Nokia con Android?

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones. Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez […]

Actualizando o N800 a OS2008

Rulará o software GPS Navicore? Isto non aconteceu coa versión beta e polo que poiden ler por aí agora si o fai. A verdade é que lle estou a dar unha nova oportunidade ao N800 pois ao pouco tempo do que dispoño para fedellar en trebellos engádese a dificultade de sincronización. Verei se isto mellora […]

N800, un novo ‘flashing’ que trae Skype…

Agora teño a versión 3.2007.10-7 segundo me aparece en Tools > Control panel > About product e penso actualizar o N800 á nova versión que inclúe Flash, Skype… e outras novidades. ssh root@192.168.1.3 (a IP actual do N800) root@192.168.1.3’s password: contrasinal_root cd /etc/apt cp sources.list sources.list-ben cp trustdb.gpg trustdb.gpg-ben cp trusted.gpg trusted.gpg-ben rm trusted.gpg~ Nokia-N800-10:/etc/apt# […]

Conseguido: software do GPS tamén para GNU/Linux !

A longa historia ao redor da actualización do software e mapas que a empresa Navicore inclúe no GPS do Nokia Internet Tablet N800 chega ao seu remate. Recibín esta mensaxe: Dear Sir, you can now install Navicore Personal to your Nokia Internet Tablet without the Windows installer by copying the needed files (from the link […]

O software GPS para o Nokia N800 *NON* precisa window$

O conto do software para o GPS no meu N800 semella rematar cunha solución non axeitada ao meu desexo pero solución ao fina e ao cabo. Houbo outra persoa que tamén criticou o que eu comentei no anterior artigo sobre este tema e solucionouno grazas a Wine. A seguir deixo as mensaxes que nos enviamos: […]

O software GPS para o Nokia N800 precisa window$ !

Incrible! Un produto que executa unha versión de Debian, dispón de desenvolvemento libre a través do proxecto maemo.org sobre o cal dispón aplicacións libres ben coñecidas como o Gaim ou xterm, tamén precisa de window$. A historia vén do módulo GPS que merquei para el. Medra a utilidade deste fantástico dispositivo móbil pero para actualizar […]

Nokia N800 with Navicore Personal 2007 GPS

O meu achegamento ao GPS que recibín aínda onte está a ser moi doado: é intuitivo, directo e moi completo. Probeino unha hora, paseino no coche e probei outra hora máis e xa lle teño collido o xeito para o principal que de antemán quería. Iso xa está! Agora veñen outras cousas a probar e […]

xterm, ssh… e sincronzación no N800

Seguindo co amosado na primeira e na segunda parte da actualización no meu Nokia Internet Tablet N800 comento como acadar a sincronización co Evolution namentres non rematen proxectos en curso para facelo automaticamente. Os repositorios están nesta ligazón. Engádoos de xeito gráfico coa mesma ferramenta que trae o N800. Actualizado isto, póñome a instalar as […]

Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800 (II)

Vou seguir co amosado no anterior artigo Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800 porque xa teño todo para poñerme mans á obra . Co N800 completamente apagado, conecto o cabo USB ao portátil e despois prendo o N800. Tamén fixen onde descarguei o flasher-3.0: chmod +x flasher-3.0 Tralo cal póñome a flashear o N800 […]

GPS para o meu Nokia Internet Tablet N800

Por fin completarei o meu N800 co moi agardado Kit de navegación GPS, polo de agora dispoñible só na tenda on-line de Nokia por 199€. O contido do paquete inclúe: Módulo GPS inarámico Nokia LD-3W Tarxeta de memoria MiniSD 1 GB Soporte para coche Nokia HH-12 con CR-86 Cargador para coche Nokia DC-4 Guías de […]

Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800

O pasado 23 de marzo Nokia anunciou a dispoñibilidade dunha actualización da versión Bora do Internet Tablet OS 2007, un derivado máis de Debian GNU/Linux.  Con el garanten a eliminación de varias eivas previas como a inestabilidade do navegador, a calidade da reprodución de video e flash ou a conexión vía Bluetooth. Irei poñendo unha […]