Dia Mundial contra as Patentes de Software

O dia 24 de setembro celébrase o Dia Mundial contra as Patentes de Software. O Parlamento Europeo parou hai cinco anos a tentativa de legalizar as patentes de software en Europa. Un esforzo sen precedentes da comunidade fixo posible avisar dos posibles perigos que ilo suporía. Dende aquela os litixios e trampas das patentes convertéronse […]

CNTG oferta varios cursos sobre Sw Libre

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de anunciar a súa oferta formativa para o período outubro 2009 a xuño 2010. Dentro desa oferta hai varios cursos sobre Sw Libre. Velaquí estes cursos xunto a outros xenéricos: Administración avanzada de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 2), 64 hs, obtense certificación, data 26/10/2009, imparte […]

Interoperabilidade e Administración Electrónica (carta aberta de Hispalinux)

Hispalinux vén de publicar unha Carta Aberta a prol dunha Administración Electrónica Transparente, Independente e Democrática. A Administración Electrónica pode crear as bases dunha nova era da nosa democracia, revalorizar o papel da cidadanía e reformar “por fin” participativamente a función pública. Con todo, a posibilidade de que o emprego masivo de tecnoloxías dixitais conduza […]

A Xunta impulsará o Sw Libre. Mancomun.org segue adiante.

Tiven a sorte de participar hoxe na xuntanza promovida pola secretaria de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira. Convocados íamos CESGA, Mancomun.org (tamén presente a Fundación para o Fomento e Calidade), as oficinas de SwL das tres universidades e AGASOL. Tras unha primeira posta en común das actividades realizadas por cada entidade, na que por […]

Costa Rica tamén vai cara SwL

Souben por Roberto Santos que a Comisión de Ciencia e Tecnoloxía da Asemblea Lexislativa aprobou un proxecto de lei para que o Estado costarriqueño empregue Sw Libre. A aprobación deuse a semana pasada, tramitado baixo o expediente 16.912, que textualmente di: “Todas as institucións e empresas do Estado empregarán Software Libre nas súas diferentes opcións, […]

TEGNIX estrea web

A nosa empresa, oficialmente C.T.I. TEGNIX, S.L., estrea web hoxe. Queda moito por facer, moito, con certeza, pero a lo menos inclúe a nosa nova imaxe corporativa e ten poucos atrancos a resolver para cumprir coas esixencias da W3C. Pouco a pouco iremos migrando contidos ata deixar este blog para asuntos non-técnicos e todo o […]

Ciberirmandade abre campaña a prol de Mancomún

Ciberirmandade da Fala lanzou a alarma sobre a ameza de desmantelamento de Mancomún. Maila non existir mención expresa a ilo “para ben ou para mal” na documentación referida ao consello da Xunta do 9 de xullo e que até poida parecer precipitado polo descoñecemento do futuro Plan Estratéxico Global substitutivo do PEGSI, o certo é […]

Promesas para Mono, só iso

Alberto Barrionuevo contestou á mensaxe de Ismael Olea referida a que Microsoft aplicará a Community Promise tanto á ECMA 334 como ás especificacións ECMA 335, todo ilo referido á polémica sobre Mono SI ou Mono NON. Barrionuevo sinala: Esa suposta licenza xa a comentamos amplamente durante a estandarización de OOXML na ISO/IEC. Segundo moitos avogados […]

Caso Mono: C# e CLI baixo a Community Promise

Trala polémica sobre Mono SI ou Mono NON, sei por Ismael Olea que Microsoft aplicará a Community Promise tanto á ECMA 334 como ás especificacións ECMA 335. ECMA 334 especifica o xeito e establece a interpretación de programas escritos coa linguaxe de programación C#, mentras o estándar ECMA 335 define o CLI (Common Language Infrastructure) […]

OSREVOLUTION 09, na USC (20-24 xullo)

Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de […]

Noruega, SI ao ODF, NON ao OOXML

Souben por Jomar Silva que Noruega vén a engrosar a lista de países que oficialmente adoptan o ODF (OpenDocument Format) como estándar de formato para documentos. O goberno noruegués fixo unha contundente declaración no seu novo catálogo de normas: “As empresas públicas non deben usar outros formatos de ficheiro dsitintos ao ODF (versión 1.1) e […]

Extensións e novas funcionalidades do OOo 3.1

OpenOffice.org 3.1 foi anunciado hai pouco máis dun mes, concretament o 7 de maio de 2009. Maila ter transcorrido un pouco de tempo, o seguinte video é moi descritivo dalgunhas das novas funcionalidades que inclúe: [gv data=”V4ARctdsAtM”][/gv] De igual modo, as extensións agréganlle ao OOo unha chea de funcionalidades máis. Olla estoutro video sobre como […]