César Mauri Loba (Ass. Prov. de Parálise Cerebral de Tarragona) comenta:
O proxecto Enable Viacam foi escollido Finalista nos 2009 Community Choice Awards na categoría de Best New Project (mellor proxecto novo). Agora é a votación final e necesitamos que volvas votarnos.
O proceso só che ocupará un minuto e consiste en 6 pasos:
- Abre co navegador este enderezo.
- (Opcional) Escolle un proxecto para cada categoría
- Introduce o teu enderezo de correo-e no cadro de texto inferior
- Fai clic en «Send My Vote Now!«
- Fai clic en «Yes, I’m done«
- Recibirás un correo. Fai clic no enlace adxunto.
Fai toda a difusión que poidas. Moitas grazas!
eViacam xa foi comentado neste artigo e sobre proxectos relacionados con Biometría, o amigo Cabelo leva mandándonos unha morea de artigos a AGNIX. Sobre o proxecto eViacam Cabelo fixo este video
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Brasil, FLOSS, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Souben por Eskorpio da publicación da nova lista dos 500 maiores supercomputadores do mundo feita por top500.org para o primeiro semestre de 2009.
Desta vez, seleccionando por familia de sistemas operativos (Operating system Family) os resultados amosan que, respecto da anterior lista, «Linux» rabuñou outros catro supercomputadores máis ao resto de sistemas, elevando a súa cifra total a 443, o cal supón o 88,60 %.
É obvio que, se a esa cifra engadimos outros como OpenSolaris ou *BSD, o montante total do SwL sube ata o 89%. Supera esa barreira se se consideran tamén os sistemas mixtos…
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Curiosidades, FLOSS, Negocios, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Presentouse en Londres o primeiro coche da empresa Riversimple. Nada especial se non fora por tratarse dun coche movido por hidróxeno e desenvolvido colaborativamente a través da 40 Fires Foundation. O proxecto dispón dunha licenza Open Source e baséase na adopción de estándares abertos como pode lerse nesta FAQ.
Outra diferenza importante é que non venden o coche, tan só o deixan baixo contrato de arrendamento (leasing) cunhas condicións excepcionais. Ver para crer!
Podes informarte máis deste nesta web, ollar unha foto do modelo (realmente unha mágoa que sexa tan feo) ou ir á fonte.
Tamén podes lembrar que hai outro desenvolvemento semellante comentado na nova titulada ‘Coche Open Source da EDAG‘, outro nomeado OSCar, unha tendencia á apertura que se confirma na aposta dalgúns grandes fabricantes no proxecto GENIVI.
asennadas
En: AGNIX, EcoloxÃa, Estándares, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.
O obxectivo principal destas xornadas é dotar ao alumnado cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un mini-robot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único
prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada.
Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as
estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.
Só hai 50 prazas e se asignarán por orde de inscrición.
Máis información e material promocional:
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza, Programación, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Linux Foundation está ofrecendo os seus primeiros cursos online de tan só dous dias de duración cada un. Estes cursos foron demandados por persoas interesadas en dispor de formación neutral, independente de empresas forncedoras.
Pretenden ser cursos tecnicamente avanzados, feitos en conxunción cos actuais líderes da comunidade de desenvolvemento do kernel Linux.
Os cursos dispoñibles polo de agora son:
- LF01 Creating Applications For Linux 2 dias $1099
- LF02 Essential Linux Device Driver Development Skills 2 dias $1099
- LF03 Linux Kernel Debugging and Performance 2 dias $1099
- LF04 Git Essentials For Developers 2 dias $1099
Todos os cursos inclúen instrucións en directo e exercizos prácticos, con preguntas e respostas aos instrutores, desenvolvedores expertos.
Podes acadar máis información sobre cada un destes cursos no seu sitio web ou mandando un correo-e a Mike Woster (mwoster _ARROBA_ linuxfoundation _PUNTO_org).
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Programación, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
1 Comentario »
XWinWrap (wiki) é un pequeno aplicativo que che permite pór a maioría das aplicacións como fondo do teu escritorio. Isto quere dicir que podes tamén empregar un protector de pantalla animado como o coñecido glmatrix, até unha película e usala como fondo de pantalla.
Polo tanto, a pesares de teres un fondo de pantalla animado, podes seguir facendo todo o teu traballo habitual.
Aínda está nas primeiras fases de desenvolvemento pero semella ser viable.
Olla este video demostrativo obtido deste artigo:
asennadas
En: AGNIX, Curiosidades, FLOSS, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Souben por Julián Coccia que o deputado arxentino Jorge Rivas foi atacado brutalmente cun golpe na testa o ano 2007. Segundo os médicos que o trataron, as súas posibilidades de vida eran practicamente nulas. Jorge quedou atrapado dentro do seu propio corpo, incomunicado durante un moi longo e penoso período de tempo.
Grazas ao soporte da súa familia, dos profesionais que o rodean, pero principalmente da súa propia forza de vontade para, como el mesmo o expresa, «volver vivir plenamente«, Jorge puido saír adiante dende o seu estado de coma.
Eduardo Lazzati, un profesional arxentino que nos principios da súa investigación acudiu a Linux Español, logrou comunicar a Jorge empregando Software Libre. Ess proxecto chámase HADA (Human Answering with Digital Assistant). A solución é unha combinación de diversos módulos, que van desde a detección do movemento dos ollos e cabeza, ata un sintentizador de voz que reproduce os textos que Jorge escribe.
O deputado arxentino puido asumir, ao fin, o seu escano onte (nova e video). En YouTube hai outro video que conta todo o acontecido.
asennadas
En: AGNIX, Curiosidades, FLOSS, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Nunha medida esperada por quen apoia ao Sw Libre, DisplayLink anunciou a liberación e publicou o código fonte do seu software gráfico que permite transmitir video por medio do porto USB.
A librería liberada permite a creación de software para GNU/Linux co obxecto que poidan traballar co amplo universo de produtos que utilizan a tecnoloxía.
Para quen desexen baixar a librería e investigar máis do tema, poden seguir a seguinte ligazón.
Souben desta nova por Fernando Acero Martín.
asennadas
En: FLOSS, Negocios, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
No boletín semanal de noticias de IBM publicado onte destaca un artigo adicado a crear unha primeira aplicación para a plataforma Android. Como se sabe, Android é unha contorna operativa completa baseada no núcleo Linux® V2.6.
De entrada, o obxectivo comercial marcado para Android foi o sector de telefonía móbil. Porén, o rango completo dos servizos computacionais e mailo seu soporte funcional danlle un potencial que vai ben máis aló dese campo.
No artigo de Frank Ableson faise unha introdución á plataforma Android e apréndese a codificar unha aplicación básica para el.
Lembra que tes máis información en Google Code así como unha lista das acutais aplicacións aquí.
asennadas
En: FLOSS, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
2 Comentarios »
Absolutamente abraiado ao ver a nova proposta de futuro de Honda, nomeadamente Fuzo.
Este coche do futuro voará, terá despegue e aterraxe vertical, catro turbinas para impulsalo a máis de 350 mph (+560 km/h!) e dous joysticks e pedais.
Para a seguridade Honda preparou un sistema Fly-by-Wire que confía no GPS opara evitar os choques. A máis posúe airbags que abren dentro e tamén fóra do vehículo.
Se prefires rodar por terra, o Fuzo inclúe catro rodas que se agochan cando prefires voar. Está feito con fibra de carbono, Kevlar e nano tubos de carbono. A capacidade é de tres pasaxeiros co posto de conducción dianteiro central.
Olla a foto e outras máis que hai neste artigo.

asennadas
En: Racing, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Moita aceptación na rede está tendo a nova do mini-pc libre e ecolóxico que aínda será lanzado o vindeiro 13 de maio no II encontro internacional de Software e Coñecemento Libre de Madrí, LibreMeeting 2009.
O mini-PC da marca iUnika é un computador portátil de 700 gramos que combina software exclusivamente Libre (baseado en GNU/Linux), o uso de enerxías renovables (mediante placa solar), o respecto ao medio ambiente (grazas á súa construción en bioplástico -un material que non aumenta o nivel de CO2 na atmosfera-), e a mobilidade (mediante conectividade GSM).
«iUnika é o primeiro fabricante de hardware que se comprometeu a utilizar exclusivamente Software Libre en todos os seus produtos«, explica Pablo Machón, presidente da Free Knowledge Foundation. iUnika está situada en España, China e Hong Kong, e ten acordos con distribuidores de todo o mundo. O computador básico porase á venda durante este mesmo mes de maio a un prezo aproximado de 130 euros.
Tralas sospeitas dun plan do goberno de distribuir mini-pc con software privativo para o alumnado de primaria, paga a pena engadir esta iniciativa. Alén de estar repleta de valores (éticos, ecolóxicos, xeradora de emprego endóxeno de alta cualificación…) é, como diría Eduard Punset, unha idea oportuna. Ilo daralle ás a prol da súa divulgación. De feito xa acontece así, mesmo antes do seu lanzamento.
asennadas
En: FLOSS, Pensamento, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »