CNTG oferta varios cursos sobre Sw Libre

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de anunciar a súa oferta formativa para o período outubro 2009 a xuño 2010. Dentro desa oferta hai varios cursos sobre Sw Libre. Velaquí estes cursos xunto a outros xenéricos: Administración avanzada de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 2), 64 hs, obtense certificación, data 26/10/2009, imparte […]

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que “tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio“. Podes comprobalo neste video: [gv data=”G7K0Qhw0TWo”][/gv] Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que “Non existe ningún título legal, ningunha licenza de […]

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino. O obxectivo principal destas xornadas […]

Cursos da Linux Foundation

Linux Foundation está ofrecendo os seus primeiros cursos online de tan só dous dias de duración cada un. Estes cursos foron demandados por persoas interesadas en dispor de formación neutral, independente de empresas forncedoras. Pretenden ser cursos tecnicamente avanzados, feitos en conxunción cos actuais líderes da comunidade de desenvolvemento do kernel Linux. Os cursos dispoñibles […]

GtkLauncher, IDE para GNU Smalltalk

GtkLauncher é un IDE (Integrated Development Environment) para a linguaxe GNU Smalltalk que atopei nesta fonte. Aínda estando actualmente na súa versión 0.2.0, este IDE xa inclúe moitas ferramentas: Transcript, unha especie de consola onde pór información Workspace, onde podes evaluar o código Browser, onde se listan os espazos de nomes, clases e métodos Finder, […]

Guías de Sw Libre

Ao fío da nova anterior, seica hai tamén outra páxina con abundante documentación sobre Sw Libre, nomeadamente Guías Linux. Podes descargar calquera dos seus máis de 800 manuais, sen subscribirte e abranguendo diversos temas: RFCs, administración de sistemas, ADSL, WiFi, comandos, programación, cursos completos, etc. A máis acaban de anunciar o material dun curso bastante […]

Material de Curso de Administración de sistemas GNU/Linux

Jorge Fuertes, ex-presidente de Hispalinux, vén de anunciar unha páxina que recompila as unidades didácticas xeradas para os seus cursos de administración de sistemas. Inclúen exercizos, solucións e explicacións dirixidas a unha clara e rápida comprensión dos temas, sen pretender ser exhaustivas pero tratando de chegar ao alumnado con todo o importante. Púxoas a disposición […]

bash-completion, mellorando a usabilidade do terminal

A liña de comandos é rexeitada por moita xente que se achega á informática en xeral e ao SwL en particular. Porén moitos que a empregamos sabemos da súa extraordinaria potencia e versatilidade. De seu Bash é a linguaxe intérpete de comandos que os executa por defecto en GNU/Linux. Sen aditivos, Bash xa é magnífica. […]

Ensinando programación desde a infancia

A facilidade que temos de aprender na etapa infantil é abraiante. Por iso sería moi útil ensinar á infancia a dinámica da programación. Isto converteuse en difícil por mor das cada dia máis complexas contornas de programación, incapaces de atraer esas mentes tan lúdicas. Existen algunhas ferramentas especialidadas en entreter á infancia porque fan da […]