Anticiparse ao inevitable

As tendencias estanse a confirmar teimadamente e a regra natural hase cumprir: “quen se anticipe terá vantaxes competitivas, quen o faga ‘a tempo’ permanecerá practicamente inmóbil e quen demore xa pode ir pensando na súa propia defunción“. Adaptarse debe ser unha constante inquedanza. E sobre adaptacións coido que nada mellor que un bo exemplo: na […]

Compensa esforzarse en convencer se hai desinterese?

Bob Sutor, vicepresidente de negocio Open Source e Linux en IBM, deu o relatorio inaugural da recentemente concluída LinuxCon 2009 e nel deixou algunhas ideas sobre o seu parecer arredor do futuro de GNU/Linux no escritorio. Para ilo deseñou estes potenciais escenarios: GNU/Linux destacándose, probablemente tendo unha distro dominando os escritorios GNU/Linux acadando paridade con […]

Dia Mundial contra as Patentes de Software

O dia 24 de setembro celébrase o Dia Mundial contra as Patentes de Software. O Parlamento Europeo parou hai cinco anos a tentativa de legalizar as patentes de software en Europa. Un esforzo sen precedentes da comunidade fixo posible avisar dos posibles perigos que ilo suporía. Dende aquela os litixios e trampas das patentes convertéronse […]

Spectrum vs. Tamagotchi

Non é a primeira vez que defendo as consecuencias que supón o cambio xeneracional que está a provocar unha certa crise no nivel de matriculacións en enxeñaría informática. Podemos dar por certas as diversas fontes que sinalan tal crise. Así, hai fontes que corroboran que está a producirse unha forte caída nas matriculacións en enxeñaría. […]

A prol do Sw Libre, sempre!

A prol do Sw Libre, sempre! Moitas persoas levamos anos loitando activamente e con teima a prol do Sw Libre. Porén, queda tanto para acadar ese obxectivo! Daí que nos aledemos moito por cada logro atinxido, como compensación a tanta fe e esforzo. Antes de 2005 nin iniciativas políticas había, agás as actuacións testimoniais dalgúns […]

6 razóns para licenciar baixo (A/L)GPL

O programador Zed Shaw comenta as 6 razóns para licenciar o seu traballo baixo (A/L)GPL e curiosamente ningunha de las refírese á liberdade de quen vai usalo. Zed leva “décadas desenvolvendo software, algúns con éxito” e meditou moito sobre ilo, sobre todo con aquelas persoas que propugnan licenzas de tipo BSD ou MIT. Velaquí están […]

Promesas para Mono, só iso

Alberto Barrionuevo contestou á mensaxe de Ismael Olea referida a que Microsoft aplicará a Community Promise tanto á ECMA 334 como ás especificacións ECMA 335, todo ilo referido á polémica sobre Mono SI ou Mono NON. Barrionuevo sinala: Esa suposta licenza xa a comentamos amplamente durante a estandarización de OOXML na ISO/IEC. Segundo moitos avogados […]

M$, peor que Coca vs. Pepsi

Joel Barrios fixo unha tradución parcial dun recente artigo de Groklaw. Agora fago eu o mesmo co de Joel e engado algún comentario e ligazón máis. É vox populi o que adoita acontecer no ramo da hostelería: ou atopas refrescos da marca Coca-Cola ou Pepsi, case nunca das dúas marcas á vez. Din que unha […]

e-Ubicuidade

Tan só é unha divagación ou a constatación dun feito. Onte engadín á miña rede de contactos a unha persoa. Comecei respostando persoalmente un correo-e seu mandado a unha lista, logo completei unha vCard cos datos completos que me deu na súa resposta. Por simple curiosidade busqueino na rede profesional que máis emprego, LinkedIn, pero […]

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das […]

Stallman critica o reparto de mini-pcs do goberno

Non era de estrañar! Richard M. Stallman, criticou a iniciativa do Goberno de regalar un computador persoal portátil a cada alumno das escolas públicas e concertadas, porque significaría “vender o futuro do país a Microsoft“, un programa de software privativo. Ao seu xuízo, “o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, debe decidir ser o […]

Matará SaaS ao SwL?

No outono de 2006 estreei unha presentación titulada “Cara onde vai o Software Libre?” que logo repetín o 7 de febreiro de 2007 na CISL de Badaxoz cun mínimo de tempo dispoñible. Daquela decidín centrarme tan só na visión pesimista dun sempre hipotético futuro. Os puntos tratados foron: DRM (Digital Rights Management), Hardware Privativo, Innovacións […]