O regreso de WindowMaker

Vinno anunciado en varias páxinas mais agora, tras atopalo de novo A Facebook A Twitter

I FSL Luanda (080625-26), xusto antes do evento

Xentes, xa estou de volta na Coruña!

Por mor do evento en si, os compromisos e maila viaxe de volta non puiden escribir nada e menos conectarme a internet.

Polo de agora deixo un video feito desde o asento traseiro do coche de Mauro amosando a viaxe de retorno ao hotel desde un restaurante que ‘factura por peso’.

Deixo tamén un video que require unha outra entrada no blog porque ao final pasamos un gran susto que marcaría o resto da miña estadía na Angola.

 

Corinto Meffe ten a súa propia opinión, non exactamente compartida por min. Por exemplo, non concordo con el cando di que «Mauro foi obrigado a sair do carro a discutir…» porque Mauro saiu voluntariamente do seu carro.  Ou tamén cando sinala que » Em função do susto do Roberto ficamos com pouca mobilidade pela cidade e passamos boa parte do tempo no quarto do hotel«. Acho que só eu, teimosamente certo, quixen ficar no hotel mas iso non supuxo ningunha obriga a ninguén a seguir a mesma actitude.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Israelitas e Palestinos unidos por proxectos TIC

Durante a miña pasada intervención na Cova da Terra, unha das asistentes, nomeadamente Saleta, quixo que afondara nalgo concreto: a colaboración entre israelitas e palestinos grazas a proxectos TIC.

Ata ese dia só sabía do caso OpenOffice.org no cal os dous pobos traballaron conxuntamente por mor dun mesmo problema: a súa escrita vai de dereita á esquerda. Daquela actuaron con lóxica posto que perante un problema común procuraron unha solución conxunta.
Hoxe souben que en Ramallah, vila ben coñecida nos medios como continuo foco de enfrontamentos, está unha start-up á que The New York Times lle adica este artigo.

Ghost Inc. é unha empresa que desenvolve o G.ho.st (Global Hosted Operating SysTem), unha especie de WebOS (Sistema Operativo Web) con escritorio virtual xa que sempre se está ante unha páxina web. Este servizo en Internet que ofrece:

  • integración web con tercerias aplicacións,
  • 3 GB para servizo de correo-e, calandario, contactos,
  • 5 GB de espazo en disco duro virtual,
  • widgets,
  • multi-idioma, etc.

Tes máis ligazóns e información na Wikipedia.

Hai tempo que este tipo de tecnoloxía (WebOS) está presente con diversas alternativas, sempre seguindo o paradigma SaaS (Software as a Service, Sw como servizo). Porén este caso chama a atención porque os israelitas e palestinos foron quen de unirse para levar adiante un proxecto TIC esquecendo as diferenzas que acotío lles separan.

Sobre a controversia do futuro das licenzas libres ante un escenario SaaS escribirei noutro intre pois considero que merece un capítulo aparte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Guerra non declarada

favela.jpgVeño de ver a película Ônibus 174 grazas ás 13 partes na que a dividiu Guerrilha74, persoa tamén interesada nas favelas e maila súa ampla contorna de causas e efectos. Ônibus 174 é un documental, se cadra sinxelo demais, feito no 2002 por Jose Padilha, o mesmo director da premiada Tropa de Elite, seguindo nesta última os consellos recibidos de Fernando Meirelles, director de Cidade de Deus. Outro bo documental é este titulado Notícias de uma Guerra Particular.

Esta temática faime meditar sobre varios aspectos desta dura realidade:

  • Favela é complexidade. Porén, a solución tería que enfrontar aspectos como
Chuzame! A Facebook A Twitter

Desculpas oficiais: I love you too, Galego!

O presidente fundador de Mozilla Europe, Tristan Nitot, recoñece ter falado do Firefox en galego sen saber: The truth is actually much simpler : I just did not know, e recoñece o seu erro: I honestly did not want to sound controversial to the Galician community.

A fonte apunta cara esta entrada do blogue de Tristan Nitot onde explica o seu punto de vista do acontecido. Pola súa banda Mancomún publica un comunicado oficial feito polo seu coordinador, Suso Baleato.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Denunciei (presunta) violación da GPL

Merquei un disco duro multimedia Differo que semella ser a marca de distribución en España do HMR-700A da coreana Elliot Digital Inc.

