Anticiparse ao inevitable

As tendencias estanse a confirmar teimadamente e a regra natural hase cumprir: “quen se anticipe terá vantaxes competitivas, quen o faga ‘a tempo’ permanecerá practicamente inmóbil e quen demore xa pode ir pensando na súa propia defunción“. Adaptarse debe ser unha constante inquedanza. E sobre adaptacións coido que nada mellor que un bo exemplo: na […]

Clonando con DRBL e Clonezilla (usando multicast!)

Nas listas de correo Softlibre-edugal Vili Cedeira puxo unha atractiva mensaxe da súa experiencia clonando equipos grazas a este artigo que amosa como clonar equipos con DRBL e Clonezilla. Parte desa mensaxe di: “Eu conseguín clonar 14 equipos DELL 740 á vez (todo o disco duro, cunha partición de windows e outra de linux) nun […]

Velocidade de resposta ante problemas de seguridade

Slashdot sinala que vendedores de software privativo, neste caso Microsoft e Cisco, finalmente publicaron os seus parches para vulnerabilidades no protocolo TCP tras un ano de coñecerse! Esas vulnerabilidades afectaban a todos os dispositivos de Cisco que executasen o software IOS e un elevado número de sistemas Microsoft, tanto servidores como de escritorio. Esta última […]

Liberado o proceso creativo da nova imaxe corporativa de TEGNIX

A anovación de TEGNIX comezada en 2007 contemplaba a incorporación dunha nova imaxe corporativa. Trala solicitude de orzamentos a diversos gabinetes de deseño e profesionais independentes, finalmente decidimos seguir a proposta feita por Claudio F. Filho quen recomendou ao profesor e amigo Daniel Confortin. Daniel traballa con ferramentas lbres (Gimp, Inkscape, Scribus) e conta con […]

Apollo 11 publica os seus códigos fontes

Para comemorar o 40º Aniversario do “Home na Lúa” foron publicados os códigos fontes do módulo de comando código (Comanche054) e módulo Lunar código (Luminary099). Estes programas poden ser executados grazas ao emulador do AGC (Apollo Guidance Computer) do proxecto Virtual AGC and AGS e o propio AGS co seu código dispoñíble en Google Code […]

Google ten varios socios para o seu Sistema Operativo

Google conta con varios socios do sector hardware para apoiar o lanzamento do seu sitema operativo, o anunciado Google Chrome OS. Entre estes socios hardware destacan Acer, Asus, HP, Freescale, Lenovo, Qualcomm, Texas Instruments, Toshiba e tamén Intel. Chamativo é o feito de que Adobe estea interesado en colaborar creando aplicacións ofimáticas online. É incuestionable […]

Google Chrome OS, sistema operativo

Tralo esforzo feito nos últimos anos por Google para desenvolver un máis ca competente conxunto de aplicacións baseadas na web e maila presentación de Google Chrome hai nove meses, finalmente é oficial: Google está desenvolvendo o seu propio sistema operativo, chamado Google Chrome Operating System ou Google Chrome OS. “A nosa intención é volver pensar […]

De seu, P2P non vulnera a LPI

David Bravo sinala que a resolución (un auto denegatorio de medidas cautelares) analiza a todos os suxeitos que poden intervir nunha relación P2P (o creador da ferramenta, o intermediario que fornece ligazóns, que neste caso é o demandado, e quen o usa) para concluír que ningún deles infrinxe dereito de propiedade intelectual. O primeiro porque […]

Nokia con Android?

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones. Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez […]

Noruega, SI ao ODF, NON ao OOXML

Souben por Jomar Silva que Noruega vén a engrosar a lista de países que oficialmente adoptan o ODF (OpenDocument Format) como estándar de formato para documentos. O goberno noruegués fixo unha contundente declaración no seu novo catálogo de normas: “As empresas públicas non deben usar outros formatos de ficheiro dsitintos ao ODF (versión 1.1) e […]

Blueman, completo xestor Bluetooth

Blueman é un xestor Bluetooth feito en GTK+, licenza GPLv2,  deseñado para ser sinxelo e intuitivo nas tarefas habituais: Conexión poro 3G/EDGE/GPRS vía perfil DUN. Conéctase e crea redes bluetooth Conéctase a dispositivos de entrada Conéctase a dispositivos de audio enviando/recibindo/navegando ficheiros vía OBEX Blueman intégrase perfectamente co Network Manager 0.7 en GNOME, facendo doadas […]

Teambox, xestión colaborativa de proxectos

A plataforma Teambox permite organizar grupos de traballo gratuitamente na súa versión hosted, sen máis que crear unha conta de usuario e invitar ao resto do grupo. Tamén está dispoñible para instalar no teu propio servidor na súa versión libre con licenza Affero GPL v3. En Teambox, a diferenza de Google Docs, a unidade básica […]