X FISL, Lula comenta SwL no Brasil

Se cadra a parte máis salientable deste pasado X FISL, porén o video de Stallman bailando con GNU, sexa o que dixo o presidente Lula sobre o SwL no Brasil:

«Porque nós tínhamos que escolher: ou nós íamos para cozinha preparar o prato que nós queríamos comer, com os temperos que nós queríamos colocar e dar um gosto brasileiro na comida, ou nós iríamos comer aquilo que a Microsoft queria vender para a gente«.

Este video voi atopado en varias fontes, entre elas, esta.

Referido tamén ao presidente Lula e ao amigo Claudio F. Filho deixo este video que amosa a súa entrada no FISL con Claudio entregándolle a camiseta do BrOffice e recibindo unha emotiva aperta.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

X FISL, funk de Stallman con GNU

Como mostra da festividade que supuxo a celebración do emblemático X FISL deixo este video feito por Augusto Campos amosando o baile de Stallman co GNU:

Tes máis informacións na fonte, tamén fotos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comeza o X Fórum Internacional Sw Livre

Desde hoxe e ata o 27 de xuño de 2009 ten lugar en Porto Alegre (Brasil) o X Fórum Internacional Software Libre «A Tecnologia que liberta«. Na súa páxina oficial tes información de relatores, programación, novas e horarios.

Grazas a súa retransmisión por streaming podes asistir ao evento tranquilamente dende o teu computador, tanto en directo como resumes informativos e entrevistas.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que «tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio«. Podes comprobalo neste video:

Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que «Non existe ningún título legal, ningunha licenza de software, ningunha lei, nin sequera unha Constitución que poida autorizar un xenocidio ou un crime contra a humanidade e poida seguir considerándose propiamente como legal«.

José María Lancho inventou e promoveu a chamada «Cláusula Mariposa«. Sobre as motivacións desta cláusula e maila súa redacción tes máis información na Wikipedia. Tal iniciativa foi presentada ao fundador da FSF e mailo proxecto GNU, Richard M. Stallman. Polo que sei, a FSF non a considera axeitada.

Se cadra, outra proba dilo é o que aconteceu polas datas do nacemento da «Cláusula Bolboreta». A raíz dunha suxestión de Carlos Neira feita en 2006, decidín volver a porme en contacto con Stallman para preguntarle sobre algo afín, o uso de SwL con fins militares. Un extracto do meu correo-e preguntaba:

Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?

A ilo Stallman respostou:

Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.

The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).

Se queres ter máis opinións, distintas ás de Marchesi, podes ollar a de Julián Coccia ou de Jorge Fuertes.

Subliñar que esta cláusula é complementaria e opcional. Do demais que cada quen tire as súas propias conclusións.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos

O vindeiro sábado 27 de xuño terá lugar en Mugardos as VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos co seguinte programa:

Xornada de mañá

10:00 a 11:00 «Instalación Ubuntu – Galinux«; Oscar Amor
11:00 a 12:00 «Servidores Caseiros con GNU/Linux«; Alberto Permuy (Comunidade O Zulo)
12:00 a 12:30 Descanso
12:30 a 13:15 «Virtualización: QEMU«; Vieiro
13:15 a 14:00 «Distribución Trisquel GNU/Linux«;

Xornada de tarde

17:00 a 17:45 «A situación do Software Libre nas Empresas de Galiza«; Roberto Vieito (Asociación SwLibre Ghandalf)
18:00 a 18:45 «Licenzas libres e abertas«; Roberto Brenlla (Tegnix, SL)
19:00 a 19:45 «O Dominio .gal«; Camilo Regueiro (eu.gal)
20:00 a 20:45 «Seguridade no Correo Electrónico» Andrés Díaz;
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Revolución do Software Libre (USC)

Os vindeiros 20-24 de xullo vanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC unha serie de conferencias tituladas «A Revolución do Software Libre» (OSREVOLUTION 09). Serán impartidas por unha colección de expertos recoñecidos nas áreas da economía, legalidade, filosofía, historia, activismo e outras ramificacións do Software Libre.

Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de Software Libre e do curso, respectivamente.

As conferencias serán exposicións teóricas que abranguirán todo este espectro, impartidas por recoñecidos referentes profesionais e filosóficos das múltiples áreas implicadas e avaladas polos datos e a experiencia que as entidades que representan — administracións, empresas, universidades, asociacións — poden aportar.

O curso está pensado para un público xeralista, en boa medida ca vontade de amosar o xeito en que o Software Libre afecta a toda a sociedade. Partirase das nocións básicas e non son precisos coñecementos previos de ningún tipo. Nembargante, agárdase que o curso sexa tamén de interese para os veteranos no mundo do Software Libre, xa que permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Guatemala elixe Sw Libre

Pois aí está, unha máis para o grupo de diante. Guatemala opta polo SwL para as súas institucións gubernamentais. O vicepresidente Rafael Espada ordenou suspender o uso ilegal de programas informáticos algo que o xornal Siglo XXI incidira nunha reportaxe que destapaba que» 3 de cada 10 programas utilizados nas entidades públicas carecían de licenza«.

As entidades consultas coincidiron en que lles falta orzamento e por iso optaron por este tipo de software libre «ou de código aberto, que é gratuito e pode obterse por medio de Internet«.

Maila ser motivos aparentemente económicos, benvida sexa a súa escolla pois xa se decatarán do que significa realmente o termo ‘libre‘.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornada de SwL na Fundación C.E.L. (Lugo)

O vindeiro xoves 28.05.2009 ás 19.00 hs na Fundación C.E.L. en Lugo darei un novo relatorio, desta vez titulado «Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa«.

O evento terá lugar no Site (Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial) – Pazo de Feiras e Congresos ( olla o mapa).

Máis detalles nesta ligazón.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lapsus, quixen dicir delicious.com

Onte na Cámara de Comercio da Coruña tiven un lupsus ao suxerir a web Digg.com como sitio onde gardar ligazóns interesantes e clasificables con tags (etiquetas).

Desculpade, errei! O sitio que emprego cada vez máis é Delicious.com.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL na Cámara de Comercio da Coruña

O vindeiro xoves 21 de maio 2009 ás 19 hs darei un relatorio titulado «Linux e Software Libre: Garantía de Éxito para as PEMES» na Cámara de Comercio da Coruña sita na rúa Alameda 30-32 1º – 15003 A Coruña.

Se estás interesado en acudir ao evento terás que encher antes o formulario.

Farei unha descrición histórica, legalidade e casos de éxito do SwL, semellante ao feito semanas atrás en Salamanca, onde estreara unha nova versión do meu relatorio. Así que agora estouna traducindo e re-editando…
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Matará SaaS ao SwL?

No outono de 2006 estreei unha presentación titulada «Cara onde vai o Software Libre?» que logo repetín o 7 de febreiro de 2007 na CISL de Badaxoz cun mínimo de tempo dispoñible. Daquela decidín centrarme tan só na visión pesimista dun sempre hipotético futuro.

Os puntos tratados foron: DRM (Digital Rights Management), Hardware Privativo, Innovacións e Ciclos Tecnolóxicos, Comunidade e Ofertas Disgregadas, Eleccións Políticas, Patentes, Licenzas Libres e leis, SaaS (Software As A Service), Só para nerds, geeks e frikis?, Venda minorista, Recoñecemento de Voz do Vista.

Co paso do tempo algúns deles semella ter sido só un pánico infundado provocado por efectivas campañas comerciais, como é o caso do Vista, pois até véu ben a súa chegada ao mercado porque a xente comezou a cuestionarse intensamente o por que actualizarse a esa morralla. Doutros puntos si poderíamos seguir a falar aínda que precisaría máis artigos.

No caso concreto do SaaS a cousa segue a ser unha ameaza e se cadra aí quede para sempre, nunha ameaza máis ou menos sólida. Entendo que siga a causar temor como leo hoxe neste artigo (atopado en menéame.net) aínda que case repita o que sinala Wikipedia.

Pasaron máis de tres anos desde que fixen esa presentación reflexionando sobre isto mesmo e, a dia de hoxe, a cousa semella non ser para tanto. Pode ser un nicho de mercado en auxe pero temo que non coa velocidade necesaria para ser unha ameaza nin a medio prazo. Para cando esteamos nese medio prazo pode que teñamos outro escenario ben diferente no que si, con certeza, estamos a ser testigos de excepción: a concentración de terminais móbiles.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Richard Stallman en Vigo

O pasado xoves (30 de abril de 2009) estivo na Fundación Caixanova o fundador do proxecto GNU, Richard Stallman. O recinto tiña cabida para 500 persoas, o cal deixouno ben ao límite de capacidade tralos axustes por inscritos que finalmente non viñeron. Segundo a organización, ao terceiro de dia da apertura do formulario de inscrición computábanse xa máis de trescentas persoas e, polo tanto, o éxito só pode ser calificado como absoluto.

Con tanto público presente ateigando a sala, foi doado atopar moita xente amiga, afeccionados, neófitos, curiosos ou até algunha persoa do lado escuro.

Deixo un video de 18 segundos coa bendición de san iGNUcio:

Trala primeira conferencia repartíronse os diplomas do máster de SwL da Fundación Caixanova e decontado a segunda intervención de Stallman sobre os perigos das patentes, contando xa con menos público e, se cadra, con menos éxito na súa exposición.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp