GP Italia, venres – 20090911

Previo Moitas novas neste tempo entre GPs. Aínda que en principio o máis importante debería ser a confirmación do patrocinio do Banco Santander a Ferrari por cinco anos, realmente a noticia estrela é a denuncia feita por Nelsinho Piquet perante a FIA polo acontecido no GP de Singapur de 2008, aquel no que Alonso dominou […]

GP Bélxica, domingo – 20090830

Previo Os titulares son unánimes xa que logo temos a máis sorprendente das cualificacións dos últimos tempos. Olla por exemplo en Tuttosport (Impresa Fisichella: pole!), Autosport (Fisichella: The best moment of my life) ou en Quatro Rodas (Fisichella surpreende e faz pole em Spa). Quen apostase algúns cartos por unha pole de Force India abofé […]

GP Bélxica, sábado – 20090829

Previo A xornada de onte en Spa-Francorchamps deixou na práctica só a segunda sesión como a efectiva para facer probas. Dela, algúns quixeron destacar que Alguersuari ficou por diante de Alonso. Sen entrar en detalles dalgo sen importancia (a clasificación dos venres), o certo é que Jaime está sentíndose cada vez máis cómodo nun F1. […]

GP de Bélxica, venres – 20090828

Desculpas Teño que abrir unha sección pola ausencia de cobertura do GP de Europa celebrado a pasada semana en Valencia por mor de varias circunstancias. As princiapis foron que comecei un proceso gripal, estiven involucrado na instalación dun Centro Multimedia baseado en GNU/Linux co que poder gravar TV entroutras funcionalidades e tomei uns ridículos dias […]

GP Europa (Valencia) -previo-, venres – 20090821

Previo Dado que entre o anterior GP e este mediou case que un mes, resumo separadamente neste previo o moito acontecido neste tempo teoricamente vacacional. O anterior GP pode ser lembrado por ter sido o regreso de Alonso á pole position, a estrea de Alguersuari e o grave accidente de Massa. Alonso sinalou que “Non […]

GP Hungría, domingo – 20090726

Previo Espertei hoxe coas novas referidas ao grave accidente de Felipe Massa de onte: “Objeto atinge Massa, e piloto sofre forte acidente no treino na Hungria mas o Felipe Massa não corre risco de morte. Com pequena lesão no cérebro, Massa está em coma induzido“. A ampliacións de todas estas informacións telas aquí. Onte, durante […]

GP de Hungría, sábado – 20090725

Previo A estrea de Alguersuari como piloto da Toro Rosso foi moi satisfactoria maila ser o último de cada unha das tandas do venres. Hai que ter en conta que o rapaz só andivera uns 200 km cun F1 antes desta estrea e rematar a poucas décimas do seu compañeiro de equipo, o mesmo que […]

GP Hungría, venres – 20090724

Previo Aínda agardando o acordo definitivo FOTA-FIA, foron outras, realmente poucas e de pouca trascendencia, as novidades a salientar entre GPs agás a confirmación como piloto de Toro Rosso do catalán Jaime Alguersuari, o campión máis novo da F-3 británica e tamén o máis novo en estrearse aos mandos dun F1. Outras novas foron as […]

GP Alemaña, domingo – 20090712

Previo A predición de choiva pode ser determinante en Nürburgring, entroutros motivos porque pode provocar a saída do coche de seguridade e agrupar aos rezagados. De feito a mañá comezou chovendo. Ademais da meteoroloxía outro dos factores a ter en conta é a cantidade de combustible que leva cada quen. Lendo estos datos, sorprende comprobar […]

GP Alemaña, sábado – 20090711

Previo Despois do moito acontecido entre GPs, agora só resta ollar os adestramentos e ver se se confirman os rumores da entrada do catalán Alguersuari no posto de Bourdais como unha das poucas novidades a salientar. Tamén periga o posto de Nelson Piquet Jr. en Renault. Outro que quere canditarse ao asento de Bourdais é […]

GP Alemaña, venres – 20090710

Previo Ante todo dicir que onte (venres) non puiden facer a anotación por non dispor de Internet. Descoñezo o erro que tivo a miña operadora pero agora mesmo está resolto. En fin, ao tema. Deixamos o GP de Gran Bretaña coa guerra FOTA-FIA en pleno apoxeo. Tralo GP, continúan as críticas e declaracións: Domenicali crita […]

GP Gran Bretaña, domingo – 20090621

Previo Tralos resultados da cualificación, a FIA comunicou os pesos dos monopostos. Alonso é o segundo con aparente menos carga. Digo ‘aparente’ porque os pesos reflictidos son os dos monopostos, non especificamente a carga de combustible. É posible que os Renault sexan dos coches máis lixeiros ou dos que menos consume da grella porque case […]