e-Ubicuidade

Tan só é unha divagación ou a constatación dun feito. Onte engadín á miña rede de contactos a unha persoa. Comecei respostando persoalmente un correo-e seu mandado a unha lista, logo completei unha vCard cos datos completos que me deu na súa resposta. Por simple curiosidade busqueino na rede profesional que máis emprego, LinkedIn, pero […]

Claudio F. Filho regresa a Brasil

Hai algo máis dun ano anunciaba a posible chegada de Claudio F. Filho a C.T.I. TEGNIX, S.L., algo que se concretou definitivamente en setembro do ano pasado. Lamentablemente agora hei de anunciar o regreso ao seu país por motivos estritamente persoais. Cremos que sempre estivo satisfeito co traballo na nosa empresa pois deixámolo en total […]

A Revolución do Software Libre (USC)

Os vindeiros 20-24 de xullo vanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC unha serie de conferencias tituladas “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Serán impartidas por unha colección de expertos recoñecidos nas áreas da economía, legalidade, filosofía, historia, activismo e outras ramificacións do Software Libre. Podedes ver o […]

Xornada de SwL na Fundación C.E.L. (Lugo)

O vindeiro xoves 28.05.2009 ás 19.00 hs na Fundación C.E.L. en Lugo darei un novo relatorio, desta vez titulado “Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa“. O evento terá lugar no Site (Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial) – Pazo de Feiras e Congresos ( olla o mapa). Máis detalles nesta ligazón. asennadas

Lapsus, quixen dicir delicious.com

Onte na Cámara de Comercio da Coruña tiven un lupsus ao suxerir a web Digg.com como sitio onde gardar ligazóns interesantes e clasificables con tags (etiquetas). Desculpade, errei! O sitio que emprego cada vez máis é Delicious.com. asennadas

SwL na Cámara de Comercio da Coruña

O vindeiro xoves 21 de maio 2009 ás 19 hs darei un relatorio titulado “Linux e Software Libre: Garantía de Éxito para as PEMES” na Cámara de Comercio da Coruña sita na rúa Alameda 30-32 1º – 15003 A Coruña. Se estás interesado en acudir ao evento terás que encher antes o formulario. Farei unha […]

SwL galego unido a prol dun ensino ético e libre

Os GUGLs (Grupos de usuarios/as de GNU/Linux) galegos, asociacións, grupos de tradución e diversas persoas estamos a preparar unha solicitude de firmas para impedir un máis ca probable anuncio do presidente do goberno na vindeira semana. Os documentos provisionais teñen unha introdución e logo unha exposición algo máis ampla de motivacións. Previsiblemente mañá comezaremos a […]

Matará SaaS ao SwL?

No outono de 2006 estreei unha presentación titulada “Cara onde vai o Software Libre?” que logo repetín o 7 de febreiro de 2007 na CISL de Badaxoz cun mínimo de tempo dispoñible. Daquela decidín centrarme tan só na visión pesimista dun sempre hipotético futuro. Os puntos tratados foron: DRM (Digital Rights Management), Hardware Privativo, Innovacións […]

Mestura de sentimentos

Quixen separar con esta entrada os sentimentos que me provocou asistir á xornada de Richard Stallman en Vigo. Si, podo dicir que ese foi un dia de celebración, mais incompleto. Persoalmente foi moi lamentable e aínda profundamente doloroso atoparme coa turma de talibáns. Aínda agardo reposta deles por usurpar a miña identidade na antiga lista […]

Lutero versus Stallman

Aproveitando a segunda xira de Richard Stallman (Galipedia, máis na Wikipedia-en) por terras galegas e a que estou lendo un libro que me recomendou Javier de la Cueva, vou dar unhas pinceladas á biografía de Martin Lutero (1483-1546). Confío que igual cá xente coa que xa compartín esta idea, con só mencionar uns detalles da […]

Reportaxe-entrevista sobre SwL en Pensa Galiza

Pensa Galiza vén de publicar unha reportaxe titulada “O imparável avanço do software livre na Galiza” para a cal fumos entrevistados Suso Baleato e eu. Supoño que a entrevista a Baleato foi motiva pola súa responsabilidade á fronte de Mancomun.org e do proxecto do Software Libre no bipartito e no meu caso para teren unha […]

Conferencias de Stallman en Ourense e Vigo

Richard Stallman, quen forma parte do comité asesor do Máster de SwL de Caixanova e referente do mundo do software libre,  estará presente en Ourense e en Vigo para impartir conferencias abertas ao público. O acto de Vigo terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova o 30 de Abril ás 16:00h. O programa da […]