Rematou a F1

Nen tanto pois queda aínda un GP e unhas máis que agardadas novas temporadas. Este ano decidín escribir sobre a paixón que teño por este deporte-espectáculo-mundos-rosa-e-de-negocios. Porén, no seguirei a darlle continuidade a esta labor redactora. Teño moitos compromisos a cotío que en moitas ocasións exténdense tamén ás fins de semana. Tampouco me gusta facelo […]

GP Brasil, sábado – 20091017

Previo Como chove! Semella cancelada a terceira sesión libre, é demais, pero bastante habitual aquí. Aínda así ábrese a pista a 15 minutos do final. Con certeza, a cualificación vai ser en mollado… ou non. Aquí tamén seca en instantes. Tralo forte accidente de Grosjean. detense todo. Os poucos minutos en total deixaron esta clasificación: […]

GP Brasil, venres – 20091016

Previo Chegamos á penúltima carreira da temporada co título aínda por decidir maila haber un claro favorito a el pola enorme vantaxa acumulada nos primeiros GPs, Jason Button. O seu compañeiro Rubinho está a 14 puntos, Vettel a 16. En canto a novidades entre GPs, Kubica foi confirmado como piloto de Renault por unha temporada […]

GP Xapón, domingo – 20091004

Previo Tralas múltiples penalizacións de onte, hai uns intres que vén de publicarse a grella definitiva. Chama a atención o sexto posto de Barrichello, non penalizado aínda non se sabe ben por que, polo espectáculo? A verdade é que o campionato posiblemente ha decidirse máis adiante porque Button si foi penalizado, sairá décimo e cunha […]

GP Xapón, sábado – 20091003

Previo Todt e Vatanen confírmanse como candidatos á presidencia da F1 á par que o sol instálase en Suzuka acompañado con bastante vento. Gran actividade na pista dado que hai que probalo todo hoxe. Maila estar aínda con febre, Glock sube ao Toyota. Webber volve accidentarse nuns adestramenots e os resultados dos adestramentos libres do […]

GP Xapón, venres – 20091002

Previo Aparte da nova da fichaxe de Alonso por Ferrari da que cadrou que escribira onte sen ter a aínda a confirmación dela, houbo algunhas novidades que deixo en resumo, coma sempre. A ela hai engadir que Ferrari dismintiu as informacións do soldo e migración de persoal á Scuderia cun sinxelo “si tratta di pure […]

Alonso na Scuderia Ferrari

Sendo un segredo a voces, Alonso ha de ser anunciado como piloto Ferrari axiña, se cadra nesta mesma semana. É iso motivo de felicidade? É iso garantía de éxito? A primeira resposta é rotundamente afirmativa, a segunda xa non tanto. A afección alonsista e case que en xeral da F1 debe estar moi feliz pola […]

GP Singapur, domingo – 20090927

Previo Os pesos dos monopostos foron publicados e amosan unha case idéntica estratexia onde, se cadra, Hamilton, Alonso e Glock poidan deterse unhas dúas voltas despois do que fagan o resto dos sete primeiros. Co coche por debaixo do peso permitido, Heidfeld troca motor, cambio e sae dende os boxes. Os pronósticos de choiva persisten […]

GP Singapur, sábado – 20090926

Previo Pouco que engadir entre onte e hoxe agás o rumor de que David Richards parece pretender mercar a escudería Renault F1 por uns módicos $50 millóns e a teima de Alonso ao ignorar as protestas que lle instan a ceder a vistoria do pasado ano ao segundo, Rosberg. Cabe lembrar que o asturiano o […]

GP de Singapur, venres – 20090925

Previo Definitivamente este é o ano das polémicas. Porén vou seguir unha orde cronolóxica dos acontecementos entre GPs. Así sábese que o Banco Santander, maila anunciar o seu acordo con Ferrari, confirma que seguirá tamén con McLaren só nos monos dos pilotos, non nos monopostos e posiblemente baixo o nome da filial Abbey. O asunto […]

GP Italia, domingo – 20090913

Previo Comezando polos pesos de saída cabe mencionar que Alonso sae bastante cargado pero coido que desta vez haberá que descontar o  peso do KERS. O máis cargado de entre os dez primeiros é Rubinho aínda que pode ser penalizado con cinco posicións por mor dun posible troco na súa caixa de cambio danada tralo […]

GP Italia, sábado – 20090912

Previo Durante os adestramentos de onte sabíase xa que Renault e Briatore deron comezo unha acción criminal contra os Piquet, pai e fillo, e até houbo comentarios sobre a vida persoal de Nelsinho. Tamén onte, o xornal brasileiro especializado no mundo do motor Grande Prêmio ofrecía un amplo e elocuente artigo co diálogo mantido entre […]