Mentres fedellaba con el chamoume a atención algún directorio do estilo ‘tmpfs’, as barras separadoras do estilo *nix, é dicir ‘/‘ e cousas así. Polo tanto non foi moita sorpresa conectar vía USB ese disco duro ao meu portátil e atopar directorios montados cos nomes «lost+found» ou até un evidente «LinuxUDF».

Procuro en todo o material que me deron (guía impresa, mini-cd con instrucións…) e nada atopo de GPL, nin de Linux, nin gaitas…

Tras isto consulto con Víctor Salgado (avogado-socio de Pintos & Salgado) e a súa resposta foi clara:

En canto ao asunto que me comentas do Disco Duro, semella evidente outra nova violación da licenza GNU, dado que teñen a obriga de publicar os seus traballos e/ou desenvolvementos con base na mesma e incluíndoa expresamente.

Isto xunteino ao seu traballo que publiquei nesta entrada que inclúe este perágrafo:

«Por exemplo, se se distribúen copias dun destes programas, sexa gratuitamente, ou a cambio dunha contraprestación, débese dar aos receptores todos os dereitos que se teñen sobre a mesma. Débese asegurar que eles tamén reciben, ou poden conseguir, o código fonte do programa. E débense mostrar estas condicións de forma que coñezan os seus dereitos.»

Estes feitos foron comentados onte durante a comida de TEGNIX e non houbo unanimidade… Porén tras o que me dixo Víctor Salgado, experto nesta materia, decidín contactar coa empresa coreana para logo decontado dicilo á GPL-Violations nesta mensaxe (contén erros de inglés escrito ás presas).

Veremos como remata a cousa. Teño curiosidade por saber se estou errado ou se hai un novo caso de incumprimento da GPL.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rede Social de Hackers

House of Hackers é unha rede social para que os hackers teñan un punto de encontro, formen grupos e debatan asuntos de seguridade.

De acordo co blog gnucitizen.org, a rede é exclusiva e apoiará a cultura e o modo de vida hacker, coas súas ideoloxías e visións políticas, adicándose principalmente á formación de opinión na esfera de seguridade.

Ademais de crear grupos, os especialistas da House of Hackers terán oportunidade de prestar servizo ás empresas, que poderán recrutar probadores de seguridade ou analistas directamente pola rede social.

Através de taxas aceptadas pola inserción de novas vacantes, os responsables da rede social patrocinarán programas de investigación que deben ser iniciados en breve, aínda que o programa estea nas súas fases iniciais de desenvolvemento.

A web Heise Security cre que esta iniciativa pode ser vista con malos ollos polas autoridades ao temeren que o doado acceso á informacións poida ser usado para o mal, promovendo invasións, por exemplo.

Vindo de onde vén, tal crítica significaría que esta rede xa non sería de hackers senón de crackers, o cal ben saben que non é o mesmo.

Fonte.

asennadas

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Turismo nas Favelas

A raíz dunha nova que me comentou o amigo Hermo souben dalgo estraño polo novidoso e até chocante da iniciativa. Acontece que se hai axencias de viaxes que teñen na súa oferta facer turismo nas favelas do Rio de Janeiro.

Daquela, a raíz da nova que me comentou Manuel, fun atopando cousas como:

  • Favela Tour
  • O artigo «Turismo e favela: reflexões sobre ética e fotografia«
  • Outro titulado «É interessante promover a favela como destino turístico?«
  • Outro Favela Tours
  • e varios máis que xa deixo á pesquisa de cada quen.

Todo isto véu a colación pola película brasileira Tropa de Elite, na contorna da loita contra a delincuencia e mailo tráfico de drogas e armas por medios policiais extremos (BOPE, Batalhão de Operações Especiais).

Acontece que comezan xurdir críticas contra esta nova forma de turismo alternativo, ben distinto ao turismo ecolóxico, ao tildalos como incentivadores da delincuencia e co agravante de ofrecer unha imaxe indesexable do país. É que os turistas poden chegar a facerse fotos cos capos que trafican con drogas e armas…

Se cres que todo é película, olla este video:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Iron Man loita contra terrorista de código aberto

O enfrontamento existente no mercado TIC está moi presente en ‘Invincible Iron Man‘ (O invencible Home de Ferro), a película do coñecido heroe da serie Marvel que se estrea neste dias.

O curioso do tema é que o protagonista, Tony Stark, o empresario-heroe multimilionario, enfróntase ao vilán descrito como «terrorista do código aberto«.

No Universo Marvel, con personaxes tan coñecidos como Capitán América, Hulk, Spiderman, etc, Tony Stark (Ironman) está do lado das grandes empresas. O guionista, Matt Fraction, comenta que na revista electrónica Comic Book Resources:

«O mundo é perigoso e, apesar de todos os seus avances, a tecnoloxía conleva novos perigos. Está o lado bo e o lado malo, e Tony non quere asumir esa responsabilidade. É unha gran responsabilidade, daí que en Invincible Iron Man #1 vemos que cando a tecnoloxía é empregada para propósitos nefastos Tony o sente profundamente.«

O primeiro inimigo na nova serie é Ezekiel Stane (Zeke), fillo dun antigo adversario de Stark, que Fraction describe como:

«O código aberto frente ao código pechado de Stark. El non ten cuartel xeral, non ten base, non ten conta bancaria. Totalmente fóra do sistema, flexible, móbil. Iso vai totalmente contra a sabedoría empresarial de Tony, o xeito que el aprendeu de fazer as cousas – con bancos, advogados, industrias, probas-. Stane é diferente. Ele é máis esperto, máis móbil, com reaccións máis veloces.

(…)

Zeke é un home de negocios post-nacional, un tipo de terrorista de código aberto«.

Souben desta nova lendo dias atrás en Slashdot e hoxe de novo en NoticiasLinux.com.br.

A verdade é que escoitei varios tipos de FUDs referidos ao SwL sen que nunca chegaran superar o do calificativo ‘comunista‘. Agora si, até somos ‘terroristas‘!

Actualización

Subliño que o que vin da pelí nada semella o que pode acontecer cos comics. Nela vin como o protagonista aparecía nunha foto con Bill Gate$ por mor de ser proclamado como o inventor da plana base e, se cadra, un escritorio semellante oa KDE na escena de Pepper, a secretaria de Tony Stark, no copiado de arquivos secretos da empresa armamentística.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Procesión Camino del Calvario (de los Borrachos -para algunos-)

He decidido escribir en castellano motivado por mi reciente paso por la manchega ciudad de Cuenca.

Tras segregar ingentes cantidades de adrenalina en las más emblemáticas atracciones de Port Aventura regreso con la familia a Coruña pasando antes un par de días por Cuenca, coincidiendo con su famosa Semana Santa. Es famosa por sus jornadas de música sacra y sus procesiones religiosas, singularmente por la Procesión Camino del Calvario, conocida por algunos como Procesión de los Borrachos, algo que evidentemente deploran los conquenses.

Según me ha comentado mi amigo Miguel, esta antigua procesión refleja el camino al calvario de Jesús cargando su cruz mientras sufría los improperios de los que presenciaban su ejecución. En sus orígenes nadie deseaba insultar a la adorada imagen por lo que fueron obligados los plebeyos. Éstos, para hacer más llevadera esta orden, se resignaban a ejecutarla lo más inconscientemente posible, bebiendo hasta la saciedad.

En la actualidad, especialmente en los últimos años, la procesión se ha convertido en un peregrinaje de gentes ávidas de juerga que, tras el paso de la última procesión del jueves, pasan toda la noche bebiendo para así permanecer despiertos aguardando la mencionada procesión, ya al alba del viernes.

Sin embargo, la devoción religiosa conquense es profunda. Como muestra me ha resultado llamativo saber que los costaleros de los más preciados pasos suelen llegar a pagar, mediante subasta, cantidades que pueden alcanzar los tres mil euros…

Dejo uno de los videos que he grabado donde se aprecian las turbas, los borrachos, los estruendos de los tambores, los burlescos cornetines y el recorrido final repleto de público entrando en la plaza Mayor rumbo a la catedral.

¡Que lo bailen, que lo bailen!

Chuzame! A Facebook A Twitter

A miña andaina no SwL (LinuxMaster no ’99)

Confirmando o titular do anterior artigo desta serie, o ano ’99 foi un ano tan intenso que concluiría cun LinuxMaster en Global, Centro de Especialización Informática y de Empresa, creo que desparecida actualmente. O profesor fora Luis Muelas, o mesmo que me propuxera facer unha distro un tempo despois e ao que eu chamara no 2003 para crear unha asociación. De feito consta como socio fundador de AGNIX aínda que a súa estadía na asociación fora efímera demais.

No ’99 xa dispoñía de tempo libre dabondo para adicarme ao SwL. Estaba coa filla polas mañás, daquela con dous aniños, e pola tarde no negocio do meu pai. Alén diso, comezábamos a sair da inestabilidade financieira na que nos atopábamos. Con todo, estaba en condicións ideais para practicar a reo.

Dado que non puiden atopar xente coa que compartir coñecementos, facer o LinuxMaster supoñía unha oportunidade que non podía deixar escapar. O curso comezaba en outubro coa intalación e administración de distribucións, basicamente Slackware, RedHat e SuSE. Decidín no ir porque cría ter os coñecementos suficientes nese apartado concreto. Si fixen o de Traballo en Rede e mailo de Arquitectura cliente/servidor, todo baixo GNU/Linux. Desilusionoume bastante sermos só dous alumnos, eu moi ilusionado, até apaixonado, e outro cun recente título de FP que fora por ir, sen máis.

Aínda así, aprendín moito, con certeza, pois non hai nada como ollar a outro manexando o teclado e preguntarlle continuamente «e iso como se fai?«. Instalamos Postgres, Webmin, conectamos redes por NFS e Samba, accedimos por telnet e ssh, configuramos sudo, abrimos accesos para traballar remotamente con aplicacións gráficas… En resumo, moi ben polo aprendido e ruinoso no canto de atopar xente con inquedanzas afíns.

Con estas experiencias e á beira dun novo milenio fun meditando comezar Enxeñaría Informática Técnica pola UNED… mais iso acontecería no 2000.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A miña andaina no Sw Libre (’99 foi o ano intenso)

Kernel PanicNo ’99 comecei a tomar anotacións regularmente en libretas. Tomeino tan en serio que tan só nese ano completara máis de tres! Todas cheíñas de cousas que consideraba esenciais para a miña aprendizaxe.

Así, por exemplo, enumero algunhas cousas que agora me chaman a atención:

  • Ao LILO (LInux LOader) sempre lle engadía append="mem=128M" para que recoñecera os meus abraiantes 128MB de RAM, tralo cal había que non esquecer executar lilo -v. Obviar ese comando podería significar o non arranque do sistema!
  • Facía probas con múltiples particións e sistemas operativos. Cheguei a ter M$-win, M$-NT, dous GNU/Linux e un FreeBSD. Nada funcional, só para fedellar.
  • Axustar manualmente as frecuencias para as distintas resolucións de pantalla do meu monitor tras unhas configuracións xerais por XF86Setup.
  • Probar distros e distros (isto durante varios anos!)
  • Conectarme á RTB de Arrakis tras configurar o meu módem SupraExpress 56e Pro empregando o programa minicom e editar arquivos como o /etc/ppp/options ou pap-secrets.
  • Axustar a variable de contorna xeral PS1 para dispor de prompts en cores, numerados… en fin, personalizados.
  • Configurar a impresora editando co joe o arquivo /etc/printcap e probala despois con lpr para imprimir, lpq para examinar a cola de impresión…
  • Compilar un kernel desde as fontes cando cada compilación demoraba arredor dunha hora. Alguén lembra do comando make mrproper, ou usar o Don Limpio antes de instalar un novo núcleo? As seguintes ordes eran make xconfig, make dep, make clean, make bzImage, make modules, make modules_install…
  • Sufrir unhas cantas veces un kernel panic.
  • Aprender que o importante para configurar unha tarxeta de son é o chip que leva. Para que a miña tarxeta de son rulase, unha SoundBlaster 128 PCI, compilei o kernel 2.0.36 (?) para os drivers ESS1370. As seguintes tarxetas da mesma marca e nome levaban a ESS1371… Ao fin, puiden facela rular en agosto, medio ano despois de mercar o PC.
  • Idem coa sintonizadora de TV, unha Avermedia que rulou co driver bttv e o programa xawtv. Até puiden decodificar o Canal + con fins educativos grazas á aplicación xawtv-nagra.

Creo que non esaxerara nun artigo anterior ao dicir que a miña aprendizaxe fora vertixinosa. É que viña da case que ignorancia informática!

No seguinte artigo seguirei aínda no ’99 pois, a pesar da compaña de Manuel Pumar as fins de semana, non puiden contactar con máis xente interesada. Ben, a verdade é que xa tiña coñecido algunha nunha Arroutada Party da Coruña o ano anterior, o ’98… mas não deu certo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp