AGASOL anova a xunta directiva

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Sotware Libre) celebrou a súa asemblea xeral o pasado luns 20 de xullo. Entroutros temas, esta asemblea aprobou a necesidade de adecuación dos estatutos, o informe de actividades realizadas, o plan estratéxico para o período 2009-10, a creación de novos grupos de traballo e a continuidade en materia de difusión.AGASOL

A nova xunta directiva está composta por:

  • Presidente: Roberto Brenlla de Tegnix.
  • Vicepresidente: Jorge Vázquez de Redegal.
  • Secretario: José Ramón Pena Rodríguez de Inforede.
  • Tesoureiro: Xaime Garaboa Fernández de Signo.
  • Vocal: David Pardo de Corunet.
  • Vocal: José Manuel Monteagudo de Bora Telecom.
  • Vocal: Óscar Glez. Represas de ITG.
  • Vocal: Marcos Pita de Egalcom.

Dado que asumín a presidencia de AGASOL, a miña carga de traballo increméntase notablemente. Maila todo, seguirei loitando para tentar manter o compromiso tácito de escribir a cotío. Aproveito para anunciar que posiblemente mude o meu cara Tegnix (irá a brenlla.tegnix.com) onde me centrarei en asuntos técnicos e empresariais, deixando o actual para a restante temática.

Agradezo ás empresas de AGASOL a confianza que me deron,a Javi Vázquez polos seus consellos e adicación na anterior etapa, a Luis A. Fernández, xerente da asociación, pola súa enerxía e absoluta entrega e á nova xunta directiva polo traballo voluntario que de seguro lles esixirá moito esforzo persoal.

O anuncio oficial de AGASOL.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentacións na OSREVOLUTION’09

A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ciberirmandade abre campaña a prol de Mancomún

Ciberirmandade da Fala lanzou a alarma sobre a ameza de desmantelamento de Mancomún. Maila non existir mención expresa a ilo «para ben ou para mal» na documentación referida ao consello da Xunta do 9 de xullo e que até poida parecer precipitado polo descoñecemento do futuro Plan Estratéxico Global substitutivo do PEGSI, o certo é que o movemento asociativo galego está inquedo perante tal posibildade e comezan a darse as primeiras iniciativas.

Precisamente Ciberirmandade promove a campaña titulada «Pola democracia no software. Pola democracia no idioma» que propón o envío dun correo-e a diversos departamentos e autoridades da Xunta empregando este formulario.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

De seu, P2P non vulnera a LPI

David Bravo sinala que a resolución (un auto denegatorio de medidas cautelares) analiza a todos os suxeitos que poden intervir nunha relación P2P (o creador da ferramenta, o intermediario que fornece ligazóns, que neste caso é o demandado, e quen o usa) para concluír que ningún deles infrinxe dereito de propiedade intelectual.

O primeiro porque se trata dunha mera ferramenta de transmisión de datos, o segundo porque non explota ningún dereito de propiedade intelectual e o terceiro porque a súa actividade atopa acomodo no dereito de copia privada. Nada menos.

A nova, que no seu dia tivera moitísima repercusión mediática, polo de agora está reflictida en El Mundo e Público.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

OSREVOLUTION 09, na USC (20-24 xullo)

Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título «A Revolución do Software Libre» (OSREVOLUTION 09).

Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de Software Libre e do curso, respectivamente.

O curso está pensado para un público tanto xeralista interesado en coñecer máis en profundidade o Software Libre como a persoas afeitas á esta temática xa que permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos

O vindeiro sábado 27 de xuño terá lugar en Mugardos as VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos co seguinte programa:

Xornada de mañá

10:00 a 11:00 «Instalación Ubuntu – Galinux«; Oscar Amor
11:00 a 12:00 «Servidores Caseiros con GNU/Linux«; Alberto Permuy (Comunidade O Zulo)
12:00 a 12:30 Descanso
12:30 a 13:15 «Virtualización: QEMU«; Vieiro
13:15 a 14:00 «Distribución Trisquel GNU/Linux«;

Xornada de tarde

17:00 a 17:45 «A situación do Software Libre nas Empresas de Galiza«; Roberto Vieito (Asociación SwLibre Ghandalf)
18:00 a 18:45 «Licenzas libres e abertas«; Roberto Brenlla (Tegnix, SL)
19:00 a 19:45 «O Dominio .gal«; Camilo Regueiro (eu.gal)
20:00 a 20:45 «Seguridade no Correo Electrónico» Andrés Díaz;
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GHANDALF, novo GUGL galego

A Asociación GHANDALF (GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss) rematou recentemente o proceso de Constitución Legal no que estaba inmersa. Froito do mesmo, «alegrámonos de comunicar que existe un novo GUL Galego, o cal ten como arela máis fonda, tal como rezan os nosos Estatutos, “Colaborar na construción dunha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso do software e da información”«.

En próximas datas porán en marcha as primeiras actividades públicas da Asociación e  mellorarán a súa páxina web.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.

O obxectivo principal destas xornadas é dotar ao alumnado cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un mini-robot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único
prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada.

Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as
estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.

Só hai 50 prazas e se asignarán por orde de inscrición.

Máis información e material promocional:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das implantacións, recibíu retornos favorables do persoal que emprega este software multiplataforma.

O BB é un dos maiores usuarios corporativos de Software Libre no mundo. Practicamente todos os computadores das súas catro mil axencias, máis de 65 mil máquinas, utilizan GNU/Linux, Br-Office e Mozilla Firefox. As outras 35 mil máquinas que utilizan o Mozilla pertencen a órganos rexionais e dependencias da Dirección Xeral, utilizan Mozilla e Br Office, pero aínda non migraron a GNU/Linux.

En 2009, os terminais de auto-atención (TAA) tamén comezaron a ser equipados con software de código aberto. A iniciativa do BB conta co apoio das comunidades de software libre nacionais e internacionais, do goberno federal e de empresas.

Esta é a fonte da nova.

Opinión

A marca acadada é moi salientable a lo menos polos seguintes motivos:

  • É un proceso de instalación feita a propósito, con decisión firme pois o normal é ter equipos que veñen con software privativo.
  • Aínda máis salientable por ser unha elección dunha entidade que acumula grandes beneficios económicos, até en época de crise. Idéntico escenario (grandes beneficios) ten Petrobras e mailo seu poder económico comezou este mesmo proceso integrador de solucións libres. Polo tanto, non só hai motivacións económicas senón outras como liberdade e independencia.
  • Daquela, que debería facer quen xestione recursos públicos se ademais ten motivos éticos e legais (Constitución, LOPD, LSSI, lei de contratos públicos…)?
  • Como é posible que gobernos recentes e mesmo actuais sigan pedindo en concursos públicos marcas de software? Ademais de ser software privativo que non cumpre estándares de empresas sancionadas internacionalmente? Velaquí unha mostra dos requerimentos técnicos dun recente concurso público (DOG nº 95, 18 de maio de 2009), aprobado pola asesoría xurídica da Xunta con data 11 de febreiro de 2009, onde se pide expresamente software da marca de Redmond.

Insisto, a ignorancia non é eximente de culpa en responsables políticos pois contan con medios máis ca suficientes para dirixirnos. Ignorar programas e promesas políticas, ao seu electorado, ao resto da cidadanía ou aos múltiples informes técnicos elaborados polos diversos organismos públicos, déixaos na situación de cómplices conscientes, incumpridores, inconsecuentes e deplorables.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornada de SwL na Fundación C.E.L. (Lugo)

O vindeiro xoves 28.05.2009 ás 19.00 hs na Fundación C.E.L. en Lugo darei un novo relatorio, desta vez titulado «Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa«.

O evento terá lugar no Site (Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial) – Pazo de Feiras e Congresos ( olla o mapa).

Máis detalles nesta ligazón.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manifestos e apoios a prol do SwL, agardando aos feitos

Espero que sexa esta a penúltima entrada sobre o tema dos mini-pc, a lo menos ata termos a resposta definitiva.

Claro, vista a reacción da comunidade (tamén a galega) e até da asociación de consumidores FATUA (menea a nova), presionando a vaga declaración sobre a futura Escola 2.0, dan comezo agora os «manifestos» do PSOE asinado por diversas autoridades e gobernos socialistas, os programas electorais (IU, PP) e demais  parafernalias.

Cansos como estamos xa destas artimañas, só nos resta agardar aos feitos e seguir presionando para que a cordura prevaleza.

Para rematar deixo o derradeiro parágrafo do comunicado que fixemos por estes lares:
"...quen asinamos este documento esiximos unha educación pública con tecnoloxías e coñecementos libres, e non con software privativo como apuntan estas informacións; nin sequera como opción é admisible o software privativo.
Por todo isto apelamos a que vostede mostre a valentía necesaria para anticiparse ao inevitable: a liberdade acabará impoñéndose.
"

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Elephants Dream, a curta libre traducida ao galego

Elephants Dream é unha película aberta, feita enteiramente con aplicacións libres e abertas como Blender. Alén disto, todos os arquivos da produción están nlibremente dispoñibles onde sexa que queiras pois ten unha licenza Creative Commons. Dela sábese xa desde hai bo tempo.

Lendo nos foros de Blender, atópome con que hai unha tradución en galego feita por Adrián Chaves. Sobre este tema, Adrián sinala:

Si, fixen a tradución, pero coido que non vai subirse ao sitio web oficial (nin a miña nin ningunha outra). Semella que o proxecto xa quedou estancado. Algo que supoño que nos casos das obras artísticas, pode ter algo de sentido.

De todas formas, teño activo un torrent da curtametraxe con 33 subtítulos, incluídos os subtítulos en galego, e aberto a máis subtítulos.

O torrent podes atopalo nesta páxina:
http://thepiratebay.org/torrent/4797765/Elephants_Dream_[HD][English][33_subs]

Por se prefires descargar o filme pola túa conta (coido que no sitio web oficial do proxecto hai descarga directa dispoñible), anexo os subtítulos.

Para visualizalos, ben podes abrir o filme cun reprodutor e logo cargalos desde o programa, ou ben podes situar os subtítulos no mesmo cartafol que o filme e co mesmo nome (a maioría dos reprodutores cargan automaticamente os subtítulos cando o nome coincide co do filme).

Esta curta foi creada polo estudio Orange Open Movie Project, sito en Amsterdam, durante os anos 2005 e 2006. Para ilo contou cun diverso equipo de artistas e desenvolvemento de todo o mundo.

Tes máis información sobre esta curta aquí.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp