Celebrarase en Barcelona do 29 Outubro ao 1 de Novembro de 2009.
No seu sitio web sinalan que «En todo o mundo estase recoñecendo a necesidade dun espazo internacional onde construír e coordinar un marco global e unha axenda común para temas relacionados coa cultura libre e o acceso ao coñecemento. O Foro de Cultura Libre ten como obxectivo crear este espazo, reunindo ás principais organizacións e voces activas no mundo da Cultura e o coñecemento libres; un punto de encontro onde sentar a traballar xuntos/as e pór en común as respostas ante as problemáticas apremiantes xurdidas a raíz do cambio de paradigma«.
Roberto Brenlla
En: AGNIX, Cultura Libre, Eventos por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Ao longo das vindeiras semanas Igalia estará presente nos campus universitarios das tres universidades galegas para presentar o Premio ao mellor PFC con Software Libre. Durante a presentación explicaranse os obxectivos e bases desta iniciativa. As datas son as seguintes:
Roberto Brenlla
En: AGNIX, Amizade, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Negocios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Hoxe, 19 de setembro, é o dia elixido este ano 2009 para a celebración do Software Freedom Day, o Dia da Liberdade do Software.
Este ano o Equipo Galicia ten rexistrado como evento un da Comunidade O Zulo coincidindo coa VI Edición de Kernel 2009. 
O SFD naceu en 2004. Persoalmente chamoume a atención e decidín facer o rexistro do equipo galego pois daquela éramos apenas testimoniais os grupos rexistrados. De feito non había equipos nin en España nin en moitos outros países desenvolvidos. A partir daí comezaron a rexistrarse equipos e a aparecer celebracións. As galegas podes velas aquí, organizadas no 2006, 2007 e 2008 por GALPon.
Roberto Brenlla
En: AGNIX, Amizade, Curiosidades, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
O vindeiro martes día 6 de outubro ás 17:00 hs terá lugar nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, unha «Xornada técnica sobre solucións de Virtualización Red Hat orientada a servidores» que incluirá exemplos prácticos e teóricos.
A xornada está orientada a perfís técnicos de profesionais, administradores, responsables ou futuros responsables de sistemas, partners de Red Hat, alumnado do CNTG, etc .
Amplía a información consultando o folleto informativo. Podes inscribirte nesta ligazón.
A asistencia á xornada é libre e gratuita, condicionada á previa inscrición e aforo do local. O evento é organizado por Red Hat en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar.
Roberto Brenlla
En: AGNIX, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Negocios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Inaugúrase hoxe no Parque Tecnolóxico de Andalucía (PTA) de Málaga a I Feira «Software Libre a tu alcance«, un atractivo evento que ten como obxectivo ofrecer demostracións de produtos e servizos con casos reais de aplicación, o cal permitará ao público avaliar a idoneidade do Software Libre.
Este atractivo enfoque complementarase coa organización de encontros empresariais entre aquelas que aínda non estean familiarizadas coas solucións baseadas en software libre e mailas altamente especializadas como as que integran ASOLIF, oficialmente presente nesta feira. Para ilo haberá persoal dinamizador responsable de presentar e guiar o público asistente cara os expositores máis axeitados ao seu interese.
Paralelamente haberá obradoiros de curta duración con temática diversa, amosando desde escritorios básicos a sistemas complexos. Con estes obradoiros búscase concienciar ás empresas que aínda non consideran o software libre como alternativa posto que poderán comprobar as múltiples e importantes vantaxes que teñen estas tecnoloxías.
Máis información en ASOLIF e na páxina de CREA (Centro de Referencia para la Excelencia en Entornos Abiertos).
Roberto Brenlla
En: AGNIX, Eventos, FLOSS, Negocios por Roberto Brenlla
2 Comentarios »
A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”.
Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.
Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e asociacións.
O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade.
As xornadas impartiranse na Facultade de Filoloxía, sumando ata un total de 16 horas lectivas. Os interesados deberán matricularse antes do día 11 de setembro, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.
“O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)” inscríbese no marco dos Cursos de Verán da USC promovidos pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible como 1 crédito de libre configuración.
Inscríbete!
Roberto Brenlla
En: AGNIX, Cultura Libre, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Esta é unha carta aberta que veño de enviar ao director do xornal La Voz de Galicia referente ao artigo que cubría a actuación desa Compañía Lírica onte na Praza de María Pita da Coruña.
Estimado Sr. Director,
Onte tiven o enorme pracer de asistir a un gran espectáculo na Praza de María Pita. Si, ben certo é que o son foi o protagonista non convidado e culpable, realmente cabe dicir que «o único culpable«, do que onte alí aconteceu. Todo, absolutamente todo, acadou o grao magnífico agás o son. Mailo seu transitorio protagonismo, o espectáculo deixou ao público efusivamente agradecido coa absoluta entrega e profesionalidade da Compañía Lírica de Galicia.
Testigos fumos dos ocasionais abucheos, especialmente os dalgún irritado espectador que tamén foi o primeiro en levantarse entre o público para defender o gran papel que estaba a levar adiante todo o elenco nesas adversas circunstancias.
O público era ben consciente do que alí acontecía pois nin «ese» atranco, nin as tres ou catro tentativas de choiva o inmutaron dos asentos. Así, ao remate de cada peza entregaba toda a súa enerxía en forma de aplauso e mailos coñecidos vítores «Bravo!, Bravo!«.
Porén, ler hoxe no xornal «La zarzuela se convirtió en mímica – El público abucheó a la Compañía Lírica de Galicia en la plaza de María Pita debido al sonido deficiente» éncheme de profunda tristeza e dor allea. Por que insultar cun titular así? É certo que o público berrou á Compañía Lírica? Quen onte estivo alí ben sabe que iso só non é verdade.
Moito do público onte alí congregado é seguidor asiduo destas compañías e asociacións culturais. Sabemos que o de onte foi ocasional, concreto e puntual. Nada que rexeitar á organización, nin ao Concello da Coruña nin a nada que non fora exactamente o sinalado: o son. Só iso!
Daquela, dado o alcance que as novas acadan en xornais tan prestixiosos coma o seu, prégolles que rectifiquen ese inxusto titular, subsanen adecuadamente o seu erro e deixen en alto lugar o que onte sempre estivo a esa altura.
Licenza:
Recoñecemento – Compartir baixo a mesma licenza 3.0 España de Creative Commons.
http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/deed.gl
Cordialmente,
Roberto Brenlla
En: Amizade, Eventos, Galicia-Galiza, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Na reunión do Cúmio Social da MERCOSUR que tivo lugar o xoves 23 de xullo de 2009 en Asunción (Paraguai), integrantes do goberno e de organizacións sociais dos países do bloque – reunidos pola temática «Novas Tecnoloxías de Información, Inclusión Dixital e Educación» – acordaron a promoción do Software Libre aos gobernos, en particular a súa inclusión a través da educación pública.
Participan na reunión representantes gobernamentais e da sociedade civil dos seguintes países do MERCOSUR: Arxentina, Brasil, Chile, Paraguai e Uruguai.
Máis na fonte que apunta cara esta nova orixinal.
Roberto Brenlla
En: AGNIX, Cultura Libre, Eventos, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores.
asennadas
En: Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal, Relatorios, TEGNIX por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título «A Revolución do Software Libre» (OSREVOLUTION 09).
Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de Software Libre e do curso, respectivamente.
O curso está pensado para un público tanto xeralista interesado en coñecer máis en profundidade o Software Libre como a persoas afeitas á esta temática xa que permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
asennadas
En: AGNIX, Cultura Libre, Estándares, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
A Universidade de Estremadura (UEx) traballa desde fai uns dez anos no desenvolvemento de produtos educativos en software libre e estiman que «dentro dun ano» darán a coñecer o xogo Chapas, unha recreación do tradicional xogo popular.
Esta foi unha das ideas que se abordou no curso de verán «Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre» incidindo na idea de mesturar o entretemento coa educación, e «non ver os videoxogos como algo obrigatoriamente prexudicial para a educación do neno«, segundo o profesor da UEx Francisco Fernández de Veiga, quen subliñou que a industria dos videoxogos move na actualidade «ata máis cartos» có cine.
En concreto, Chapas e é unha recreación do tradicional xogo popular, consistente en realizar un itinerario xunto a varios xogadores da forma máis rápida. A principal peculiaridade é que o camiño que debe percorrer cada usuario é un itinerario repleto de preguntas sobre Historia.
Ademais, os investigadores da UEx están centrados na mellora tecnolóxica da coñecida como «realidade inventada«. Baixo este termo acuñouse unha liña que persegue o uso dos videoxogos máis aló do computador.
Este curso de verán desenvolveuse en Almendralejo (Badaxoz) e del xa comentei outra novidade, nomeadamente a GP2X Wiz, unha consola feita con Sw Libre.
Fonte.
asennadas
En: AGNIX, Cultura Libre, Eventos, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Unha consola de peto con Software Libre fabricada en Corea do Sur procura abrir un oco no xa de seu apertado mercado destes trebellos. Batizada co nome de GP2X Wiz, ofrece as mesmas prestacións que calquera das ‘ raíñas ‘ do entretemento dixital portátil: reprodución de boa parte dos formatos multimedia, pantalla táctil, conexión WiFi e unha oferta ilimitada de xogos.
Israel López, informático que participou na construción e mellora desta consola pasou polo «Curso Internacional de Verán da Universidade de Estremadura: Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre«, contribuíu ao desenvolvemento dos primeiros prototipos desta consola e ao deseño dun dos xogos incluídos no seu recente lanzamento ao mercado internacional.Participou ademais na mellora de determinados elementos do hardware.
A principal virtude desta consola segundo López é o feito de dispor dunha arquitectura aberta que permite a cada usuario programar as súas propias aplicacións, en lugar das particulares blindaxes que establecen os fabricantes de PSP ou Nintendo DS, como a necesidade dunha autorización por parte destes fabricantes e unha confusa burocracia para poder participar na programación de xogos. Ademais pódense descargar xogos de forma legal e gratuita. Son varias as tendas que venden a GP2X Wiz a un prezo que oscila entre os 150 e os 160 euros.
Fonte.
asennadas
En: AGNIX, Eventos, FLOSS, Negocios, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
1 Comentario »