Compensa esforzarse en convencer se hai desinterese?

Bob Sutor, vicepresidente de negocio Open Source e Linux en IBM, deu o relatorio inaugural da recentemente concluída LinuxCon 2009 e nel deixou algunhas ideas sobre o seu parecer arredor do futuro de GNU/Linux no escritorio. Para ilo deseñou estes potenciais escenarios: GNU/Linux destacándose, probablemente tendo unha distro dominando os escritorios GNU/Linux acadando paridade con […]

Presentacións do Premio ao mellor PFC con SwL

Ao longo das vindeiras semanas Igalia estará presente nos campus universitarios das tres universidades galegas para presentar o Premio ao mellor PFC con Software Libre. Durante a presentación explicaranse os obxectivos e bases desta iniciativa. As datas son as seguintes: 30 de Setembro ás 10:00. Santiago de Compostela, Escola Técnica Superior de Enxeñería. 30 de […]

Clonando con DRBL e Clonezilla (usando multicast!)

Nas listas de correo Softlibre-edugal Vili Cedeira puxo unha atractiva mensaxe da súa experiencia clonando equipos grazas a este artigo que amosa como clonar equipos con DRBL e Clonezilla. Parte desa mensaxe di: “Eu conseguín clonar 14 equipos DELL 740 á vez (todo o disco duro, cunha partición de windows e outra de linux) nun […]

Software Freedom Day 2009

Hoxe, 19 de setembro, é o dia elixido este ano 2009 para a celebración do Software Freedom Day, o Dia da Liberdade do Software. Este ano o Equipo Galicia ten rexistrado como evento un da Comunidade O Zulo coincidindo coa VI Edición de Kernel 2009. O SFD naceu en 2004. Persoalmente chamoume a atención e […]

No CNTG, Xornada sobre Virtualización Red Hat orientada a servidores

O vindeiro martes día 6 de outubro ás 17:00 hs terá lugar nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, unha “Xornada técnica sobre solucións de Virtualización Red Hat orientada a servidores” que incluirá exemplos prácticos e teóricos. A xornada está orientada a perfís técnicos de profesionais, administradores, responsables ou futuros responsables de sistemas, […]

Software Libre a tu Alcance

Inaugúrase hoxe no Parque Tecnolóxico de Andalucía (PTA) de Málaga a I Feira “Software Libre a tu alcance“, un atractivo evento que ten como obxectivo ofrecer demostracións de produtos e servizos con casos reais de aplicación, o cal permitará ao público avaliar a idoneidade do Software Libre. Este atractivo enfoque complementarase coa organización de encontros […]

Creación dixital en 3D con Blender no CNTG

O CNTG amplia a súa oferta formativa incluindo na súa programación a impartición dun curso de Creación dixital en 3D con Blender (PDF). A apertura do prazo de inscrición terá lugar o vindeiro día 1 de novembro, estando previsto para o 25 de xaneiro, de luns a venres e en xornadas de mañá, o inicio […]

Ford presenta dispositivo anti-choque de código aberto

Ford anuncia un software construído a partir de código aberto. O que isto significa para Ford non está moi claro pero é interesante comprobar o esforzo que a multinacional adica a estas verbas no seu anuncio. Con certeza, o código aberto (open source) fóra do ámbito da informática é observado como algo absolutamente positivo sinala a […]

ModularIT, arquitectura orientada a servizos virtualizados

ModularIT e unha arquitectura orientada a servizos virtualizados cunha contorna engadida de monitorización e xestión. Todo iso utilizando Software Libre e orientado a administradores de sistemas. ModularIT está formado por servizos modulares despregados en máquinas virtuais que poden combinarse coma se fora un quebracabezas o cal confire múltiples vantaxes. Para coñecer o estado de cada […]

Spectrum vs. Tamagotchi

Non é a primeira vez que defendo as consecuencias que supón o cambio xeneracional que está a provocar unha certa crise no nivel de matriculacións en enxeñaría informática. Podemos dar por certas as diversas fontes que sinalan tal crise. Así, hai fontes que corroboran que está a producirse unha forte caída nas matriculacións en enxeñaría. […]

Velocidade de resposta ante problemas de seguridade

Slashdot sinala que vendedores de software privativo, neste caso Microsoft e Cisco, finalmente publicaron os seus parches para vulnerabilidades no protocolo TCP tras un ano de coñecerse! Esas vulnerabilidades afectaban a todos os dispositivos de Cisco que executasen o software IOS e un elevado número de sistemas Microsoft, tanto servidores como de escritorio. Esta última […]

OpenShot, doado editor de video

Jonathan Thomas sinala no sitio de OpenShot: “Teño unha misión sinxela: crear un editor de video non lineal e de código aberto para Linux. Moita xente intentou e fallou antes ca min, pero por algunha razón síntome obrigado a intentalo eu mesmo. Estou documentando a miña viaxe neste blog para que todos lean. Será unha […]