GP Italia, venres – 20090911

Previo

Moitas novas neste tempo entre GPs. Aínda que en principio o máis importante debería ser a confirmación do patrocinio do Banco Santander a Ferrari por cinco anos, realmente a noticia estrela é a denuncia feita por Nelsinho Piquet perante a FIA polo acontecido no GP de Singapur de 2008, aquel no que Alonso dominou en adestramentos pero na calificación o seu monoposto tivo unha falla mecánica e obrigou ao asturiano a sair moi atrás e cunha estratexia agresiva. Naquel no que Alonso sairía moi leve, abastecería na volta 12ª e grazas a un inesperado accidente de Nelsinho e maila saída do pace car recuperou moitas prazas e, sen desemerecer a súa abraiante carreira, rematou gañando ese GP. Todas as fontes subliñan que Alonso non sabía nada desta historia, algo que é confirmado polo propio piloto.

Pois be, tes a tradución completa (ao pt-br) da declaración feita por Nelsinho ante a FIA. Nela o fillo do tri-campión brasileiro di que tal accidente foi proposto pola dupla Flavio Briatore e Pat Symonds. Até confirma que Briatore lle deu as grazas ao remate dese GP. Tras isto a FIA abriu oficialmente unha investigación na que as partes declararán o vindeiro 21 de setembro. Pola súa banda, o compatriota Rubinho alfineta en Nelsinho afirmando que «Se fez isso, não merece estar no esporte«. Outro brasileiro, o presidente de Renault, Carlos Ghosn, ameaza con procesar a Nelsinho tralo resultado da reunión da FIA.

Noutra orde de cousas, o pobre espectáculo dado por Badoer defendendo as corres de Ferrari provocou un monte de novas especulacións dunha anticipada entrada de Alonso na Scuderia. Maila todo isto non aconteceu pois o elixido foi Fisichella. Tamén soaron os nomes de Kubica e até o de Rossi. Sexa como fora, Fisico estará actuando como primeiro piloto nos derradeiros cinco GPs de 2009 porque agrárdase que Massa xa estea plenamente efectivo para o primeiro GP de 2010.

Outros asuntos chamativos foron, en breve, o suposto interese de Marcedes en ser accionista maioritaria da Brawn, o regreso de Williams e Force India á FOTA, a procura de compradores da escudería BMW-Sauber, a confirmación de que Renault empregará o KERS en Monza, a contratación de Liuzzi en Force India, a elevación dos bordos das chicanes de Monza ou que Alguersuari fixo unha frustada tentativa no campionato do mundo de karts categoría KZ1 onde gañou, unha vez máis, a gran promesa belga Jonathan Thonon.

Adestramentos

Agás os sustos de Hamilton e Timo Glock provocados polas elevadas cebras das chicanes, todo transcurríu con normalidade. Os resultados da primeira sesión foron HAM KOV SUT ALO (4º) HEI BUE BUT FIS WEB RAI (10º)  KUB BAR ROS NAK GRO LIU ALG VET TRU GLO. A velocidade máxima foi atinxida por Alguersuari a 344.1 km/h, seguido polo seu compañeiro de escudería.

Os segundos adestramentos tiveron este resultado: SUT GRO ALO KOV KUB GLO HEI RAI NAK BUE (10º) HAM LIU WEB ALG (15º) BAR ROS VET BUT FIS

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Bélxica, domingo – 20090830

Previo

Os titulares son unánimes xa que logo temos a máis sorprendente das cualificacións dos últimos tempos. Olla por exemplo en Tuttosport (Impresa Fisichella: pole!), Autosport (Fisichella: The best moment of my life) ou en Quatro Rodas (Fisichella surpreende e faz pole em Spa). Quen apostase algúns cartos por unha pole de Force India abofé que hoxe tería uns bos dividendos. A felicidade do multimillonario propietario Vijay Mallya é evidente.

E xa van uns cantos exemplos de veteranos acadando éxito este ano. Sen irmos moi aló, hai unha semana en Valencia foi Rubinho gañando, hoxe temos a grella de saída cos catro primeiros todos maiores de trinta anos!

En canto aos pesos, Fisico tampouco é o máis lixeiro de todos, porque Barrichello parará unha ou dúas voltas antes. E na mesma volta que Fisichella pararán Kubica e Glock. En canto ao tempo, a FIA cre que non choverá… pero, claro, isto é Spa e non sería a primeira vez que os pronósticos erran.

Carreira

Realmente emocionante maila non ser unha carreira pletórica de adiantamentos. O accidente da primeira volta deixou fóra a BUT HAM ALG GRO e logo do Safety Car Alonso tiña as de gañar moitas posicións. De feito estivo de terceiro varias voltas ata a súa parada onde, unha vez máis, outro atranco na roda, desta vez a dianteira esquerda, estragoulle calquera opción a un bo posto final.

Sobresaínte a carreira do Force India de Fisico, sempre pegado ao Ferrari de Raikkonen. A pésima saída de Rubinho e os problemas de motor de Webber e mailo do propio Rubinho nas derradeiras voltas deixáronos moi lonxe dos primieros postos. O brasileiro polo menos descontou dous puntos na loita polo mundial.

Clasificación final: RAI FIS VET KUB HEI KOV BAR ROS (8º) WEB GLO SUT BUE NAK BAD

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Bélxica, sábado – 20090829

Previo

A xornada de onte en Spa-Francorchamps deixou na práctica só a segunda sesión como a efectiva para facer probas. Dela, algúns quixeron destacar que Alguersuari ficou por diante de Alonso. Sen entrar en detalles dalgo sen importancia (a clasificación dos venres), o certo é que Jaime está sentíndose cada vez máis cómodo nun F1. Pola súa banda, Alonso está moi satisfeito e até confiado nas súas posibilidades neste GP.

Tamén seguen os rumores do anuncio de Alonso en Monza, o vindeiro GP dentro de dúas semanas. Así o confirma Lobato de acordo coas conversas que mantén con compañeiros xornalistas italianos e a contínua presión que está a sufrir Raikkonen.

Tamén estase a comentar a posibilidade dun terceiro monoposto por escudería o cal fai que até o propio Domenicali anticipe que propiciaría o regreso de Schumacker a Ferrari maila ser un grave problema de visión a causa da ausencia do alemán en Valencia.

Os adestramentos libres do sábado deron o seguinte resultado: HEI TRU SUT GRO GLO KUB ROS FIS HAM BUT RAI BUE KOV VET ALG (15º) BAR ALO (17º) BAD NAK e WEB (sen tempo).

Cualificación

Webber troca de motor, confirmando un dos poucos punto fracos dos Red Bull que provoca fallos de motor, as esixencias aerodinámicas da súa parte traseira.

Na Q1 os resultados foron: FIS TRU BAR SUT WEB VET GLO ROS HEI RAI KUB KOV ALO BUT HAM (15º), eliminados BUE ALG NAK GRO BAD

Na Q2 as sorpresas foron maiúculas sen necesidade de factores externos como a choiva. Velaquí os resultados: TRU KUB VET FIS HEI BAR GLO WEB RAI ROS (10º), eliminados SUT HAM ALO BUT KOV. Pois iso, fóra Alonso, Hamilton e Button, quen comando o mundial. Sorprendente?

Si, sorprendente! Os resultados finais foron: FIS TRU HEI BAR KUB RAI GLO VET ROS.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP de Bélxica, venres – 20090828

Desculpas

Teño que abrir unha sección pola ausencia de cobertura do GP de Europa celebrado a pasada semana en Valencia por mor de varias circunstancias. As princiapis foron que comecei un proceso gripal, estiven involucrado na instalación dun Centro Multimedia baseado en GNU/Linux co que poder gravar TV entroutras funcionalidades e tomei uns ridículos dias de vacacións nos que necesitaba afastarme dun computador (cousa que non puiden facer!).

Sexa como fora, velaquí as miñas desculpas.

Previo

Entre algunhas das cousas non sinaladas polo GP de Europa destaco que o acordo Ferrari-Santander anunciarase en Monza (11-12-13 setembro) e, segundo GPWeek, por causa do accidente de Massa o anuncio de Alonso como piloto ferrarista non acontecerá nesas datas, adiándose ata a recuperación de Felipe. Chamoume a atención que Whitmarsh de McLaren fixera público o seu inmenso arrepentimento por perder a Alonso ao tempo que da por feito que o asturiano irá a Ferrari.

A carreira en Valencia foi bastante monótona e, maila pensar moita xente que Barrichello venceu polo erro en boxes co coche de Hamilton, penso que Rubinho venceu convencendo e así o comenta o propio Lewis.

Outro detalle salientable é que en Renault están estudiando a posibilidade de incorporar de novo o KERS en Monza.

Adestramentos

Ao contrario do que adoita contecer, foron moitos os pilotos que decidiron dar voltas en Spa xa logo no comezo da sesión. Logo viuse que iso era debido a choiva que chegou con forza ao circuito impedindo mellorar eses rexistros iniciais. A choiva pode estar presente todos os dias deste GP.

A primeira sesión deu como resultado: TRU BUT ALO BUE ALG BAR RAI KOV KUB BAD FIS ROS GRO HEI NAK SUT WEB GLO, con VET e HAM sen tempo.

A segunda sesión foi xusto o contrario en canto a meteoroloxía, sol radiante e pista seca. Sabresaínte a actuación de Alguersuari pois a 20 minutos do remate permanecía no 4º posto da táboa. A orde final foi: HAM GLO RAI WEB GRO FIS TRU KUB ALG (9º) VET BUE KOV SUT ALO (14º)  NAK HEI BUT BAR ROS BAD. Ata o penúltimo, todos no mesmo segundo!

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Europa (Valencia) -previo-, venres – 20090821

Previo

Dado que entre o anterior GP e este mediou case que un mes, resumo separadamente neste previo o moito acontecido neste tempo teoricamente vacacional.

O anterior GP pode ser lembrado por ter sido o regreso de Alonso á pole position, a estrea de Alguersuari e o grave accidente de Massa. Alonso sinalou que «Non creo que gañase, pero seguro que un terceiro ou cuarto podería ter feito. (…) Empezou a fallar a bomba de gasolina, tiña que trocar as reglaxes do volante, e logo no pit stop comezou a vibrar a roda dianteira até que foi polo aire.» Este feito provocou unha sanción inicial moi severa pois a FIA impúxolle a prohibición a Renault de correr en Valencia.

Pola súa banda, Alguersuari fixo un gran traballo e comprobou o duro que é competir da F1 dicindo «Aprendín moito, mai teño que dicir que hai algúns aspectos da F1 que me fixeron pensar: ‘caramba, isto é difícil’«.

Porén, a atención xeral estaba posta no estado de saúde de Massa tralo seu gravísimo accidente. Gary Hartstein, delegado-médico da FIA, afirmou que Felipe precisaría de meses ata recuperarse pero tamén chegou a temerse polo estado do ollo do piloto. Isto provocou que o lercheo de todo tipo dera comezo na prensa deportiva. A italiana Tuttosport apuntou a posibilidade de que Alonso correse en Valencia e logo puxo como a Schumacher como o substituto elixido. Finalmente o alemán consegue a aprobación da FOTA para realizar probas aínda que logo Red Bull e Williams xa vetan ao alemán para que tales probas sexan feitas cun F60, o monoposto desta tempada. Loxicamente, por outra parte, dado que Algersuari non tivo esa oportunidade na súa recente estrea pola prohibición regulamentaria a facer probas ao longo do campionato.

Neses intres BMW anuncia a súa saída da F1 a partires da seguinte temporada alegando «motivos ecolóxicos«! Acto seguido Epsilon Euskadi confirma de novo a súa candidatura para cubrir esa praza vacante e a FOTA propón a inclusión dun terceiro coche para as escuderías.

Renault confirma que apelará a sanción que lle foi imposta tendo ademais á RFEA presentando tamén alegacións a favor de Alonso dado que considera que o asturiano é a víctima real da sanción e isto, para colmo, aféctalle notablemente aos ingresos por entradas no GP en Valencia.

Unha curiosidade acontecida entre medias foi o grave accidente de Kimi Raikkonen no Rally de Finlandia o cal novamente dispara os comentarios da entrada de Alonso o vindeiro ano en Ferrari. Alguersuari tamén participou noutra proba distinta da F1 pois chegou en terceiro na primeira manga e gañou a segunda da Fórmula Renault 3.5 Series, proba celebrada en Portimão, no Algarve portugués. Logo diso, o catalán afirmou nunha entrevista a un xornal luso que «non diría que non a morrer nun F1 correndo«.

O 1 de agosto asínase por fin o Pacto da Concordia na F1 que garante a participación dos actuais equipos até 2012. Pouco despois tamén se anuncia que a FIA reabre o estudo de candidatas a substituir a BMW.

Para rematar este longo previo, deixo a noticia de que Alonso si correrá en Valencia (Renault tivo unha sanción de $50.000) e que finalmente será Badoer e non Marc Gené quen substitúa a Massa en Valencia porque Schumacher alegou dores no seu colo e a súa renuncia. Alguén chegou a afirmar que o alemán até sufriu un desmaio mentres pilotaba en Mugello.

A despedida final vai para Thomas Knopper, morto mentras disputaba unha proba de kart.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Hungría, domingo – 20090726

Previo

Espertei hoxe coas novas referidas ao grave accidente de Felipe Massa de onte: «Objeto atinge Massa, e piloto sofre forte acidente no treino na Hungria mas o Felipe Massa não corre risco de morte. Com pequena lesão no cérebro, Massa está em coma induzido«. A ampliacións de todas estas informacións telas aquí.

Onte, durante a cualificación, comenteille a un amigo que se fixara nun detalle, un recadro que amosa en verde a presión no acelerador e vermello a do freo. As dúas cores están a tope, acelerando e freando a tope á vez, o cal suxire que Felipe xa ía desmaiado a carón da barreira de neumáticos, chocando cunha forza G de valor 5, o equivalente a cinco veces o peso do seu corpo. No seguinte video da TV Globo confirman esta idea:

De todos os xeitos, teño total confianza na forma física de Massa e de calquera piloto de F1. Neste caso a sorte, pódese dicir así, foi a que fixo que a mola fora impactar xusto no límite do casco e a visera. De ter impactado na visera, hoxe estaríamos lamentando algo moito máis tráxico.

Fóra disto, a publicación dos pesos dos monopostos confirman a estratexia agresiva de Alonso quen tentará, igula que en 2003, pór terra por medio antes da súa primeira parada. Salvo o seguemento desta estratexia, a carreira de Hungría pode ser un auténtico tostón, coma sempre, xa que logo o circuito non é proclive aos adiantamentos.

Carreira

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP de Hungría, sábado – 20090725

Previo

A estrea de Alguersuari como piloto da Toro Rosso foi moi satisfactoria maila ser o último de cada unha das tandas do venres. Hai que ter en conta que o rapaz só andivera uns 200 km cun F1 antes desta estrea e rematar a poucas décimas do seu compañeiro de equipo, o mesmo que derrotaba ao demitido Bourdais, é un gran éxito. Alguersuari confesa que se sintiu moi cómodo e até ten outro importante defensor, Vettel, quen critica ás regras da F1 que prohiben facer adestramentos privados, feito que impede o acceso a novos pilotos á categoría.

Souben que os rumores que sinalaban a saída de Nelson Piquet Jr de Renault eran certos. De feito, botárono fóra e logo dunha xuntanza coa familia Piquet ao seguinte martes tras Alemaña volveu ser readmitido. As tensións son evidentes pois Nelson xa afirma que «Briatore não entende porra nenhuma«. Daquela, o divorcio semella ser inevitable.

Nos adestramentos libres do sábado, Alguersuari soprende marcando o sextoa vinte minutos do remate, logo o segundo mellor tempo e remata mellorándoo. Pouco despois é Alonso que o supera e provisionalmente comandou a lista ata que Hamilton recupera o posto de honra na seguinte volta. O resultado final foi: HAM (1’21″009) HEI ROS KOV BUE GLO MAS NAK WEB VET (10º) KUB TRU BAR PIQ RAI ALO (16º) BUT ALG FIS SUT.

Os McLaren confirman a súa gran melloría.

Cualificación

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Hungría, venres – 20090724

Previo

Aínda agardando o acordo definitivo FOTA-FIA, foron outras, realmente poucas e de pouca trascendencia, as novidades a salientar entre GPs agás a confirmación como piloto de Toro Rosso do catalán Jaime Alguersuari, o campión máis novo da F-3 británica e tamén o máis novo en estrearse aos mandos dun F1.John e Henry Surtees

Outras novas foron as dos plans de Mercedes de fornecer a tres equipos de F1 a partir do vindeiro ano, o falso anuncio de dimisión de Nelson Piquet Jr pola Renault maila seguir estando o seu posto en perigo, a nova que sinala o interese de Alonso de crear un novo equipo de ciclismo, a candidatura de Jean Todt (ex-Ferrari)  á presidencia da FIA contando co apoio de Max Mosley, máis rumores sobre Raikkonen pois dícese que está ofrecéndose a Brawn e Toyota así como o interese de Villeneuve en voltar á F1 e a confirmación de que Danica Patrick non pilotará na F1 no 2010.

Como nota tráxica está a morte de Henry Surtees, fillo do ex-campión de F1 e motociclismo, morto en accidente de F2 en Brands Hatch. O video (outro máis) do accidente amosa como un monoposto sae da pista perdendo unha das súas rodas, con tan mala sorte que xustamente foi caer na testa de Henry.

Adestramentos Libres

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Alemaña, domingo – 20090712

Previo

A predición de choiva pode ser determinante en Nürburgring, entroutros motivos porque pode provocar a saída do coche de seguridade e agrupar aos rezagados. De feito a mañá comezou chovendo. Ademais da meteoroloxía outro dos factores a ter en conta é a cantidade de combustible que leva cada quen. Lendo estos datos, sorprende comprobar que os Brawn leven menos carga cós Red Bull, até menos cós McLaren. Hamilton cre que as melloras dos McLaren pódenlle dar o seu primeiro pódium da tempada e axiña tamén a primeira victoria.

Tras estes, o seguinte en levar menos peso é o Renault de Alonso! Isto amosa ben ás claras que o asturiano pensa levar unha estratexia agresiva. Para nós, espectadores, isto é gran aliciente. O propio piloto confía en que «Será unha carreira interesante«.

Como anécdota cabe sinalar que Piquet desobedeceu as ordes de Renault de continuar cos neumáticos intermedios dúas voltas máis pois entrou en boxes e trocou a lisos, saíu e fixo o segundo da Q2 e puido entrar na Q3. Alonso si seguíu ás ordes de equipo… A máis Piquet sinala no Twitter que todo está ben en Renault, non hai risco de que vaian substituílo.

Carreira

Xusto antes da largada varios pilotos deciden alixeirar peso dando varias voltas antes de situarse na grella. Alonso, por exemplo, deu cinco. Todo isto é feito por mor de que a predición de choiva desminuíu, apenas se agarda mal tempo.

Saída moi beneficiosa polos que levan KERS, McLaren e Ferrari. Maila boa saída, Hamilton pincha e perde toda opción. Alonso queda atrapado tras Kubica, sempre a menos dun segundo, claro que vai máis leve. Aínda e así é superado por Fisichella.

Webber é penalizado cun drive- through por un incidente na saída. Mágoa! Alonso, facendo o que pode desde atrás, marca a volta rápida da 48ª volta, indo nos puntos, no 7º posto. Repite na 49ª deixando a marca de Webber a medio segundo! A partires daquí, carreirón do asturiano maila non poder ultrapasar aso Brawn, por moi pouco. A volta rápida é de Alonso.

O campionato fica máis emocionante. Resultados da carreira: WEB VET MAS ROS BUT BAR ALO (7º) KOV GLO HEI FIS NAK PIQ KUB SUT BUE TRU HAM

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Alemaña, sábado – 20090711

Previo

Despois do moito acontecido entre GPs, agora só resta ollar os adestramentos e ver se se confirman os rumores da entrada do catalán Alguersuari no posto de Bourdais como unha das poucas novidades a salientar. Tamén periga o posto de Nelson Piquet Jr. en Renault. Outro que quere canditarse ao asento de Bourdais é o campión de rallyes Loeb… pero Alguersuari semella estar mellor posicionado (entrevista). O catalán podería ser o piloto máis novo que estrearía na F1, superando por tan 20 dias o actual récord en mans de Mike Thackwell.

En canto a guerra FIA-FOTA, Eccelstone cre que Mosley hase retirar da presidencia da FIA e o ex-piloto de rallyes Vatanen di que se presenta como candidato a esa presidencia.

Terceiros Libres

Transcorren con temperaturas moi baixas a pesares de ser o dia co mellor pronóstico meteorolóxico de toda a semana.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Alemaña, venres – 20090710

Previo

Ante todo dicir que onte (venres) non puiden facer a anotación por non dispor de Internet. Descoñezo o erro que tivo a miña operadora pero agora mesmo está resolto.

En fin, ao tema. Deixamos o GP de Gran Bretaña coa guerra FOTA-FIA en pleno apoxeo. Tralo GP, continúan as críticas e declaracións: Domenicali crita o estrago de cartos que supuxo o KERS, Ecclestone afirma que non permitirá que o cisma se produza, Briatore reafirmando que o tempo para acordo pasou, Montezzemolo publica un estudo que sinala que o valor de Ferrari supera á todo o da F1, un directivo de Dorna descarta encabezar un campionato paralelo, FOTA publica o seu calendario provisional con 17 etapas e… a paz semella oa fin chegar cun anuncio de Mosley e a confirmación da FIA.

Rematou o conto? Non! O teórico acordo acadado contemplaba varios puntos, como a axuda dos equipos actuais aos novos. A prensa sinala a victoria da FOTA mentras Mosley pide independencia á FIA e, sorprendentemente, declara que o cisma aínda é posible e até que «bailaron sobre a miña tumba antes de soterrarme«.

Por se esta novela de intriga non tivera suficientes ingredientes, vai o Ecclestone e di que «prefire os rexímenes totalitarios» ata eloxiar a Hitler. Logo arrepentiuse… Button engade sen modestia que «sou o mellor piloto do mundo» (a verdade e que dubido que o dixera, habería que contemplar o contexto no que dixo iso, a entonación…).

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Gran Bretaña, domingo – 20090621

Previo

Tralos resultados da cualificación, a FIA comunicou os pesos dos monopostos. Alonso é o segundo con aparente menos carga. Digo ‘aparente’ porque os pesos reflictidos son os dos monopostos, non especificamente a carga de combustible. É posible que os Renault sexan dos coches máis lixeiros ou dos que menos consume da grella porque case sempre os cálculos dan unha entrada en boxes varias voltas antes do que acontece finalmente. Outra razón que me fai crer nesta posibilidade é que Renault foi deseñado para levar KERS, trebello que logo foi desbotado. Por certo, só Ferrari leva KERS…

A grella amosa a posible nova escudería dominadora desta fase do campionato: Red Bull. Button, sexto, non cre que a diferenza sexa tan grande cos Red Bull.

Falando da guerra FOTA-FIA, Max Mosley deu unha incendiaria entrevista á BBC na que, ao comezo sen dar nomes pero chamando a unha facción dos equipos ‘rebeldes’ como «chalada» (loony), finalmente insinúa que o tipo que ten aspiracións de ser o substituto de Bernie Ecclestone é Flavio Briatore. Ao final estende o cualificativo ‘loonies‘ a todos os persoeiros da facción rebelde. Remata sinalando que non cre que haxa unha rápida solución pero mantense certo en que as cousas voltarán á normalidade cando remate o proceso xudicial contra «Ferrari e maila FOTA» pois a italiana xa tiña asinado coa FIA antes desta guerra. A chave semella ser pois Ferrari. Onde estea ela, estarán as demais.

Carreira

A FIA da certas posibilidades de choiva… pero finalmente non acontece.

A pésima saída de Button e Trulli estragaron o percorrido de Alonso deixándoo por detrás dun Heidfeld co alerón dianteiro tocado pero suficiente para parar ao asturiano, mentras o compañeiro de grella, Kimi, pulou para o quinto lugar. A partir daí, dominio total dos Red Bull, cos Brawn en baixón.

O resultado final: VET WEB BAR MAS ROS BUT TRU RAI GLO FIS (10º) NAK PIQ KUB ALO HEI HAM SUT BUE.

Mentras imos cara o seguinte GP a atención está en comprobar que acontece co cisma FOTA-FIA. Polo de agora, as escuderías reuniranse esta mesma semana para comezar o deseño das características técnicas dos monopostos co gallo de «ofrecer a mellor competición posible a un custo razonable«.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp