CNTG oferta varios cursos sobre Sw Libre

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de anunciar a súa oferta formativa para o período outubro 2009 a xuño 2010. cntg-logo.png

Dentro desa oferta hai varios cursos sobre Sw Libre. Velaquí estes cursos xunto a outros xenéricos:

  • Administración avanzada de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 2), 64 hs, obtense certificación, data 26/10/2009, imparte IBM
  • Administración de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 1), 80hs,  obtense certificación, data 27/10/2009, IBM
  • Goberno corporativo das TIC. Fundamentos de Cobit e implantación de IT governance, 21hs, sen certificación, data 06/11/2009
  • Fundamentos de ITIL (Vigo), 20hs, obtense certificación, data 06/11/2009, ITIL
  • Fundamentos de ITIL (A Coruña), 20hs, obtense certificación, data 20/11/2009 ITIL
  • Administración de S.O. Red Hat Linux – Nivel Certified Engineer. Certificación RHCT RHCE, 64hs, obtense certificación, data 25/01/2010, Red Hat
  • Administración de S.O. Red Hat Linux – Nivel Certified Engineer. Certificación RHCT RHCE, 80hs, obtense certificación, data 26/01/2010, Red Hat
  • Dirección de proxectos informáticos (Certificación CAPM) – Vigo, 36hs, obtense certificación, data 29/01/2010, PMI
  • Administración de bases de datos MySQL, 48hs, obtense certificación, data 01/03/2010, MySQL
  • Desenvolvemento de aplicacións WEB con PHP e MySQL sobre Apache, 80hs, obtense certificación, data 06/04/2010, MySQL
  • Implementación de VoIP con Asterisk, 36hs, sen certificación, data 03/05/2010, ASTERISK

Podes descargar o folleto informativo.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que «tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio«. Podes comprobalo neste video:

Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que «Non existe ningún título legal, ningunha licenza de software, ningunha lei, nin sequera unha Constitución que poida autorizar un xenocidio ou un crime contra a humanidade e poida seguir considerándose propiamente como legal«.

José María Lancho inventou e promoveu a chamada «Cláusula Mariposa«. Sobre as motivacións desta cláusula e maila súa redacción tes máis información na Wikipedia. Tal iniciativa foi presentada ao fundador da FSF e mailo proxecto GNU, Richard M. Stallman. Polo que sei, a FSF non a considera axeitada.

Se cadra, outra proba dilo é o que aconteceu polas datas do nacemento da «Cláusula Bolboreta». A raíz dunha suxestión de Carlos Neira feita en 2006, decidín volver a porme en contacto con Stallman para preguntarle sobre algo afín, o uso de SwL con fins militares. Un extracto do meu correo-e preguntaba:

Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?

A ilo Stallman respostou:

Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.

The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).

Se queres ter máis opinións, distintas ás de Marchesi, podes ollar a de Julián Coccia ou de Jorge Fuertes.

Subliñar que esta cláusula é complementaria e opcional. Do demais que cada quen tire as súas propias conclusións.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.

O obxectivo principal destas xornadas é dotar ao alumnado cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un mini-robot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único
prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada.

Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as
estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.

Só hai 50 prazas e se asignarán por orde de inscrición.

Máis información e material promocional:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cursos da Linux Foundation

Linux Foundation está ofrecendo os seus primeiros cursos online de tan só dous dias de duración cada un. Estes cursos foron demandados por persoas interesadas en dispor de formación neutral, independente de empresas forncedoras.

Pretenden ser cursos tecnicamente avanzados, feitos en conxunción cos actuais líderes da comunidade de desenvolvemento do kernel Linux.

Os cursos dispoñibles polo de agora son:

  • LF01     Creating Applications For Linux 2 dias     $1099
  • LF02     Essential Linux Device Driver Development Skills 2 dias     $1099
  • LF03     Linux Kernel Debugging and Performance 2 dias     $1099
  • LF04     Git Essentials For Developers 2 dias     $1099

Todos os cursos inclúen instrucións en directo e exercizos prácticos, con preguntas e respostas aos instrutores, desenvolvedores expertos.

Podes acadar máis información sobre cada un destes cursos no seu sitio web ou mandando un correo-e a Mike Woster (mwoster _ARROBA_ linuxfoundation _PUNTO_org).
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GtkLauncher, IDE para GNU Smalltalk

GtkLauncher é un IDE (Integrated Development Environment) para a linguaxe GNU Smalltalk que atopei nesta fonte.

Aínda estando actualmente na súa versión 0.2.0, este IDE xa inclúe moitas ferramentas:

  • Transcript, unha especie de consola onde pór información
  • Workspace, onde podes evaluar o código
  • Browser, onde se listan os espazos de nomes, clases e métodos
  • Finder, para navegares pola contorna
  • Inspector,
  • Implementors
  • WebKit

Se queres instalar GtkLauncher, emprega SVN :

svn co http://bioskop.fr/svn/gst/GtkLauncher/trunk/
cd GtkLauncher
gst-package -t ~/.st package.xml
./gst-GtkLauncher

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Guías de Sw Libre

Ao fío da nova anterior, seica hai tamén outra páxina con abundante documentación sobre Sw Libre, nomeadamente Guías Linux.

Podes descargar calquera dos seus máis de 800 manuais, sen subscribirte e abranguendo diversos temas: RFCs, administración de sistemas, ADSL, WiFi, comandos, programación, cursos completos, etc.

A máis acaban de anunciar o material dun curso bastante profundo baixo o título de «Introdución aos servizos en GNU/Linux«, baseado en Debian no que explican as configuracións de servizos como DNS, DHCP, LDAP, Correo, FTP, LAMP, etc.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Material de Curso de Administración de sistemas GNU/Linux

Jorge Fuertes, ex-presidente de Hispalinux, vén de anunciar unha páxina que recompila as unidades didácticas xeradas para os seus cursos de administración de sistemas. Inclúen exercizos, solucións e explicacións dirixidas a unha clara e rápida comprensión dos temas, sen pretender ser exhaustivas pero tratando de chegar ao alumnado con todo o importante.

Púxoas a disposición de todo o mundo, porque, segundo di, «Onde estaría eu se non me nutrira do traballo xerado por outros que antes ca min creron na difusión da cultura e no software libre?«.

Todos os textos están en formato PDF (un estándar aberto) e dispoñibles baixo o seu correspondente contrato de cesión de dereitos con licenza Coloriuris Amarelo. Os temas tratados van dende o editor Vim, exercizos con SSH, LVM (Logical Volume Manager), Cron, copias de seguridade, Bash e MySQL.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

bash-completion, mellorando a usabilidade do terminal

A liña de comandos é rexeitada por moita xente que se achega á informática en xeral e ao SwL en particular. Porén moitos que a empregamos sabemos da súa extraordinaria potencia e versatilidade.

De seu Bash é a linguaxe intérpete de comandos que os executa por defecto en GNU/Linux. Sen aditivos, Bash xa é magnífica. Aínda e así pódenselle engadir funcionalidades para mellorala aínda máis. Eis o caso de bash-completion que vin en Debian Package of the Day e que adoita vir preinstalado en moitas distribucións. Confírmao na túa lista de paquetes instalados e se o tes activado no teu arquivo ~/.bashrc coas liñas:

if [ -r /etc/bash_completion ]; then
. /etc/bash_completion
fi

Tras reabrir o terminal poderás observar que non só podes completar os nomes de programas e ficheiros senón tamén, por exemplo, as opcións de uso deses programas.

Poñendo ‘apt-get‘ e logo premendo dúas veces na tecla <TAB> e facendo o mesmo co comando ‘dpkg‘ ou até cunha máis concreta como ‘dpkg-reconfigure‘ como deixo amosado na imaxe.

E, como non podía ser doutro xeito, podes configurala segundo as túas preferencias.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ensinando programación desde a infancia

A facilidade que temos de aprender na etapa infantil é abraiante. Por iso sería moi útil ensinar á infancia a dinámica da programación. Isto converteuse en difícil por mor das cada dia máis complexas contornas de programación, incapaces de atraer esas mentes tan lúdicas.

Existen algunhas ferramentas especialidadas en entreter á infancia porque fan da programación un xogo ou algo moi sinxelo. Eis unhas par delas.

  • Alice ensina fundamentos de programación a xeito de películas e xogos en 3-D. Alice está desenvolvido en Java e usa interface de «arrastrar e soltar» (drag and drop). Está feito por un equipo da universidade de Carnegie Mellon University, ten versións para GNU/Linux, Mac O$ X e Window$ baixo a licenza Alice License. A contorna é de código aberto, podes examinar o código pero os seus creadores prefiren facer soíños o seu desenvolvemento polo que rexeitan as contribucións foráneas.
  • Baseado na linguaxe de programación Ruby, Shoes é un conxunto de ferramentas de código aberto baixo licenza MIT e acepta contribucións pero xa está máis na liña da programación tradicional con sintaxe semellante á de Ruby. O único que require a máís é un editor de texto. Na súa web atoparás unha guía en PDF con titorial e exemplos alén do manual en liña da contorna. Shoes ten unha sección para siareiros que amosa aplicacións creadas con esta ferramenta.

Outra alternativa de código aberto é Scratch pero só ten versión para sistemas privativos a pesares de ser de código aberto, e a súa execución baixo Wine non acada resultados satisfactorios. Existen outras moitas linguaxes/contornas de programación pensadas para a infancia tales como Greenfoot ou Phogram, pero son privativas.

Baseado neste artigo de Linux.com.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp