Anticiparse ao inevitable

As tendencias estanse a confirmar teimadamente e a regra natural hase cumprir: “quen se anticipe terá vantaxes competitivas, quen o faga ‘a tempo’ permanecerá practicamente inmóbil e quen demore xa pode ir pensando na súa propia defunción“. Adaptarse debe ser unha constante inquedanza. E sobre adaptacións coido que nada mellor que un bo exemplo: na […]

Liberado o proceso creativo da nova imaxe corporativa de TEGNIX

A anovación de TEGNIX comezada en 2007 contemplaba a incorporación dunha nova imaxe corporativa. Trala solicitude de orzamentos a diversos gabinetes de deseño e profesionais independentes, finalmente decidimos seguir a proposta feita por Claudio F. Filho quen recomendou ao profesor e amigo Daniel Confortin. Daniel traballa con ferramentas lbres (Gimp, Inkscape, Scribus) e conta con […]

Optimizando un kernel

Teño un portátil Dell XPS M1330 que véu cunha Ubuntu e agora o teño actualizado á versión 9.04. Case todo é de Intel (tarxetas de son, gráfica, rede, procesador…). É unha mágoa que un distribuidor de hardware como Dell non se tome a molestia de deixar optimizado o kernel dos seus equipos e sinxelamente instale […]

Por que NON extirpar Mono? (Ubuntu)

Onte escribín un artigo sobre o “dilema” Mono ofrecendo o parecer de Richard Stallman e, de estares de acordo co seu discurso, tamén daba o método para eliminalo do teu sistema. Moitas distros inclúen Mono na súa instalación por defecto, entre elas OpenSUSE, Debian e Ubuntu. Velaquí a posición que ten Ubuntu sobre o asunto […]

Lutero versus Stallman

Aproveitando a segunda xira de Richard Stallman (Galipedia, máis na Wikipedia-en) por terras galegas e a que estou lendo un libro que me recomendou Javier de la Cueva, vou dar unhas pinceladas á biografía de Martin Lutero (1483-1546). Confío que igual cá xente coa que xa compartín esta idea, con só mencionar uns detalles da […]

Intellipedia, a Wikipedia para espías

A axencia norteamericana CIA (Central Intelligence Agency) está protoganizar unha revolución tranquila en unión coas súas axencias irmás. Unha nova xeración de analistas decidiu entrar na de cheo na Web 2.0 para compartir información e favorecer o consenso interno. Para todo isto crearon Intellipedia. Segundo a Wikipedia, Intellipedia é unha rede de tres wikis internas […]

Na procura de fianciamento para axilizar os desenvolvementos

A Comunidade somos todos/as, desde quen desenvolve ou traduce ata quen usa ou exerce mecenado interesado. Acontece que nestes últimos dias estanse a producir iniciativas pro-activas co gallo de acadar o financiamento necesario para axilizar os desenvolvementos do SwL. Así, GNOME dispón da campaña “Became a friend of GNOME” (Faite amigo de GNOME) cos seus […]

Sentenza Copyleft en Pontevedra (Javier de la Cueva)

Javier de la Cueva fai unha análise dunha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra ditada o pasado 31 de xullo de 2008. Os feitos foron os seguintes: a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGA€) demandou ao establecemento El Monstruo de un Solo Ojo reclamándolle a cantidade de 1.325,70 euros como importe da música que […]

Historia de Internet

Unha historia de Internet é documental con gráficos animados feito por Melih Bilgil empregando gráficos e iconas PICOL. [gv data=”d0Wws8TI8oM”][/gv] O video abrangue a historia dende 1957 e atopeino nesta fonte. É moi didáctico e suficientemente breve (8:10 minutos) e de seguro que o hei utilizar nalgún intre. asennadas

Vida pública en Redes Socias, vida privada non

Son moitas as liñas escritas sobre o control que poden exercer sobre nós os sitios web que conforman redes sociais. É imposible negar a evidencia posto que, si, é certo, estamos espallando os nosos datos por varios e numerosos recunchos. O peor vén cando eses datos illados sen importancia son conectados e serven para obter […]

Cun emblemático do SwL como da Geek Squad

Onte fun compartir un tempo de amizade cunha persoa, que para min e para moita máis xente é unha emblemática do SwL no noso país, que ata hai ben pouco comandaba unha das iniciativas públicas que promocionan estas tecnoloxías e agora témolo adicado a outras obrigas algo distintas. Tiñámolo preparado desde dias atrás. O xoves […]

Teño un soño

E ese soño hoxe se está a cumprir (40 anos despois). Imaxe con licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 Unported e da