AGASOL anova a xunta directiva

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Sotware Libre) celebrou a súa asemblea xeral o pasado luns 20 de xullo. Entroutros temas, esta asemblea aprobou a necesidade de adecuación dos estatutos, o informe de actividades realizadas, o plan estratéxico para o período 2009-10, a creación de novos grupos de traballo e a continuidade en materia de […]

Presentacións na OSREVOLUTION’09

A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores. Modelos Negocio en Sw Libre Sw Libre na empresa galega: CTI TEGNIX, AGASOL asennadas

Ciberirmandade abre campaña a prol de Mancomún

Ciberirmandade da Fala lanzou a alarma sobre a ameza de desmantelamento de Mancomún. Maila non existir mención expresa a ilo “para ben ou para mal” na documentación referida ao consello da Xunta do 9 de xullo e que até poida parecer precipitado polo descoñecemento do futuro Plan Estratéxico Global substitutivo do PEGSI, o certo é […]

De seu, P2P non vulnera a LPI

David Bravo sinala que a resolución (un auto denegatorio de medidas cautelares) analiza a todos os suxeitos que poden intervir nunha relación P2P (o creador da ferramenta, o intermediario que fornece ligazóns, que neste caso é o demandado, e quen o usa) para concluír que ningún deles infrinxe dereito de propiedade intelectual. O primeiro porque […]

OSREVOLUTION 09, na USC (20-24 xullo)

Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de […]

VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos

O vindeiro sábado 27 de xuño terá lugar en Mugardos as VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos co seguinte programa: Xornada de mañá 10:00 a 11:00 “Instalación Ubuntu – Galinux“; Oscar Amor 11:00 a 12:00 “Servidores Caseiros con GNU/Linux“; Alberto Permuy (Comunidade O Zulo) 12:00 a 12:30 Descanso 12:30 a 13:15 “Virtualización: QEMU“; Vieiro […]

GHANDALF, novo GUGL galego

A Asociación GHANDALF (GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss) rematou recentemente o proceso de Constitución Legal no que estaba inmersa. Froito do mesmo, “alegrámonos de comunicar que existe un novo GUL Galego, o cal ten como arela máis fonda, tal como rezan os nosos Estatutos, “Colaborar na construción dunha sociedade do coñecemento baseada nos […]

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino. O obxectivo principal destas xornadas […]

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das […]

Xornada de SwL na Fundación C.E.L. (Lugo)

O vindeiro xoves 28.05.2009 ás 19.00 hs na Fundación C.E.L. en Lugo darei un novo relatorio, desta vez titulado “Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa“. O evento terá lugar no Site (Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial) – Pazo de Feiras e Congresos ( olla o mapa). Máis detalles nesta ligazón. asennadas

Manifestos e apoios a prol do SwL, agardando aos feitos

Espero que sexa esta a penúltima entrada sobre o tema dos mini-pc, a lo menos ata termos a resposta definitiva. Claro, vista a reacción da comunidade (tamén a galega) e até da asociación de consumidores FATUA (menea a nova), presionando a vaga declaración sobre a futura Escola 2.0, dan comezo agora os “manifestos” do PSOE […]

Elephants Dream, a curta libre traducida ao galego

Elephants Dream é unha película aberta, feita enteiramente con aplicacións libres e abertas como Blender. Alén disto, todos os arquivos da produción están nlibremente dispoñibles onde sexa que queiras pois ten unha licenza Creative Commons. Dela sábese xa desde hai bo tempo. Lendo nos foros de Blender, atópome con que hai unha tradución en galego […]