Creando USB con Ubuntu desde M$

Aproveito que hei dar unha xornada sobre SwL onde os equipos non teñen nin arranque dual nin SwL instalado, só software privativo de M$. Para ilo preparei estas instrucións: 1.- descarga o arquivo ‘.iso’ que contén a Ubuntu 9.04 Jaunty. 2.- Segue os pasos deste artigo. 3.- Ese artigo di que descargues a aplicación uSbuntu. […]

Presentacións na OSREVOLUTION’09

A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores. Modelos Negocio en Sw Libre Sw Libre na empresa galega: CTI TEGNIX, AGASOL asennadas

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que “tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio“. Podes comprobalo neste video: [gv data=”G7K0Qhw0TWo”][/gv] Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que “Non existe ningún título legal, ningunha licenza de […]

Xornada de SwL na Fundación C.E.L. (Lugo)

O vindeiro xoves 28.05.2009 ás 19.00 hs na Fundación C.E.L. en Lugo darei un novo relatorio, desta vez titulado “Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa“. O evento terá lugar no Site (Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial) – Pazo de Feiras e Congresos ( olla o mapa). Máis detalles nesta ligazón. asennadas

Lapsus, quixen dicir delicious.com

Onte na Cámara de Comercio da Coruña tiven un lupsus ao suxerir a web Digg.com como sitio onde gardar ligazóns interesantes e clasificables con tags (etiquetas). Desculpade, errei! O sitio que emprego cada vez máis é Delicious.com. asennadas

SwL na Cámara de Comercio da Coruña

O vindeiro xoves 21 de maio 2009 ás 19 hs darei un relatorio titulado “Linux e Software Libre: Garantía de Éxito para as PEMES” na Cámara de Comercio da Coruña sita na rúa Alameda 30-32 1º – 15003 A Coruña. Se estás interesado en acudir ao evento terás que encher antes o formulario. Farei unha […]

Matará SaaS ao SwL?

No outono de 2006 estreei unha presentación titulada “Cara onde vai o Software Libre?” que logo repetín o 7 de febreiro de 2007 na CISL de Badaxoz cun mínimo de tempo dispoñible. Daquela decidín centrarme tan só na visión pesimista dun sempre hipotético futuro. Os puntos tratados foron: DRM (Digital Rights Management), Hardware Privativo, Innovacións […]

Conferencia en la UPSA (Salamanca)

Dejo el enlace de la conferencia que he dado en el Aula Minor de la Universidad Pontificia de Salamanca (UPSA) el pasado 12 de marzo de 2009. Esta es una nueva versión, la 2.0 beta, por varios motivos: está en castellano obviamente he renovado la estrategia global, retirando textos, incluyendo más imágenes e incrustando vídeos […]

En 12 hs dous relatorios en dúas vilas

A verdade é que seis anos dando relatorios sobre SwL dan para moito. Realmente moitísimo se temos en conta que apenas rexeitei intervir nun par de ocasións e sempre por mor de causa maior, nomeadamente en Foz e Ponteareas (na que xa fora dúas veces). Nelas saía de vacacións coa familia e, polo tanto, foi […]

IV Xornadas de SwL en Monforte

O departamento de informática do IES A Pinguela, de Monforte de Lemos, organiza as IV Xornadas de Software Libre para os vindeiros días 12 e 13 de febreiro en horario de 10 a 13 horas. O evento conta co seguinte programa: Xoves 12 Achegamento ao SwL, por Saúl Vérez Fernández, SCA Informática. Facendo Galinux, por […]

AGASOL rematará a xira en Vilagarcía

O vindeiro xoves 12 de febreiro, ás 19,30 horas, realizarase a sesión informativa “Software Libre contra a crise -Mellore a súa rentabilidade con Linux e SwL-” no auditorio da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa (información e e inscrición de balde), sita na Avda Doctor Tourón, 46. Con esta xornada remata AGASOL unha xira […]

O longo proceso dixestivo ata amar ao SwL

Non teño xeito de comprobalo con certeza pero durante o evento no que representaba a AGASOL na Cámara de Comercio de Lugo sentín que había persoas con total rexeite ao SwL. Tan só percebín isto en dúas persoas que non estiveron despois na sesión de cattering e, polo tanto, non puiden entrar a pedrilles explicacións […]