais, queren situar no debate central da futura política de Estado, a necesidade de que as infraestruturas informáticas públicas desenvólvanse sobre SwL.

A urxente necesidade de que a nosa democracia e os servizos públicos básicos non queden comprometidos e condicionados por intereses privados de empresas, moitas veces non europeas, é un debate alleo a intereses de partidos e un punto esencial dunha Europa libre e tecnoloxicamente independente.

Hispalinux solicita aos candidatos ao Parlamento Europeo que subscriban polo interese da nosa democracia un pacto dixital pola independencia tecnolóxica.

Adxunto Tamaño
free-software-pact_gl.odt 211.78 KB
free-software-pact_gl.pdf 252,5 KB
free-software-pact_es.odt 211.78 KB
free-software-pact_es.pdf 128.08 KB
free-software-pact_ca.odt 210.8 KB
free-software-pact_ca.pdf 126.35 KB

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Adopta unha liña de código!

Reinstalando aplicacións que tiña na miña antiga Ubuntu fun á procura de Miro, antes nomeada Democracy Player. Trátase dunha aplicación con licenza GPL para asistires á televisión por Internet, desenvolvida pola PCF (Participatory Culture Foundation), organización sen fins de lucro. Con Miro podes descargar automaticamente vídeos desde canles RSS, administralos e reproducilos.

O que me chamou a atención agora foi unha nova modalidade para recadar recursos económicos. Na súa páxina inclúen as razóns polas que ofertan esta nova modalidade de adopción. Quen se anime a facelo adopta unha auténtica liña de código e o seu nome aparecerá na sección «About Miro» (sobre Miro) alén de poder amosar no blog de quen faga a adopción un perfecto widget coas liñas adoptadas.

Curioso modelo de negocio, non cres?
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

APAs Coruña contra M$ na Educación

Desde hai uns dias sabíase da intención de Zapatero de dotar ao alumnado de primaria cun portátil no que o sistema operativo e mailas súas aplicacións serían totalmente privativas. E as reaccións na comunidade non demoraron. O comunicado de Hispalinux con diversas ligazóns a outros informes e reaccións pode ser un dos emblemáticos entre outros moitos que están a producirse.

Un deses outros comunidados vén dunha das partes afectadas por esa medida, a Federación de APAs, concretamente o que fai un representante das APAs da Coruña baixo o título «Salvemos Microsoft«.

Ben claro é Santiago Lamelo dende o comezo do seu artigo porque non só fai mención ao derroche de cartos xusto baixo tempos de crise senón que subliña o incumprimento da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público ou da Lei 11/2007 de Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos.

Será posible tanta ignorancia política? Non estamos á procura de oportunidades? Non estamos en tempo de crise? Como é posible malgastar tantos cartos públicos? Como é posible non ver o «vicio» que pode xerar no alumnado? Como non ensinar liberdade no canto de solucións privativas?
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp