Gnaughty, o baixa-porno libre

Repasando os meus RSS atopeime con esta aplicación, nomeadamente Gnaughty, «Fast and Easy Porn Downloader«.

Ante todo hai que dicir que o proxecto é libre, con licenza GPL, aloxado en Sourceforge e retomado depois dun tempo estancado.

O seu obxectivo é obter contido adulto explícito, como películas porno e imaxes, dende directorios de internet. Ademais non inclúe, spyware nin adware, contempla múltiples categorías de porno, soporta proxy, permite descargas paralelas, etc.

Tes unha chea de paquetes preparados para intslares tanto as fontes como binarios.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Navegador Chromium, instalando e probando

Google Chrome é un navegador web desenvolvido por Google e compilado en base a compoñentes de código aberto como o motor de renderizado WebKit e a súa estrutura de desenvolvemento de aplicacións (Framework).

Chromium é o proxecto de software libre detrás de Google Chrome. A porción realizada por Google está amparada por licenzas de uso BSD e Creative Commons attribution 2.5, con outras partes suxeitas a unha variedade de licenzas de código aberto permisivas incluíndo MIT License, Ms-PL e a tripla licenza MPL/GPL/LGPL. Polo tanto, pode ser considerado como libre maila dispor de licenzas incompatibles coa GPL como é o caso da MPL.

Decidín probalo tralo anuncio dunha primeira versión alpha para GNU/Linux e atopei este artigo onde din como incluir un repositorio propio e esqueceres de actualizacións manuais.

Velaquí o que debes facer (en Ubuntu Jaunty):

Incluir o repositiorio

deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu jaunty main

Incorporar as chaves GPG e instalalo:

gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv 4E5E17B5
gpg --export --armor 4E5E17B5 | sudo apt-key add -
sudo apt-get update
sudo apt-get install chromium-browser

Primeira sorpresa, que velocidade de arranque! Moita simpleza xeral, se cadra demais pois tes que animarte a investigar un chisco (ben pouco) como xestionar marcapáxinas e outras opcións, todo en inglés.

Chromium distínguese inicialmente de Chrome polas cores. O logo do Chromium é en tons azuis, o Chrome é catricor.

As animacións en flash aínda non rulan de xeito predeterminado.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sw Libre axuda a deputado arxentino a asumir o seu posto

Souben por Julián Coccia que o deputado arxentino Jorge Rivas foi atacado brutalmente cun golpe na testa o ano 2007. Segundo os médicos que o trataron, as súas posibilidades de vida eran practicamente nulas. Jorge quedou atrapado dentro do seu propio corpo, incomunicado durante un moi longo e penoso período de tempo.

Grazas ao soporte da súa familia, dos profesionais que o rodean, pero principalmente da súa propia forza de vontade para, como el mesmo o expresa, «volver vivir plenamente«, Jorge puido saír adiante dende o seu estado de coma.

Eduardo Lazzati, un profesional arxentino que nos principios da súa investigación acudiu a Linux Español, logrou comunicar a Jorge empregando Software Libre. Ess proxecto chámase HADA (Human Answering with Digital Assistant). A solución é unha combinación de diversos módulos, que van desde a detección do movemento dos ollos e cabeza, ata un sintentizador de voz que reproduce os textos que Jorge escribe.

O deputado arxentino puido asumir, ao fin, o seu escano onte (nova e video).  En YouTube hai outro video que conta todo o acontecido.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lutero versus Stallman

Aproveitando a segunda xira de Richard Stallman (Galipedia, máis na Wikipedia-en) por terras galegas e a que estou lendo un libro que me recomendou Javier de la Cueva, vou dar unhas pinceladas á biografía de Martin Lutero (1483-1546). Confío que igual cá xente coa que xa compartín esta idea, con só mencionar uns detalles da súa vida, atopes moitas e asombrosas semellanzas entre os dous.

Cando Lutero cravou as súas noventa e cinco teses na porta da igrexa de Todos os Santos de Wittenberg o 31 de outubro de 1517, non imaxinaba que aquilo ía provocar unha escisión de tal calibre na orde relixiosa imperante representada pola Igrexa, a católica ou universal. De feito era moi habitual entre os cregos iniciar debates deste xeito.

Lutero non sospeitaba que diversas copias das súas 95 teses circularan con gran rapidez. Isto foi posible grazas á aparición, uns cuarenta anos antes, da imprenta móbil de Guttemberg quen ademais tivo que perfeccionar o papel, modificar a tinta e formar a artesáns. Antes facíanse copias, existían imprentas, pero a de Guttemberg foi a que asentou as bases da nova técnica de impresión. Axiña houbo unha centea desas imprentas e antes do comezo do século XVI reproducíronse 40.000 edicións distintas, aproximadamente uns nove millóns de exemplares. Nada comparable co pasado.

Coas 95 teses Lutero pretendía debatir sobre a práctica común das indulxencias, «unha especie de cheque certificado estendido polo Papa á conta do tesouro de mérito acumulado polos santos«. Ao seu criterio, o único tesouro da Igrexa era o Evanxelio. Porén, séculos antes de Lutero houbo moita xente que desexaba atinxir a idea de «voltar á Igrexa primitiva«, mais non poideron con ese obxectivo.

Lutero chegou a mandarlle dúas copias ao Papa mentras seguía meditando, sufrindo. Loitaba contra os impulsos da carne, o odio ou a envexa e sempre perdía. «Que opcións tiña de salvarse?» Mais un dia volveu a escoitar «creo no perdón dos pecados» e nese intre tivo unha revelación, «sentín como se volvera a nacer«. Cría ter recibido a gracia de Deus, sen facer nada!

Tras proclamar a súa descoberta, comprobou que moita xente coma el, padecía a mesma ansiedade. É máis, nunha viaxe a Roma propuxo a idea de que cada home é un sacerdote, que non depende de ninguén. Nótese que home vén do latín ‘homo‘, ser humano, derivado do sánscrito ‘man‘, co mesmo significado xa que para home-macho empregábase ‘vir‘, varón.

A incipiente revolución xa definira ao seu inimigo. Non era nin a relixión nin os fieis senón o propio pontífice e mailos seus ritos máxicos, o seu proceder. Daquela, cando por fin chegou a Wittenberg a bula papal, Lutero só desexaba facer unha cousa, queimala perante a multitude.

Coa Idea asentada, xordida oportunamente e distribuída grazas á imprenta, a xente comezou a aprender as novas palabras, a propagalas e até acentualas, sobre todo quen pertencía ás novas xeracións con neófitos ás veces máis estritos e intolerantes có propio percusor da Idea. Tal é o caso de Calvino ou das máis de trescentas seitas xordidas tras Lutero. Pero iso xa é outra historia.

Paralelismos

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Intellipedia, a Wikipedia para espías

A axencia norteamericana CIA (Central Intelligence Agency) está protoganizar unha revolución tranquila en unión coas súas axencias irmás. Unha nova xeración de analistas decidiu entrar na de cheo na Web 2.0 para compartir información e favorecer o consenso interno. Para todo isto crearon Intellipedia.

Segundo a Wikipedia, Intellipedia é unha rede de tres wikis internas das redes estadounidenses de acceso restrinxido JWICS, SIPRNet e Intelink-U empregadas por 16 axencias de intelixencia dos Estados Unidos. Esta rede non é de acceso público.

En outubro do 2006, Intellipedia contaba con 28.000 páxinas e 3600 usuarios. Adícase a recoller información sobre áreas, persoas e temas de interese para as comunidades de intelixencia. Intellipedia usa MediaWiki, o mesmo software da Wikipedia. A pesar de que o seu nome aluda a unha enciclopedia, aseméllase máis a unha wiki corporativa que a unha enciclopedia.

Hoxe, de acordo coa CIA e maila oficina do Gabinete do Director da CIA, Intellipedia contén 900.000 páxinas consideradas obras maestras da espionaxe, 100.000 contas de usuario, 5000 edicións de páxinas ao dia e un intenso tráfico de rede.

O creador da Intellipedia é o analista da CIA D. Calvin Andrus, que escribiu en 2004 un documento titulado «The Wiki and the Blog: Toward a Complex Adaptive Intelligence Community«.

Outras informacións curiosas están na fonte (Wikipedia for Spies: The CIA Discovers Web 2.0)
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

goplay, atopa paquetes de software interesantes e novos

goplay é un navegador que permite que atopar software interesante que non coñecías antes. Usa DebTags (categorías que describen aos paquetes Debian) para ordenares os paquetes.geoplpay

Tes distintos compoñentes. Así, goplay procura e previsualiza xogos, golearn atopa software educativo, etc.

Tras instalalo terás que executar:

sudo ept-cache reindex

Aínda así nun o puiden instalar nunha Ubuntu Hardy pero tal situación xa é coñecida e están a resolvelo pois o paquete foi deseñado especificamente para Debian.

Máis en goplay: discover interesting packages.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

And the winner is…

O anunciado concurso «We’re Linux» promovido pola Linux Foundation xa ten gañador:

Linux AD – What does it mean to be free?

Foi comunicado en Twitter.

Os cinco finalistas foron estes.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Anunciados os cinco finalistas de I’m Linux

Os cinco videos finalistas no concurso «We’re Linux» son:

Mantente atento ao que se anuncie na web e no Twitter: http://www.twitter.com/linuxfoundation. Iso será o vindeiro mércores 8 de abril.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Que fai GNU/Linux que provoca tantos celos nos demais?

Abriron un curioso fío de discusión en reddit (inglés) co título «Que pode facer GNU/Linux que provoca os celos doutros sistemas operativos?» (What’s the most unique thing your linux box does that makes other OSs jealous? (Seriousness & Sarcasm Welcomed)).

Hai unha morea de respostas e réplicas onde atopas moitos sarcásticos. Velaquí unhas mostras:

  • Sen Virus
  • adaptación/modificación absoluta
  • efectos gráficos sen contar cunha super-gpu (unidade de procesamento gráfico)
  • fai o que eu quero, non o que outros queren que faga
  • Linux ten repositorios de software
  • Linux apágase cando eu quero
  • uptime: +256 dias (uptime refírese ao tempo que pode estar funcionando de seguido)
  • é quen de traballar sen monitor, rato nin teclado e, aínda así, segue facendo o que eu quero
  • é libre
  • etc.

E para ti que cres que provoca máis ciumes?

Souben deste fío por esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crowdsourcing, exemplos

FLOSS non é un exemplo de crowdsourcing xa que logo o beneficio da colaboración é mutuo entre os colaboradores. Crowd é o termo en inglés que describe «multitude». O que fai o crowdsourcing é propoñer problemas e «recompensas» a quen solucione o problema proposto procurando reemprazar contratos selectivos, adestramentos e forzas de traballo coa participación masiva de voluntariado e auto-organización.

Deste tema tes un libro moi ameno, repleto de exemplos: «Wikinomics, la revolución de las multitudes inteligentes» e tamén este wiki que reúne exemplos clasificados segundo estas catro categorías:

  1. Negocios individuais ou sitios que canalizan o poder das multitudes en liña
  2. Iniciativas novas e patrocinadas ou foros que dependen do crowdsourcing
  3. Novas iniciativas que permiten personalizar os seus produtos
  4. Competicións patrocinadas/desafíos centrados no crowdsourcing

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Extinguirase Window$ coa entrada do Cloud Computing?

Para Stallman o Cloud Computing é estupidez e para outros o noso futuro inmediato. Cloud computing (computación en nube) segundo a Wikipedia é «un modelo de computación no que os datos, ficheiros e aplicacións residen en servidores físicos ou virtuais, accesíbeis por medio dunha rede en calquera dispositivo compatíbel. Basicamente, consiste en compartir ferramentas computacionais pola intercomunicación dos sistemas, semellantes as nubes no ceo, ao contrario de ter esas ferramentas localmente (mesmo nos servidores internos)«.

Stefan Neagu é o responsable de Tux Geek e o autor dun atrevido artigo titulado «MinWin And Small Linux OS’s Will Replace Windows In 5 Years» ou «MinWin e Small Linux OS’s ha substituír Windows en 5 anos». Traduzo libremente partes del:

A morte de Window$, moi probablemente non proveña do avance de Linux no escritorio senón a partir de sistemas operativos en nube.

Revisando todos os tipos de iniciativas emerxentes (start-ups) da Web 2.0 e, máis recentemente, o Cloud Copmputing, Stefan cre que Micro$oft está moi asustada con ilo. Micro$oft ten medo á perda de cota de mercado: Outlook está perdendo clientes polos servizos de correo web como Gmail ou Yahoo!Maill, Word e Excel perder clientes para Zoho e Google Docs. A tendencia é máis ca óbvia.

O que é menos óbvio para os usuarios finais neste momento é a existencia de sistemas operativos en nube, como o EyeOS (SwL de licenza AGPLv3).  EyeOS ofrece funcionalidade suficiente para manter un ambiente de traballo, con aplicacións de produtividade, integrando compatibilidade con documentos de M$-Office e fácil importación/exportación de arquivos.

A aparición do Cloud Computing provocou a creación de MinWin (…) como a resposta de Micro$oft para loitar na contra de pequenos Linux como DamnSmallLinux.

O diagrama lateral pode amosar mellor o funcionamento dun pequeno netbook. Unha vez conectado a EyeOS, toda a maxia acontece do lado do servidor: verificación e-mail, ollar unha película ou engadir unha cita, todos os procesos teñen lugar no servidor. A única esixencia deste modelo é unha conexión á Internet, e hoxe as temos até inarámicas: 3G sen fíos, 802.11n e logo WiMax.

A xente quere portabilidade. Transferibilidade dos formatos de documentos, datos, música, imaxes… e, é isso que é incrible, o poder dunha máquina servidora en algo tan pequeno coma un netbook.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Oscilómetro con Ubuntu

Un oscilómetro é un aparello empregado para medir oscilacións, por exemplo, do fluxo do sangue do noso corpo ou dun espectro de audio.

Velaquí unha imaxe que me sorprendeu pois atopei un destes trebellos ao que se lle instalou unha Ubuntu:

É sorprendente a versatilidade que posúe o SwL! Porén, para que quererán un oscilómtro con Ubuntu? :-)

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp