DOA gravou “Across the Universe” de John Lennon

DOA, o emblemático grupo musical galego, gravou  “Across the Universe” (John Lennon 1968).  no disco “50“. No traballo participaron desinteresadamente 58 grupos. “50” é un Disco Solidario para Médicos sin Fronteras por iniciativa solidaria de “Acordes por la Paz” e conmemora a formación de “The Beatles” (1960-2010). “50”  verá a luz en novembro.

Presentacións do Premio ao mellor PFC con SwL

Ao longo das vindeiras semanas Igalia estará presente nos campus universitarios das tres universidades galegas para presentar o Premio ao mellor PFC con Software Libre. Durante a presentación explicaranse os obxectivos e bases desta iniciativa. As datas son as seguintes: 30 de Setembro ás 10:00. Santiago de Compostela, Escola Técnica Superior de Enxeñería. 30 de […]

Clonando con DRBL e Clonezilla (usando multicast!)

Nas listas de correo Softlibre-edugal Vili Cedeira puxo unha atractiva mensaxe da súa experiencia clonando equipos grazas a este artigo que amosa como clonar equipos con DRBL e Clonezilla. Parte desa mensaxe di: “Eu conseguín clonar 14 equipos DELL 740 á vez (todo o disco duro, cunha partición de windows e outra de linux) nun […]

Software Freedom Day 2009

Hoxe, 19 de setembro, é o dia elixido este ano 2009 para a celebración do Software Freedom Day, o Dia da Liberdade do Software. Este ano o Equipo Galicia ten rexistrado como evento un da Comunidade O Zulo coincidindo coa VI Edición de Kernel 2009. O SFD naceu en 2004. Persoalmente chamoume a atención e […]

No CNTG, Xornada sobre Virtualización Red Hat orientada a servidores

O vindeiro martes día 6 de outubro ás 17:00 hs terá lugar nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, unha “Xornada técnica sobre solucións de Virtualización Red Hat orientada a servidores” que incluirá exemplos prácticos e teóricos. A xornada está orientada a perfís técnicos de profesionais, administradores, responsables ou futuros responsables de sistemas, […]

Creación dixital en 3D con Blender no CNTG

O CNTG amplia a súa oferta formativa incluindo na súa programación a impartición dun curso de Creación dixital en 3D con Blender (PDF). A apertura do prazo de inscrición terá lugar o vindeiro día 1 de novembro, estando previsto para o 25 de xaneiro, de luns a venres e en xornadas de mañá, o inicio […]

Educación migrará plataforma de correo-e a SwL

O DOG nº 171 publica unha resolución do 24 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servizo de migración da plataforma de correo electrónico corporativo desta consellería a unha arquitectura baseada en […]

Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) na USC

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”. Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o […]

Bravo á Compañía Lírica de Galicia

Esta é unha carta aberta que veño de enviar ao director do xornal La Voz de Galicia referente ao artigo que cubría a actuación desa Compañía Lírica onte na Praza de María Pita da Coruña. Estimado Sr. Director, Onte tiven o enorme pracer de asistir a un gran espectáculo na Praza de María Pita. Si, […]

CNTG oferta varios cursos sobre Sw Libre

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de anunciar a súa oferta formativa para o período outubro 2009 a xuño 2010. Dentro desa oferta hai varios cursos sobre Sw Libre. Velaquí estes cursos xunto a outros xenéricos: Administración avanzada de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 2), 64 hs, obtense certificación, data 26/10/2009, imparte […]

A prol do Sw Libre, sempre!

A prol do Sw Libre, sempre! Moitas persoas levamos anos loitando activamente e con teima a prol do Sw Libre. Porén, queda tanto para acadar ese obxectivo! Daí que nos aledemos moito por cada logro atinxido, como compensación a tanta fe e esforzo. Antes de 2005 nin iniciativas políticas había, agás as actuacións testimoniais dalgúns […]

A Xunta impulsará o Sw Libre. Mancomun.org segue adiante.

Tiven a sorte de participar hoxe na xuntanza promovida pola secretaria de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira. Convocados íamos CESGA, Mancomun.org (tamén presente a Fundación para o Fomento e Calidade), as oficinas de SwL das tres universidades e AGASOL. Tras unha primeira posta en común das actividades realizadas por cada entidade, na que por […]