Velocidade de resposta ante problemas de seguridade

Slashdot sinala que vendedores de software privativo, neste caso Microsoft e Cisco, finalmente publicaron os seus parches para vulnerabilidades no protocolo TCP tras un ano de coñecerse! Esas vulnerabilidades afectaban a todos os dispositivos de Cisco que executasen o software IOS e un elevado número de sistemas Microsoft, tanto servidores como de escritorio. Esta última […]

Instalacións masivas automatizadas con SystemImager

Sei de SystemImager pola resposta que deu o amigo Óscar Casal nunha lista de correo. SystemImager é un programa que automatiza instalacións masivas de GNU/Linux, distribución de software e implantacións de produción. Segundo a súa wiki, SystemImager fai máis doado a automatización de instalacións (clons), distribución de software, distribución de contidos ou datos, cambios de […]

Por que NON extirpar Mono? (Ubuntu)

Onte escribín un artigo sobre o “dilema” Mono ofrecendo o parecer de Richard Stallman e, de estares de acordo co seu discurso, tamén daba o método para eliminalo do teu sistema. Moitas distros inclúen Mono na súa instalación por defecto, entre elas OpenSUSE, Debian e Ubuntu. Velaquí a posición que ten Ubuntu sobre o asunto […]

Por que extirpar Mono? Como facelo?

Richard M. Stallman comenta: A decisión de Debian de incluir Mono na súa instalación predeterminada, pongamos por caso que debido a que Tomboy está escrito en C#, leva á comunidade a unha dirección arriscada. É perigoso depender de C#, polo tanto preciso desanimar o seu uso. O problema non só é debido a Mono xa […]

Automatizando a importación de claves GPG para repositorios (.deb)

Unha das tarefas máis engorrosas á hora de engadir novos repositorios en Ubuntu é a importación de claves GPG para garantir a auténtica fonte de onde baixas os paquetes de software. Isto pode facerse de xeito manual (olla o exemplo desta entrada) ou empregando interfaz gráfica pero ningún dos dous xeitos é amigable. Atopei un […]

Material de Curso de Administración de sistemas GNU/Linux

Jorge Fuertes, ex-presidente de Hispalinux, vén de anunciar unha páxina que recompila as unidades didácticas xeradas para os seus cursos de administración de sistemas. Inclúen exercizos, solucións e explicacións dirixidas a unha clara e rápida comprensión dos temas, sen pretender ser exhaustivas pero tratando de chegar ao alumnado con todo o importante. Púxoas a disposición […]

Hardy a Jaunty, compiz + intel GM965

Pasar de Hardy á Jaunty (Ubuntu 9.04) mediante unha nova instalación resultou moito máis sinxela do pensado agás por unha única dificultade, a tarxeta de video intel GM965, tamén de rápida solución. Para ilo fixen copias de seguridade nun disco externo onde deixei gardado e a man a lista de software que tiña instalado dpkg […]

A Arte de HACKEAR Pessoas

É o título dun libro de Antonio Marcelo e Marcos Pereira, editado por Brasport. Aborda os problemas da enxeñaría social,  os crimes dixitais, ataques de phishing e afíns. O libro consta dos seguintes capítulos: Capítulo I – Hackeando Persoas Capítulo II – Presentando ao Enxeñeiro Social Capítulo III – Enxeñaría Social para Diversión e Lucro […]

YourGnome, garda a configuración do teu Gnome

yougnome permite crear unha copia de seguridade de todas as cousas relacionadas co teu Gnome nun arquivo de tipo tar.gz. Este programa xa dispón de interfaz gráfica. Que garda yourgnome? Velaquí a lista: Todos os temas. Configuración de gnome-panel. Bluetooth-manager (axustes). Axustes de Evolution. Configuración de file-roller. Configuración de gnome-screensaver. Configuración de gnome-session. Configuración de […]

Detectando Conficker desde GNU/Linux

Se tes que lidar con esta ameaza, por usar ou administrar unha rede con calquera versión Window$, xa saberás que hoxe é o dia anunciado para a terceira reencarnación do temido virus “Conficker” (Win32/Conficker.C), tamén coñecido como “Downadup” ou “Kido“. Cadra co April Fool’s Day pero todo o mundo cre que será unha realidade. De […]

UE vota medidas teleco con torpedo

Hase votar hoxe mesmo na Comisión Europea o paquete de medidas que regularán as telecomunicacións e a sociedade da Información na UE coas consabidas “emendas torpedo“. Con tal motivo diversas organizacións escribiron unha carta que podes mandar aos europarlamentarios que creas convinte: A carta A lista de Europarlamentarios Para mandar unha mensaxe directamente a todos […]

Vyatta, solución router, firewall e VPN

Vyatta é unha solución para teres un router, firewall e VPN de código aberto, con soporte comercial, creada para competir coas solucións privativas e inflexibles existentes no mercado, como as da Cisco. Daí que a propia Vyatta ofreza un desafío comparativo da súa solución fronte á da Cisco, de quen se declara competencia directa. Só […]