Pouco blogueo

Dende que asumín maiores responsabilidades e o mundo sumíunos a todos nunha crise estou a abandonar este blog. En parte por migrar a parte técnica a este de Tegnix, tamén por decidir deixar de escribir sobre F1 e, como non!, por non ter tempo para todo. Sexa como fora, vémonos seguro na rede e cun […]

Rematou a F1

Nen tanto pois queda aínda un GP e unhas máis que agardadas novas temporadas. Este ano decidín escribir sobre a paixón que teño por este deporte-espectáculo-mundos-rosa-e-de-negocios. Porén, no seguirei a darlle continuidade a esta labor redactora. Teño moitos compromisos a cotío que en moitas ocasións exténdense tamén ás fins de semana. Tampouco me gusta facelo […]

Bravo á Compañía Lírica de Galicia

Esta é unha carta aberta que veño de enviar ao director do xornal La Voz de Galicia referente ao artigo que cubría a actuación desa Compañía Lírica onte na Praza de María Pita da Coruña. Estimado Sr. Director, Onte tiven o enorme pracer de asistir a un gran espectáculo na Praza de María Pita. Si, […]

Holidays? No, thanks

Xa saberás que estou migrando parte do meu traballo daquí cara este outro blog (http://brenlla.tegnix.com/), sobre todo no que atinxe ao Sw Libre. Porén, tanto nese como neste, hei deter case que totalmente de pór entradas durante as vindeiras semanas. Non, non será porque vaia marchar de vacacións senón tan só porque así poderei aproveitar […]

Liberado o proceso creativo da nova imaxe corporativa de TEGNIX

A anovación de TEGNIX comezada en 2007 contemplaba a incorporación dunha nova imaxe corporativa. Trala solicitude de orzamentos a diversos gabinetes de deseño e profesionais independentes, finalmente decidimos seguir a proposta feita por Claudio F. Filho quen recomendou ao profesor e amigo Daniel Confortin. Daniel traballa con ferramentas lbres (Gimp, Inkscape, Scribus) e conta con […]

A prol do Sw Libre, sempre!

A prol do Sw Libre, sempre! Moitas persoas levamos anos loitando activamente e con teima a prol do Sw Libre. Porén, queda tanto para acadar ese obxectivo! Daí que nos aledemos moito por cada logro atinxido, como compensación a tanta fe e esforzo. Antes de 2005 nin iniciativas políticas había, agás as actuacións testimoniais dalgúns […]

AGASOL anova a xunta directiva

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Sotware Libre) celebrou a súa asemblea xeral o pasado luns 20 de xullo. Entroutros temas, esta asemblea aprobou a necesidade de adecuación dos estatutos, o informe de actividades realizadas, o plan estratéxico para o período 2009-10, a creación de novos grupos de traballo e a continuidade en materia de […]

Presentacións na OSREVOLUTION’09

A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores. Modelos Negocio en Sw Libre Sw Libre na empresa galega: CTI TEGNIX, AGASOL asennadas

TEGNIX estrea web

A nosa empresa, oficialmente C.T.I. TEGNIX, S.L., estrea web hoxe. Queda moito por facer, moito, con certeza, pero a lo menos inclúe a nosa nova imaxe corporativa e ten poucos atrancos a resolver para cumprir coas esixencias da W3C. Pouco a pouco iremos migrando contidos ata deixar este blog para asuntos non-técnicos e todo o […]

Optimizando un kernel

Teño un portátil Dell XPS M1330 que véu cunha Ubuntu e agora o teño actualizado á versión 9.04. Case todo é de Intel (tarxetas de son, gráfica, rede, procesador…). É unha mágoa que un distribuidor de hardware como Dell non se tome a molestia de deixar optimizado o kernel dos seus equipos e sinxelamente instale […]

OSREVOLUTION 09, na USC (20-24 xullo)

Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de […]

Arranxando Firefox traballando sen conexión

Dende hai ano e medio o meu pai usa Ubuntu e tiña unha pequena queixa: cada vez que arrancaba o navegador Firefox este facíao en modo “Traballar sen conexión“. Dado que a súa última actualización de distro que lle fixen foi cara a Ubuntu 8.04, decidín pegar o seu portátil para actualizalo á 9.04 e […]