Actualizando o N800 a OS2008

Rulará o software GPS Navicore? Isto non aconteceu coa versión beta e polo que poiden ler por aí agora si o fai.

A verdade é que lle estou a dar unha nova oportunidade ao N800 pois ao pouco tempo do que dispoño para fedellar en trebellos engádese a dificultade de sincronización. Verei se isto mellora ou só o hei empregar como GPS e pouco máis.

Nesta ligazón atopo as versións do sistema operativo. Descargo a actual versión:
RX-34_2008SE_2.2007.50-2_PR_COMBINED_MR0_ARM.bin

Nesta outra descargo o flasher. Han pedir os 12 díxitos de control do nº de serie do N800. Pódese atopar na caixa, baixo a batería ou WLAN MAC address no Control Panel > Device > About Product.

Respecto do Navicore atopei esta ligazón onde recomendan desactivar a licenza antes de facer o flashing. Temo moito esta operación posto que Navicore foi mercada por Nokia e agora chámase Wayfinder. Alén diso comentan que non se poderá volver emrpegar o devandito Naviocre pois como tal no existe senón a aplicación Map que vén co OS2008 e descargar os mapas vía WLAN.

Desenchufo e apago o Nokia N800 e logo o conecto ao portátil vía USB e confirmo que o flasher e mailo S.O. teñen permisos de execución (chmod +x). Isto e o demais é semellante ao feito noutras ocasións.

Reiniciou soíño desta vez sen ter que desconectar o USB.

A rapidez do arranque mellorou moito, con certeza, e súbito vou ao que me interesa, os mapas e mailo GPS. Vou a Aplicacións > Mapas > Mapas Dispoñibles e selecciono España e Portugal (~192 MB). Está a descargalo... namentres visito mywayfinder.

Descargouno rapidamente. Procuro sincronizar con Bluetooth o meu trebello GPS e saiume unha mensaxe de que o Wayfinder é un servizo de pago (hai demo gratuita) e pídeme a licenza. Introduzo a mesma que tiña de Navicore e semella que a acepta pois decidiu reiniciar a aplicación para que tamén eu acepte a licenza.

A vinculación do GPS por Bluetooth faise doadamente a través do administrador de conexións.

Semella todo OK ;-)

Chuzame! chuzame -

N800, un novo ‘flashing’ que trae Skype…

Agora teño a versión 3.2007.10-7 segundo me aparece en Tools > Control panel > About product e penso actualizar o N800 á nova versión que inclúe Flash, Skype... e outras novidades.

ssh root@192.168.1.3 (a IP actual do N800)
root@192.168.1.3's password: contrasinal_root

cd /etc/apt
cp sources.list sources.list-ben
cp trustdb.gpg trustdb.gpg-ben
cp trusted.gpg trusted.gpg-ben
rm trusted.gpg~

Nokia-N800-10:/etc/apt# ls /media/mmc1
Navicore navicore_n800_armel.deb

Nokia-N800-10:/etc/apt# cp *-ben /media/mmc2

Descargo flasher-3.0:
Pídeme o nº de serie de 12 díxitos. Na caixa di SERIAL NUMBER 00194F9E9DD2 (idéntico ao que figura ao abrir a tapa posterior do dispositivo, na liña WLAN) Evidentemente, o devandito nº non é o meu real, tan só un posto a nivel ilustrativo.

Descargo o flasher (86,1 MB). Desenchufo e apago o Nokia N800, logo conéctoo ao portátil vía USB.

Fixen no portátil:
chmod +x flasher-3.0

sudo ./flasher-3.0 -F RX-34_2007SE_4.2007.26-8_PR_COMBINED_MR0_ARM.bin -f -R
Password:
flasher v0.8.7 (Oct 17 2006)

SW version in image: RX-34_2007SE_4.2007.26-8_PR_MR0
Image 'kernel', size 1316992 bytes
Version 2.6.18-200724osso1
Image 'initfs', size 1704576 bytes
Version 0.94-13
Image 'rootfs', size 87162880 bytes
Version RX-34_2007SE_4.2007.26-8_PR_MR0
Image '2nd', size 8064 bytes
Valid for RX-34: 1301, 1302, 1501, 1502, 1503, 1504, 1601, 1602
Version 1.1.6-5
Image 'xloader', size 9088 bytes
Valid for RX-34: 1301, 1302, 1501, 1502, 1503, 1504, 1601, 1602
Version 1.1.6-5
Image 'secondary', size 95872 bytes
Valid for RX-34: 1301, 1302, 1501, 1502, 1503, 1504, 1601, 1602
Version 1.1.6-5
Suitable USB device not found, waiting

Arranco o N800 co cabo USB conectado ao PC e amosa as mensaxes:

USB device found found at bus 004, device address 010
Found device RX-34, hardware revision 1301
NOLO version 1.1.6
Version of 'sw-release': RX-34_2007SE_3.2007.10-7_PR_MR0
Sending xloader image (8 kB)...
100% (8 of 8 kB, avg. 591 kB/s)
Sending secondary image (93 kB)...
100% (93 of 93 kB, avg. 13375 kB/s)
Flashing bootloader... done.
Sending kernel image (1286 kB)...
100% (1286 of 1286 kB, avg. 14615 kB/s)
Flashing kernel... done.
Sending initfs image (1664 kB)...
100% (1664 of 1664 kB, avg. 16319 kB/s)
Flashing initfs... done.
Sending and flashing rootfs image (85120 kB)...
100% (85120 of 85120 kB, avg. 6479 kB/s)
Finishing flashing... done

O N800 apágase e logo arranco de novo sen conectalo por USB. Teño que elixir de novo o idioma, axustar a hora e selección do teléfono. Atopou o meu Nokia N73 e pide que introduza o mesmo código numérico (de catro cifras, por exemplo, 1234) no teléfono. Acepto a vinculación no teléfono e acto seguido configuro o operador no N800.

Ademais teño que actualizar todos os meus repositorios, sw... Se quixera facer desenvolvementos sería máis complexo.

Principais repositorios para o N800:
http://maemo.org/maemowiki/ApplicationRepositories e estoutros 25 nesta listaxe.
Para min a primeira aplicación a instalar é a SSH: Osso Xterm e SSH (Servidor e Cliente).
#maemo:name Maemo repository
deb http://repository.maemo.org/ bora free non-free extras (para osso-xterm)

Para instalar SSH preciso activar nesta versión o modo 'Red Pill' (tes o modo 'Blue Pill' para desactivalo). E, como non podía ser doutro modo, vou a Ferramentas > Catálogo de Aplicacións, clico en 'Novo' e poño exclusivamente "matrix" (sen comiñas e sen http://) no campo do enderezo web, elixo "Cancelar" e logo e elixo Red Pill.

-abro consola no N800 Aplicacións/Extras/Xterm
-ifconfig (e ollo o seu enderezo IP)

ssh root@192.168.1.3
root@192.168.1.3's
password: rootme

Troco os contrasinais de 'user' e 'root':
-passwd user (poño o que queira dúas veces) => puxen 'contrasinal_user'
-passwd root (poño o vello contrasinal e mailo novo) =>'contrasinal_root'

Probo a facelo como usuario normal para crear un directorio de sincornización que nomearei como 'sincro':
ssh user@192.168.1.3

user@192.168.1.3's password:

BusyBox v1.1.3 (Debian 3:1.1.3-3.osso17) Built-in shell (ash)
Enter 'help' for a list of built-in commands.

~ $ ls
MyDocs apps
~ $ cd MyDocs/
~/MyDocs $ ls
~/MyDocs $ mkdir sincro
~/MyDocs $ exit
Connection to 192.168.1.3 closed.

A pesares de vir no menú principal a aplicación privativa Skype, tes que instalala co xestor de sw.

Máis virá noutro intre ;-)

Chuzame! chuzame -

Conseguido: software do GPS tamén para GNU/Linux !

A longa historia ao redor da actualización do software e mapas que a empresa Navicore inclúe no GPS do Nokia Internet Tablet N800 chega ao seu remate. Recibín esta mensaxe:

Dear Sir,

you can now install Navicore Personal to your Nokia Internet Tablet
without the Windows installer by copying the needed files (from the link
below) into a memory card. Please follow the instructions on this link:
http://www.navicoretech.com/Consumer/Support/Downloads/tablet/en_GB/tablet/

Que bom! :-D

Paga a pena reclamar e insistir para que nos fagan caso. E non é o primeiro caso no que se acade éxito...

Chuzame! chuzame -

O software GPS para o Nokia N800 *NON* precisa window$

O conto do software para o GPS no meu N800 semella rematar cunha solución non axeitada ao meu desexo pero solución ao fina e ao cabo.

Houbo outra persoa que tamén criticou o que eu comentei no anterior artigo sobre este tema e solucionouno grazas a Wine.

A seguir deixo as mensaxes que nos enviamos:

> Dear Sir,
>
> we have had a similar case with one Linux user - he was able to run both
> Navicore applications (installer and updater) with Ubuntu 7.04 and Wine
> 0.9.33 (compatibility layer for running Windows programs). If you do not
> have any possibility to run the Navicore applications on Windows PC, you
> can try to install Wine ->
> http://www.winehq.org/

Thank you Karel !

Of course I already knew this possibility, althouth it is not exactly
what a customer needs from a software provider. Any way, I really
appreciate your effort and kindness answering to me very quickly.

I hope that my suggestion can make your enterprise think about develop
for 'all' their customers, not only for windows users.

Once again, sincerely, thank you very much.

Roberto Brenlla

Chuzame! chuzame -

O software GPS para o Nokia N800 precisa window$ !

Incrible! Un produto que executa unha versión de Debian, dispón de desenvolvemento libre a través do proxecto maemo.org sobre o cal dispón aplicacións libres ben coñecidas como o Gaim ou xterm, tamén precisa de window$.

A historia vén do módulo GPS que merquei para el. Medra a utilidade deste fantástico dispositivo móbil pero para actualizar este software do GPS terei que empregar sw privativo.

A propia Navicore, empresa fornecedora do sw para o GPS, así o di. Deixo a seguir tanto a súa resposta como a miña:

> Dear Sir,
>
> we have just received a reply from our product development department
> regarding the compatibility of Navicore update service with Mac and
> Linux operating systems - the problem is simply that unfortunately there
> are not enough users for it to be worth the manpower for Navicore to
> make installations for these operating systems.

Thank you for your answer.

I'm going to publish it everywhere I can such as Nokia project
'maemo.org', core of Nokia N800 for which I bought your GPS software.

Remeber that Nokia N800 runs Linux... amazing!

Best regards

--
Roberto Brenlla

Chuzame! chuzame -

Nokia N800 with Navicore Personal 2007 GPS

O meu achegamento ao GPS que recibín aínda onte está a ser moi doado: é intuitivo, directo e moi completo. Probeino unha hora, paseino no coche e probei outra hora máis e xa lle teño collido o xeito para o principal que de antemán quería. Iso xa está!

Agora veñen outras cousas a probar e até pensar no futuro, refírome ás actualizacións. Pois ben There are no monthly or any other types of fees which have to be paid to access and use maps. Maps and traffic information can be upgraded for a fee, é dicir, usar os mapas que trae non custa porén as actualizacións de tráfico e mapas poden ter unha tarifa. O amigo capri99 di que poden ser uns 40-60 euros/ano alén dalgunhas cousas máis... durante a recente viaxe ao III CISL de  Badaxoz.

O que me mosqueou é como son as actualizacións que facilita a empresa que fornece o software que controla os mapas de Tele Atlas e mailo GPS, a Navicore. As actualizacións só están dispoñibles para Hasecorp! Cómo é posible isto? Estouno a empregar nun N800 que rula co Internet Tablet OS 2007 do proxecto maemo.org, unha Debian modificada!

Nem bem assim. O N800 leva o Google Talk e este só está rulando con usuarios de Hasecorp... estando baseado no estándar aberto XMPP-Jabber! Así que a videoconferencia terá que agardar. E xa estamos agardando unha chea de tempo, oficialmente dende o 24 de agosto de 2005! Por que non temos o ekiga?

Volvendo ao Navicore, a empresa do software que manexa mapas co GPS. Escribínlles e xa me respostaron. Esta foi a mensaxe e resposta:

> Phone Model *: Nokia N800 Internet Tablet
> Operator *: Orange PCS ltd
> Map Area: Navicore Personal Iberia
> Program version: 2.3
> Map version: TA2006.07
> Support request *: Hi,
>
> I use my Nokia N800 with Navicore Personal 2007 and
> like N800 does NOT has MS-Windows as its operating system, I do NOT
> use any product of Microsoft. I use Ubuntu GNU/Linux so... How can
> I update my Navicore ?

>
> Although I know lots of people uses MS, not
> everybody does... so... Should I have to buy an MS OS too? Why?
>
> Please, think about this users discrimation (Mac,
> any Linux flaver... ) and bring us a solution, please.
>
> Thank you in advance for your answer,
> R. Brenlla

>
Dear Sir,

thank you for contacting Navicore and for your suggestion.
It has been handed over to our product development department. We will
inform you whether Navicore is preparing update page compatible also
with MAC or Linux PCs as soon as we receive some information from them.

Best regards,
Navicore customer service

Esperemos que non sexa unha resposta para escurrir o bulto. :-/

Chuzame! chuzame -

xterm, ssh… e sincronzación no N800

Seguindo co amosado na primeira e na segunda parte da actualización no meu Nokia Internet Tablet N800 comento como acadar a sincronización co Evolution namentres non rematen proxectos en curso para facelo automaticamente.

Os repositorios están nesta ligazón. Engádoos de xeito gráfico coa mesma ferramenta que trae o N800. Actualizado isto, póñome a instalar as ferramentas esenciais: Osso Xterm e Dropbear SSH Servidor e Cliente.

Tamén podes evitar engadir os repositorios indo directamente á páxina de aplicacións dispoñible na propio portal do proxecto maemo.org e ir premendo nas ligazóns para instalar o que queiras posto que vanse engadindo os repositorios xunto cos paquetes que instalas.

Ben, á ácción:

Abro consola no N800 Aplicacións/Extras/Xterm
-ifconfig (e ollo o seu enderezo IP, por exemplo a 192.168.1.3)

No portátil abro tamén unha consola e tecleo:

ssh root@192.168.1.3
root@192.168.1.3's
password: rootme

Estou traballando xa dentro do sistema do N800 pero dende o portátil:

Troco os contrasinais de 'user' e 'root':
-passwd user (poño o que queira dúas veces) => puxen 'nova_user'
-passwd root (poño o vello contrasinal e mailo novo) =>'nova_root'

Probo a facelo como usuario normal para crear un directorio de sincornización que nomearei como 'sincro':
ssh user@192.168.1.3

user@192.168.1.4's password:

BusyBox v1.1.3 (Debian 3:1.1.3-3.osso17) Built-in shell (ash)
Enter 'help' for a list of built-in commands.

~ $ ls
MyDocs apps
~ $ cd MyDocs/
~/MyDocs $ ls
~/MyDocs $ mkdir sincro
~/MyDocs $ exit
Connection to 192.168.1.3 closed.

No Evolution do meu PC ou portátil creo no meu 'home' o directorio 'n800' e comezo a copiar o que me interesa sincronizar.

Tarefas:
cd /home/roberto/.evolution/tasks/local/system
cp tasks.ics ~/n800/

Calendar:
cd /home/roberto/.evolution/calendar/local/system
cp calendar.ics ~/n800/

Contacts:
Abrir contactos no Evolution
Ficheiro/Gradar Libro de Contactos como VCard
Gárdoo en ~/n800 como lista.vcf
==>> Mágoa que hai que borrar tódolos contactos anteriores porque senón duplícaos!

Outra forma posible para o Libro de Enderezos (?, non confirmada)
cd /home/roberto/.evolution/addressbook/local/system
cp addressbook.db ~/n800/

Agora hai que levar todos estes arquivos ao N800 onde xa creara un cartafol 'sincro' dentro do MyDocs:
Dende o directorio 'n800' do portátil paso os arquivos antes copiados ao N800
-cd ~/n800
-scp addressbook.db calendar.ics lista.vcf tasks.ics user@192.168.1.3:~/MyDocs/sincro
-password: nova_user
Agora a facer efectiva a sincronización... pero xa de xeito gráfico coa propia N800 empregando as ferramentas gráfcas do grupo GPE PIM.

Por certo, hoxe recibirei o GPS.

Chuzame! chuzame -

Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800 (II)

Vou seguir co amosado no anterior artigo Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800 porque xa teño todo para poñerme mans á obra .

Co N800 completamente apagado, conecto o cabo USB ao portátil e despois prendo o N800.

Tamén fixen onde descarguei o flasher-3.0:

chmod +x flasher-3.0

Tralo cal póñome a flashear o N800 executando:

sudo ./flasher-3.0 -F RX-34_2007SE_3.2007.10-7_PR_COMBINED_MR0_ARM.bin -f -R

e amósame todo moi rápido:

flasher v0.8.7 (Oct 17 2006)

SW version in image: RX-34_2007SE_3.2007.10-7_PR_MR0
Image 'kernel', size 1311104 bytes
Version 2.6.18-200710osso2
Image 'initfs', size 1689216 bytes
Version 0.93-40
Image 'rootfs', size 83886080 bytes
Version RX-34_2007SE_3.2007.10-7_PR_MR0
Image '2nd', size 8064 bytes
Valid for RX-34: 1301, 1302
Version 1.1.5-3
Image 'xloader', size 9088 bytes
Valid for RX-34: 1301, 1302
Version 1.1.5-3
Image 'secondary', size 95872 bytes
Valid for RX-34: 1301, 1302
Version 1.1.5-3
Suitable USB device not found, waiting
USB device found found at bus 004, device address 008
Found device RX-34, hardware revision 1301
NOLO version 1.1.3
Version of 'sw-release': RX-34_2007SE_2.2006.51-6_PR_MR0
Sending xloader image (8 kB)...
100% (8 of 8 kB, avg. 739 kB/s)
Sending secondary image (93 kB)...
100% (93 of 93 kB, avg. 5507 kB/s)
Flashing bootloader... done.
Sending kernel image (1280 kB)...
100% (1280 of 1280 kB, avg. 20005 kB/s)
Flashing kernel... done.
Sending initfs image (1649 kB)...
100% (1649 of 1649 kB, avg. 17364 kB/s)
Flashing initfs... done.
Sending and flashing rootfs image (81920 kB)...
100% (81920 of 81920 kB, avg. 6547 kB/s)
Finishing flashing... done

Reinicio o N800 e teño que elixir de novo o idioma, axustar a hora e selección do teléfono. Atopou o meu Nokia N73 e pidiume que introduza o mesmo código numérico (XXXX) no teléfono. Acepto a vinculación no teléfono e acto seguido configuro o operador no N800.

Como estaba previsto, perdéronse tódolos datos anteriores (repositorios, marcapáxinas...). Restablezo automaticamente o que puiden coa ferramenta propia do N800 e o demais de xeito artesán.

O vindeiro será instalar as aplicacións máis importantes para manexalo doadamente: xterm, ssh... que amosarei nun novo artigo.

Chuzame! chuzame -

GPS para o meu Nokia Internet Tablet N800

Por fin completarei o meu N800 co moi agardado Kit de navegación GPS, polo de agora dispoñible só na tenda on-line de Nokia por 199€.

O contido do paquete inclúe:

  • Módulo GPS inarámico Nokia LD-3W
  • Tarxeta de memoria MiniSD 1 GB
  • Soporte para coche Nokia HH-12 con CR-86
  • Cargador para coche Nokia DC-4
  • Guías de uso Nokia
  • Guía rápida de Navicore Personal 2007
  • DVD Navicore Personal 2007 con software, mapas de Europa

Pero non é esa a única boa nova destes dias. Entereime que Google Code por fin fará realidade un dos máis agardados proxectos para Maemo, incriblemente non incluido de serie neste polivalente aparello: un sinxelo sincronizador de datos entre dispositivos. Empregará calquera medio, Bluetooth/WiFi/USB, e sincronizará marcapáxinas, correos, axendas, documentos...

De momento esta sincronización fágoa 'a pelo'. Amosareino nalgún vindeiro artigo como continuación ao de Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800.

Eis o Navigation Kit

Non se pode amosar a imaxe “http://direct.nokia.com/pics/product/NavKitN800_lg.jpg” porque contén erros.

Chuzame! chuzame -

Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800

O pasado 23 de marzo Nokia anunciou a dispoñibilidade dunha actualización da versión Bora do Internet Tablet OS 2007, un derivado máis de Debian GNU/Linux.  Con el garanten a eliminación de varias eivas previas como a inestabilidade do navegador, a calidade da reprodución de video e flash ou a conexión vía Bluetooth.

Irei poñendo unha serie de pequenos artigos coas cousas que lle fago ao meu N800 e nada mellor que comezar cun como este por ser un proceso perigoso, sobor de todo para alguén como eu, sen perfil técnico :-)

Para facerlle o flashing ao N800 hai que anotar o número de identificación do aparello porque pediranno despois. Desenchufado, extraio a tapa traseira e apunto o número de 12 díxitos correspondente á liña Nokia WLAN.

Seguindo os consellos deste artigo oficial do sitio Maemo.org, fago unha copia de seguridade dos datos e configuracións posto que esta operación de reflashing borra tódolos datos (repositorios, marcapáxinas, aplicacións instaladas antes...). Vamos, que o deixa como o primeiro dia que o mercaches. O propio N800 xa trae unha aplicación para iso.

Acto seguido descargo a aplicación flasher-3.0 nesta ligazón. Tras aceptar a licenza descargo a versión que máis se axeita ao teu PC ou portátil. Despois baixo a imaxe do firmware nesta ligazón. Aquí é onde teño que pór os devanditos 12 díxitos tras clicar á altura do recadro en verde nomeado Send. Ollo porque non ten nin recadro nin semella ter unha liña ad hoc. Clico e actívase o cursor para que poña os díxitos. Logo de premer comeza a descarga dos 83 MB.

Con isto xa teño todo o necesario para comezar o traballo. O que segue comentareino noutro artigo.

Non se pode amosar a imaxe “http://es.gizmodo.com/gadgets/nokia_n800.jpg” porque contén erros.

Chuzame! chuzame -