e-Ubicuidade

Tan só é unha divagación ou a constatación dun feito. Onte engadín á miña rede de contactos a unha persoa. Comecei respostando persoalmente un correo-e seu mandado a unha lista, logo completei unha vCard cos datos completos que me deu na súa resposta. Por simple curiosidade busqueino na rede profesional que máis emprego, LinkedIn, pero tamén o fago na Xing. Si, alí estaba e convídoo a formar parte dos meus contactos, tanto nunha como na outra. Ao pouco, case sen querer, atópoo noutra rede e así por diante.

Si, é ben sabido que en informática pódese facer unha mesma tarefa de diversos xeitos, comunicarte por diversas canles. A estas alturas, o desonvelmento das TIC ofrécenos unha ampla colección de posibilidades. Máis aló do ámbito privado, onde moitas veces padecemos a síndrome de Diógenes, é común sermos onmipresentes, por así dicilo. Estamos en Twitter, tamén en Lareta, en Picassa, tamén en Flickr, en Facebook, tamén en Tuenti, e así ad infinitum!

Propoño un novo nome a esta case omnipresenza: e-Ubicuidade :-)
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Claudio F. Filho regresa a Brasil

Hai algo máis dun ano anunciaba a posible chegada de Claudio F. Filho a C.T.I. TEGNIX, S.L., algo que se concretou definitivamente en setembro do ano pasado. Lamentablemente agora hei de anunciar o regreso ao seu país por motivos estritamente persoais.

Cremos que sempre estivo satisfeito co traballo na nosa empresa pois deixámolo en total liberdade para seguir cos seus proxectos comunitarios, principalmente o BrOffice, o ambiente é absolutamente cordial, acudiu aos eventos que creu convinte (Brasil, Málaga, China…)… Porén a adaptación familiar ao noso país foi un dos maiores pesos á hora de tomar a decisión de regresar a Brasil.

A aportación de Claudio neste tempo foi máis ca proveitosa para nós. Afondamos nos problemas e solucións cando se integra (migra a) SwL grazas á súa ampla experiencia na materia, ampliamos o círculo de expertos cos que podemos contar de primeria man, recibimos unha ampla formación na xestión destes proxectos de migración, tamén en ofimática avanzada, etc. e, como non!, coa súa compañía no dia-a-dia.

Sabemos que sempre podemos contar con el dende o momento que abramos unha conversa no Jabber. Daquela, maila tristeza pola súa partida, estamos ledos polo moito que gañamos coa nosa amizade, agora aínda máis reforzada.

Forte abraço, Claudio!
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Revolución do Software Libre (USC)

Os vindeiros 20-24 de xullo vanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC unha serie de conferencias tituladas «A Revolución do Software Libre» (OSREVOLUTION 09). Serán impartidas por unha colección de expertos recoñecidos nas áreas da economía, legalidade, filosofía, historia, activismo e outras ramificacións do Software Libre.

Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de Software Libre e do curso, respectivamente.

As conferencias serán exposicións teóricas que abranguirán todo este espectro, impartidas por recoñecidos referentes profesionais e filosóficos das múltiples áreas implicadas e avaladas polos datos e a experiencia que as entidades que representan — administracións, empresas, universidades, asociacións — poden aportar.

O curso está pensado para un público xeralista, en boa medida ca vontade de amosar o xeito en que o Software Libre afecta a toda a sociedade. Partirase das nocións básicas e non son precisos coñecementos previos de ningún tipo. Nembargante, agárdase que o curso sexa tamén de interese para os veteranos no mundo do Software Libre, xa que permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornada de SwL na Fundación C.E.L. (Lugo)

O vindeiro xoves 28.05.2009 ás 19.00 hs na Fundación C.E.L. en Lugo darei un novo relatorio, desta vez titulado «Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa«.

O evento terá lugar no Site (Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial) – Pazo de Feiras e Congresos ( olla o mapa).

Máis detalles nesta ligazón.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lapsus, quixen dicir delicious.com

Onte na Cámara de Comercio da Coruña tiven un lupsus ao suxerir a web Digg.com como sitio onde gardar ligazóns interesantes e clasificables con tags (etiquetas).

Desculpade, errei! O sitio que emprego cada vez máis é Delicious.com.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL na Cámara de Comercio da Coruña

O vindeiro xoves 21 de maio 2009 ás 19 hs darei un relatorio titulado «Linux e Software Libre: Garantía de Éxito para as PEMES» na Cámara de Comercio da Coruña sita na rúa Alameda 30-32 1º – 15003 A Coruña.

Se estás interesado en acudir ao evento terás que encher antes o formulario.

Farei unha descrición histórica, legalidade e casos de éxito do SwL, semellante ao feito semanas atrás en Salamanca, onde estreara unha nova versión do meu relatorio. Así que agora estouna traducindo e re-editando…
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL galego unido a prol dun ensino ético e libre

Os GUGLs (Grupos de usuarios/as de GNU/Linux) galegos, asociacións, grupos de tradución e diversas persoas estamos a preparar unha solicitude de firmas para impedir un máis ca probable anuncio do presidente do goberno na vindeira semana.

Os documentos provisionais teñen unha introdución e logo unha exposición algo máis ampla de motivacións. Previsiblemente mañá comezaremos a campaña de divulgación mediática e a apertura de recollida de firmas.

Preme en «Segue lendo…» se queres ler o contido destes documentos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Matará SaaS ao SwL?

No outono de 2006 estreei unha presentación titulada «Cara onde vai o Software Libre?» que logo repetín o 7 de febreiro de 2007 na CISL de Badaxoz cun mínimo de tempo dispoñible. Daquela decidín centrarme tan só na visión pesimista dun sempre hipotético futuro.

Os puntos tratados foron: DRM (Digital Rights Management), Hardware Privativo, Innovacións e Ciclos Tecnolóxicos, Comunidade e Ofertas Disgregadas, Eleccións Políticas, Patentes, Licenzas Libres e leis, SaaS (Software As A Service), Só para nerds, geeks e frikis?, Venda minorista, Recoñecemento de Voz do Vista.

Co paso do tempo algúns deles semella ter sido só un pánico infundado provocado por efectivas campañas comerciais, como é o caso do Vista, pois até véu ben a súa chegada ao mercado porque a xente comezou a cuestionarse intensamente o por que actualizarse a esa morralla. Doutros puntos si poderíamos seguir a falar aínda que precisaría máis artigos.

No caso concreto do SaaS a cousa segue a ser unha ameaza e se cadra aí quede para sempre, nunha ameaza máis ou menos sólida. Entendo que siga a causar temor como leo hoxe neste artigo (atopado en menéame.net) aínda que case repita o que sinala Wikipedia.

Pasaron máis de tres anos desde que fixen esa presentación reflexionando sobre isto mesmo e, a dia de hoxe, a cousa semella non ser para tanto. Pode ser un nicho de mercado en auxe pero temo que non coa velocidade necesaria para ser unha ameaza nin a medio prazo. Para cando esteamos nese medio prazo pode que teñamos outro escenario ben diferente no que si, con certeza, estamos a ser testigos de excepción: a concentración de terminais móbiles.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mestura de sentimentos

Quixen separar con esta entrada os sentimentos que me provocou asistir á xornada de Richard Stallman en Vigo.

Si, podo dicir que ese foi un dia de celebración, mais incompleto. Persoalmente foi moi lamentable e aínda profundamente doloroso atoparme coa turma de talibáns. Aínda agardo reposta deles por usurpar a miña identidade na antiga lista de GUGLs (grupo de usuarios/as de GNU/Linux) anos atrás. Síntoo, non son capaz de esquecelo por moito que o leve intentando.

Déixame mal corpo só curzar a mirada con alguén dese grupo. Acontece que o resto que non intervíu na usurpación ben coñece quen o fixo, algo que legalmente déixaos en posición de presuntos cómplices ou, no mínimo, sen moralidade para iren defendendo liberdade do software en nome da ética. Aínda e así, seguen indo como os primeiros, xusto na fronte de batalla da nosa defensa.

Canto desexo que o paso do tempo cure!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lutero versus Stallman

Aproveitando a segunda xira de Richard Stallman (Galipedia, máis na Wikipedia-en) por terras galegas e a que estou lendo un libro que me recomendou Javier de la Cueva, vou dar unhas pinceladas á biografía de Martin Lutero (1483-1546). Confío que igual cá xente coa que xa compartín esta idea, con só mencionar uns detalles da súa vida, atopes moitas e asombrosas semellanzas entre os dous.

Cando Lutero cravou as súas noventa e cinco teses na porta da igrexa de Todos os Santos de Wittenberg o 31 de outubro de 1517, non imaxinaba que aquilo ía provocar unha escisión de tal calibre na orde relixiosa imperante representada pola Igrexa, a católica ou universal. De feito era moi habitual entre os cregos iniciar debates deste xeito.

Lutero non sospeitaba que diversas copias das súas 95 teses circularan con gran rapidez. Isto foi posible grazas á aparición, uns cuarenta anos antes, da imprenta móbil de Guttemberg quen ademais tivo que perfeccionar o papel, modificar a tinta e formar a artesáns. Antes facíanse copias, existían imprentas, pero a de Guttemberg foi a que asentou as bases da nova técnica de impresión. Axiña houbo unha centea desas imprentas e antes do comezo do século XVI reproducíronse 40.000 edicións distintas, aproximadamente uns nove millóns de exemplares. Nada comparable co pasado.

Coas 95 teses Lutero pretendía debatir sobre a práctica común das indulxencias, «unha especie de cheque certificado estendido polo Papa á conta do tesouro de mérito acumulado polos santos«. Ao seu criterio, o único tesouro da Igrexa era o Evanxelio. Porén, séculos antes de Lutero houbo moita xente que desexaba atinxir a idea de «voltar á Igrexa primitiva«, mais non poideron con ese obxectivo.

Lutero chegou a mandarlle dúas copias ao Papa mentras seguía meditando, sufrindo. Loitaba contra os impulsos da carne, o odio ou a envexa e sempre perdía. «Que opcións tiña de salvarse?» Mais un dia volveu a escoitar «creo no perdón dos pecados» e nese intre tivo unha revelación, «sentín como se volvera a nacer«. Cría ter recibido a gracia de Deus, sen facer nada!

Tras proclamar a súa descoberta, comprobou que moita xente coma el, padecía a mesma ansiedade. É máis, nunha viaxe a Roma propuxo a idea de que cada home é un sacerdote, que non depende de ninguén. Nótese que home vén do latín ‘homo‘, ser humano, derivado do sánscrito ‘man‘, co mesmo significado xa que para home-macho empregábase ‘vir‘, varón.

A incipiente revolución xa definira ao seu inimigo. Non era nin a relixión nin os fieis senón o propio pontífice e mailos seus ritos máxicos, o seu proceder. Daquela, cando por fin chegou a Wittenberg a bula papal, Lutero só desexaba facer unha cousa, queimala perante a multitude.

Coa Idea asentada, xordida oportunamente e distribuída grazas á imprenta, a xente comezou a aprender as novas palabras, a propagalas e até acentualas, sobre todo quen pertencía ás novas xeracións con neófitos ás veces máis estritos e intolerantes có propio percusor da Idea. Tal é o caso de Calvino ou das máis de trescentas seitas xordidas tras Lutero. Pero iso xa é outra historia.

Paralelismos

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Reportaxe-entrevista sobre SwL en Pensa Galiza

Pensa Galiza vén de publicar unha reportaxe titulada «O imparável avanço do software livre na Galiza» para a cal fumos entrevistados Suso Baleato e eu.

Supoño que a entrevista a Baleato foi motiva pola súa responsabilidade á fronte de Mancomun.org e do proxecto do Software Libre no bipartito e no meu caso para teren unha visión do movemento asociativo e da iniciativa empresarial.

Preguntáronme sobre AGNIX, o bipartito, o que valoro positvamente do feito mais tamén o que melloraría así como as expectativas co novo goberno. Simpática foi a petición dunha SMS definindo ao SwL coa que remata a reportaxe.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conferencias de Stallman en Ourense e Vigo

Richard Stallman, quen forma parte do comité asesor do Máster de SwL de Caixanova e referente do mundo do software libre,  estará presente en Ourense e en Vigo para impartir conferencias abertas ao público. O acto de Vigo terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova o 30 de Abril ás 16:00h.

O programa da xornada é o seguinte:

  • O movemento do Software Libre, por Richard Stallman.
  • Entrega dos diplomas aos alumnos da edición 2007/2008.
  • O perigo das patentes, por Richard Stallman.

Podes inscribirte á Conferencia de Stallman en Vigo preme aquí.

A foto deste artigo é unha que lle fixen no CESGA durante a súa primeira estadía na nosa comunidade no 2005. Tan grande era esa «aureola» que o propio Stallman incluíuna na súa web na sección «Photos and drawings«.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp