Tempest for Elisa: Transforme seu monitor em estação de rádio

O amigo Alessandro de Oliveira Faria (Cabelo) envía este novo artigo:

Este projeto é antigo e sei que não é novidade a emissão de ondas eletromagnéticas por aparelhos eletrônicos, porém controlar a emissão de ondas de freqüência AM pelo monitor é algo legal – claro, não muito (ou nada) útil. Conheca neste documento o software Tempest for Elisa.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Software Freedom Day 2009

Hoxe, 19 de setembro, é o dia elixido este ano 2009 para a celebración do Software Freedom Day, o Dia da Liberdade do Software.

Este ano o Equipo Galicia ten rexistrado como evento un da Comunidade O Zulo coincidindo coa VI Edición de Kernel 2009.

O SFD naceu en 2004. Persoalmente chamoume a atención e decidín facer o rexistro do equipo galego pois daquela éramos apenas testimoniais os grupos rexistrados. De feito non había equipos nin en España nin en moitos outros países desenvolvidos. A partir daí comezaron a rexistrarse equipos e a aparecer celebracións. As galegas podes velas aquí, organizadas no 2006, 2007 e 2008 por GALPon.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Invidente bloguea grazas ao Sw Libre

Unha vez máis, sei por Fernando Acero que o invidente Nicomedes Flores pode, e feito é, un activo blogueiro grazas ao uso de Software Libre. Nomeadamente emprega o programa Orca baixo unha Ubuntu GNU/Linux. Con el traballa coa súa computadora (procesador de textos, chat…) e conéctase co mundo.

Orca (segundo o seu Wiki) é unha tecnoloxía de apoio libre/código aberto, flexible, extensible e potente para persoas invidentes ou con deficiente visión. Empregando varias combinacións de voz, braille e magnificación, Orca axuda a proporcionar accesibilidade ás aplicacións e ferramentas que soporten AT-SPI (por exemplo o escritorio libre GNOME).

Nicomedes, director do Centro de Rehabilitación para Persoas Cegas Manuela Garandillas en Cochabamba (Bolivia), usa unha opción da plataforma de Blogger que permite mandar un novo artigo, ler comentarios e respostalos, todo a través de mensaxes de correo-e. Tamén participa no Proxecto Accesibilidade onde un grupo de activistas de Software Libre de Bolivia implementan solucións libres para as persoas con discapacidade.

Comproba como o fai:

Concordo con Fernanco Acero na mágoa que supón a escaseza de investimentos nesta materia de poderosas organizacións como a ONCE.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Apollo 11 publica os seus códigos fontes

Para comemorar o 40º Aniversario do «Home na Lúa» foron publicados os códigos fontes do módulo de comando código (Comanche054) e módulo Lunar código (Luminary099).

Estes programas poden ser executados grazas ao emulador do AGC (Apollo Guidance Computer) do proxecto Virtual AGC and AGS e o propio AGS co seu código dispoñíble en Google Code (varias liagazóns).

Fonte.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Android invadirá casas

Iso é o que vaticina Bill Brown, vicepresidente de marketing da Touch Revolution. Tamén cre que neste mesmo ano 2009 diversos fabricantes de dispositivos electrónicos han lanzar trebellos con Android, o GNU/Linux de Google.Android invadirá os nosos fogares

O executivo dixo á Forbes que famosas empresas producirán os máis variados tipos de produtos: sistemas para control doméstico, dispositivos multimedia e teléfonos residenciais baseados no sistema operativo.

Ademais sinala que cada produto traerá conexión Wi-Fi e pantallas táctiles (sensibles ao tacto, touchscreens) entre 4,3 e 10 polgadas. Algúns deles funcionarán como tablet PCs, haberaos gañando espazo nas paredes de salas e cociñas.

Os principais motivos nas que apoia as súas hipóteses a prol da adopción masiva de Android: versatilidade, recursos para interfaces táctiles e distribución gratuíta (libre).

A propia Touch Revolution vén de anunciar un «desk-phone«, chamado Nimble, con pantalla de 7 polegadas touchscreen e Android e que debe chegar ao mercado en 2010.

A fonte a punta cara esta nova orixinal.
Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

6 razóns para licenciar baixo (A/L)GPL

O programador Zed Shaw comenta as 6 razóns para licenciar o seu traballo baixo (A/L)GPL e curiosamente ningunha de las refírese á liberdade de quen vai usalo.

Zed leva «décadas desenvolvendo software, algúns con éxito» e meditou moito sobre ilo, sobre todo con aquelas persoas que propugnan licenzas de tipo BSD ou MIT. Velaquí están resumidas as súas 6 razóns:

  1. Por que é o seu dereito de autor e, polo tanto, por que el o quere así. Se a ti non che gusta, simplemente nin tan sequera uses o seu software.
  2. Non sentirse ignorado de novo (refiríndose á súa experiencia co exitoso proxecto Mongrel) dado que nin sequera recibiu mención sobre ilo, algo que Zed di que «necesita«.
  3. As empresas tecnolóxicas están deseñadas para seren creadas e destruídas rapidamente por entidades de Capital Risco (Venture Capital). Estas non teñen ningún incentivo que ofertarlle e polo tanto Zed tampouco ten ningún incentivo social para «darlles» o seu software.
  4. Para esixir que os demais sexan honestos. «Se é bo, paga por el» e non se adiquen a plaxiar o traballo doutros.
  5. Para aumentar a súa motivación a seguir desenvolvendo un «proxecto open source, teño que cobrar por ilo«.
  6. Valor percibido. Cre que a xente non lle dá valor a aquilo que non se lle cobra.

Estás ti de acordo? No seu artigo tes estas razóns ampliadas así como opinións doutras persoas nos comentarios e na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

MediaMosa, xestión de contidos multimedia (Drupal)

O sistema educativo holandés vén de liberar baixo licenza GPLv2 unha plataforma de xestión e distribución de vídeos nomeada MediaMosa.

MediaMosa está baseado no sistema de xestión de contidos libre Drupal e ten unha arquitectura REST1. A plataforma é capaz de facer streaming de diversos formatos de vídeo e tamén fai conversións de arquivos grazas a FFmpeg.

MediaMosa facilita o acceso e a utilización da capacidade de almacenamento (compartido), metadatos de bases de datos, transcodificación-streaming e servidores. Ofrece funcionalidades para buscar, xogar, subir, transcodificar…

Principais características:

  • Plataforma de entrega de audio, vídeo (e outros contidos)
  • Streaming de calquera formato (por exemplo, Flash, H.264, MPEG-4, WindowsMedia…)
  • Transcodificación baseada en FFmpeg
  • Conxunto flexible de elementos Metadata
  • Licenza GPLv2

(1) REST: Transferencia de Estado Representacional (Representational State Transfer) ou soamente (REST) é unha técnica de enxeñaría de software para sistemas hipermídia distribuídos como a World Wide Web. O termo orixinouse no ano de 2000, nunha tese de doutorado de Roy Fielding, un dos principais autores das especificacións do protocolo HTTP que é utilizado por sitios web da internet.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

X FISL, funk de Stallman con GNU

Como mostra da festividade que supuxo a celebración do emblemático X FISL deixo este video feito por Augusto Campos amosando o baile de Stallman co GNU:

Tes máis informacións na fonte, tamén fotos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Linux suma outros 4 supercomputadores na lista top500

Souben por Eskorpio da publicación da nova lista dos 500 maiores supercomputadores do mundo feita por top500.org para o primeiro semestre de 2009.top500_sistemas_operativos-20090623

Desta vez, seleccionando por familia de sistemas operativos (Operating system Family) os resultados amosan que, respecto da anterior lista, «Linux» rabuñou outros catro supercomputadores máis ao resto de sistemas, elevando a súa cifra total a 443, o cal supón o 88,60 %.

É obvio que, se a esa cifra engadimos outros como OpenSolaris ou *BSD, o montante total do SwL sube ata o 89%. Supera esa barreira se se consideran tamén os sistemas mixtos…
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

e-Ubicuidade

Tan só é unha divagación ou a constatación dun feito. Onte engadín á miña rede de contactos a unha persoa. Comecei respostando persoalmente un correo-e seu mandado a unha lista, logo completei unha vCard cos datos completos que me deu na súa resposta. Por simple curiosidade busqueino na rede profesional que máis emprego, LinkedIn, pero tamén o fago na Xing. Si, alí estaba e convídoo a formar parte dos meus contactos, tanto nunha como na outra. Ao pouco, case sen querer, atópoo noutra rede e así por diante.

Si, é ben sabido que en informática pódese facer unha mesma tarefa de diversos xeitos, comunicarte por diversas canles. A estas alturas, o desonvelmento das TIC ofrécenos unha ampla colección de posibilidades. Máis aló do ámbito privado, onde moitas veces padecemos a síndrome de Diógenes, é común sermos onmipresentes, por así dicilo. Estamos en Twitter, tamén en Lareta, en Picassa, tamén en Flickr, en Facebook, tamén en Tuenti, e así ad infinitum!

Propoño un novo nome a esta case omnipresenza: e-Ubicuidade :-)
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Meme do SpeedTest

Dándome un paseo polo Planeta Ubuntu (exemplo 1, 2 e 3) observo un meme que moita xente está a facer: a proba de velocidade da súa conexión a internet.

Esa proba estase facendo con SpeedTest.net. Velaquí o meu, ben maior cá maioría do que se agarda no noso país e até en Europa. Claro, a cifra varía de cando se faga e do servidor destino.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ollando video como fondo de escritorio

XWinWrap (wiki) é un pequeno aplicativo que che permite pór a maioría das aplicacións como fondo do teu escritorio.  Isto quere dicir que podes tamén empregar un protector de pantalla animado como o coñecido glmatrix, até unha película e usala como fondo de pantalla.

Polo tanto, a pesares de teres un fondo de pantalla animado, podes seguir facendo todo o teu traballo habitual.

Aínda está nas primeiras fases de desenvolvemento pero semella ser viable.

Olla este video demostrativo obtido deste artigo:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp