Coche Open Source movido por hidróxeno

Presentouse en Londres o primeiro coche da empresa Riversimple. Nada especial se non fora por tratarse dun coche movido por hidróxeno e desenvolvido colaborativamente a través da 40 Fires Foundation. O proxecto dispón dunha licenza Open Source e baséase na adopción de estándares abertos como pode lerse nesta FAQ. Outra diferenza importante é que non […]

Sw Libre tamén limpo e verde

Ultimamente trátase con moita frecuencia o aspecto verde das tecnoloxías. Dende hai tempo, o Sw Libre ofrece solucións para xestionar o consumo de enerxía, as emisións de carbono e de lixo electrónico. O crecemento explosivo do número de ordenadores usados por persoas e organizacións ao longo das últimas dúas décadas ten provocado un enorme efecto […]

Preséntase o Gyy, o mini-pc libre e ecolóxico

Tal e como anunciara dias atrás, preséntase hoxe o Gyy, así é o seu nome. Anxo Blazquez e Pablo Machón, integrantes da marca iUnika, lideraron o proxecto de desenvolvemento dun computador portátil de 700 gramos que combina Software Libre, uso de enerxías renovables mediante placa solar, respecto ao medio ambiente grazas á súa construción en […]

Amazonia, a cara e cruz dunha moeda

Hai uns intres recibín un correo-e de Greenpeace solicitando a miña participación nunha campaña en defensa da Amazonia. Xa escoitara voces en contra vindas do goberno brasileiro pero, aínda así, decidín asinar. Aos poucos minutos recibín outro documento, que deixo aquí como PDF, no cal amosa a outra cara da moeda, cal é a resposta […]

As redes de hidróxeno poderán ser a Internet da Enerxía

Resulta fascinante a posibilidade cada vez máis real de que o hidróxeno substitúa masivamente aos combustibles fósiles. Non só porque evitaríamos os efectos perversos da combustión do petróleo ou por ser o hidróxeno o elemento químico máis abundante no universo senón porque pode supoñer unha nova Era Revolucionaria xusto en medio da actual revolución provocada […]

Visualizando o quecemento global

Google lanzou o seu servizo Google Earth Outreach, deseñado para supervisar os glaciares e masas de xeo en proceso de desaparición. A nova función é resultante dun proxecto de cooperación entre Google, o goberno británico e un centro de meteorología denominado Met Office Hadley Centre e British Antarctic Survey. O obxectivo primordial é mostrar as […]

SwL, Terceiro Mundo e Pirámide de Maslow

Durante a miña intervención onte na Cova da Terra (Lugo), asociación adicada ao comercio xusto desde 1995, comentáronse varias semellanzas e afinidades que posúen tanto o SwL como as iniciativas de comercio xusto, sobor de todo no referido a que ambos contribúen a evitar as desigualdades. Alén disto, xurdiu un debate moi construtivo arredor das […]

AGNIX na Cova da Terra

No vindeiro dia 28 de maio ás 20 hs AGNIX estará presente nun evento en Lugo organizado pola ONG A Cova da Terra. A Cova da Terra traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos e sensibilizando e formando ás/aos consumidoras/es, e futuras/os consumidoras/es do noso contorno máis […]

Turismo nas Favelas

A raíz dunha nova que me comentou o amigo Hermo souben dalgo estraño polo novidoso e até chocante da iniciativa. Acontece que se hai axencias de viaxes que teñen na súa oferta facer turismo nas favelas do Rio de Janeiro. Daquela, a raíz da nova que me comentou Manuel, fun atopando cousas como: Favela Tour […]

O Polo Norte pode desaparecer a partir de 2015

A zona entrou nunha escalada sen retorno como consecuencia do aumento da temperatura do mar, segundo 4.000 expertos reunidos en EE.UU.. O seu diagnóstico é pesimista. Segundo dous estudos presentados, o Polo Norte pode desaparecer xa no verán do ano 2.015, é dicir, dentro de só sete anos. E o peor de todo é que […]