A raíz dunha nova que me comentou o amigo Hermo souben dalgo estraño polo novidoso e até chocante da iniciativa. Acontece que se hai axencias de viaxes que teñen na súa oferta facer turismo nas favelas do Rio de Janeiro.
Daquela, a raíz da nova que me comentou Manuel, fun atopando cousas como:
- Favela Tour
- O artigo "Turismo e favela: reflexões sobre ética e fotografia"
- Outro titulado "É interessante promover a favela como destino turístico?"
- Outro Favela Tours
- e varios máis que xa deixo á pesquisa de cada quen.
Todo isto véu a colación pola película brasileira Tropa de Elite, na contorna da loita contra a delicnuencia e mailo tráfico de drogas e armas por medios policiais extremos (BOPE, Batalhão de Operações Especiais).
Acontece que comezan xurdir críticas contra esta nova forma de turismo alternativo, ben distinto ao turismo ecolóxico, ao tildalos como incentivadores da delincuencia e co agravante de ofrecer unha imaxe indesexable do país. É que os turistas poden chegar a facerse fotos cos capos que trafican con drogas e armas...
Se cres que todo é película, olla este video:
chuzame -
En: Amizade, Brasil, Curiosidades, Ecoloxía, Historia(s), Persoal por Roberto Brenlla
1 Comentario »
A zona entrou nunha escalada sen retorno como consecuencia do aumento da temperatura do mar, segundo 4.000 expertos reunidos en EE.UU.. O seu diagnóstico é pesimista. Segundo dous estudos presentados, o Polo Norte pode desaparecer xa no verán do ano 2.015, é dicir, dentro de só sete anos.
E o peor de todo é que a comunidade cientificia coincide en que este proceso de desaparición é irreversible.
Carlos Duarte, investigador do CSIC e participante neste congreso internacional, afirma que sabemos que o xeo do océano Glaciar Ártico estase perdendo, que se perde máis rápido a cada día e isto fai que contemplemos a posibilidade dun océano Glaciar Ártico desprovisto de xeo para o verán de 2015 ou 2020. Duarte afirmou tamén que se está empezando a pensar nesta perda de xeo como un deses procesos que chegan a un punto sen retorno que posiblemente xa cruzamos.
Ata Outubro e coa chegada do outono, o ártico recuperou xeo, pero este ten apenas medio metro de espesor, é dicir, catro veces menos que o xeo ao que substitúe. Por esa razón, anuncian os científicos, cando volva -este ano- o verán, estas capas se derritirán de forma moito máis rápida.
A fonte foime dada por Tonio que tamén incluíu esta entrada.
chuzame -
En: Ecoloxía por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »