Creación dixital en 3D con Blender no CNTG

O CNTG amplia a súa oferta formativa incluindo na súa programación a impartición dun curso de Creación dixital en 3D con Blender (PDF). A apertura do prazo de inscrición terá lugar o vindeiro día 1 de novembro, estando previsto para o 25 de xaneiro, de luns a venres e en xornadas de mañá, o inicio da acción formativa.

Para máis información consulte a ficha do curso accedendo á sección formación do menú actividades do CNTG.

O curso será dado por Antonio Carranza contratado por TEGNIX.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Holidays? No, thanks

Xa saberás que estou migrando parte do meu traballo daquí cara este outro blog (http://brenlla.tegnix.com/), sobre todo no que atinxe ao Sw Libre. Porén, tanto nese como neste, hei deter case que totalmente de pór entradas durante as vindeiras semanas.notebook-beach

Non, non será porque vaia marchar de vacacións senón tan só porque así poderei aproveitar que moita xente, se cadra ti tamén, si estean disfrutando delas e o tráfego en internet disminúe para adiantar eu os moitos traballos pendentes que teño por diante.

Maila esta declaración, non desboto caer de cando en vez na tentación e incluír algunha entrada… non vaia ser!
Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Liberado o proceso creativo da nova imaxe corporativa de TEGNIX

A anovación de TEGNIX comezada en 2007 contemplaba a incorporación dunha nova imaxe corporativa. Trala solicitude de orzamentos a diversos gabinetes de deseño e profesionais independentes, finalmente decidimos seguir a proposta feita por Claudio F. Filho quen recomendou ao profesor e amigo Daniel Confortin.

Daniel traballa con ferramentas lbres (Gimp, Inkscape, Scribus) e conta con ampla experiencia profesional en Brasil, por exemplo creando a imaxe do FISL (Fórum Internacional de Software Livre). A súa metodoloxía foi moi enriquecedora para TEGNIX toda vez que todo o proceso foi consensuándose ata acadar un resultado final do que todo o equipo síntese orgulloso.

Creative Commons License
O paquete que se adxunta inclúe o manual que é un resumo executivo de todo ese proceso obviando, entroutras, a selección de fontes, o traballo telemático, as enquisas a profesionais, o proceso de concreción, etc.

Dado o interese espertado en persoas adicadas ao deseño gráfico ás que lles comentamos todo isto, TEGNIX libera este manual baixo licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza – v3.0 España Creative Commons.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Knol ten artigo sobre Como migrar a Linux

Knol, o servizo de Google que pretende ser algunha alternativa á Wikipedia, ten un artigo  titulado «Howto migrate to Linux» do que souben grazas a Rafael R. Gaioso (fundador de MeLiSa, entrevista a Rafel en mancomun.org).melisa

O artigo  (en inglés, en castelán) inclúe de xeito sinxelo e directo como facelo, con ligazóns para ampliar esta finalidade.

Sobre  a liña  de migracións, Rafael engade o caso de Rentalia, portal con máis de 20.000 casas de aluguer, guías de praias e esquí… É a propia Rentalia a que comenta por que migraron cara SwL.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentacións na OSREVOLUTION’09

A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

TEGNIX estrea web

A nosa empresa, oficialmente C.T.I. TEGNIX, S.L., estrea web hoxe. Queda moito por facer, moito, con certeza, pero a lo menos inclúe a nosa nova imaxe corporativa e ten poucos atrancos a resolver para cumprir coas esixencias da W3C.

Pouco a pouco iremos migrando contidos ata deixar este blog para asuntos non-técnicos e todo o que publico do mundo FLOSS aló.

Xa vos irei informando.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos

O vindeiro sábado 27 de xuño terá lugar en Mugardos as VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos co seguinte programa:

Xornada de mañá

10:00 a 11:00 «Instalación Ubuntu – Galinux«; Oscar Amor
11:00 a 12:00 «Servidores Caseiros con GNU/Linux«; Alberto Permuy (Comunidade O Zulo)
12:00 a 12:30 Descanso
12:30 a 13:15 «Virtualización: QEMU«; Vieiro
13:15 a 14:00 «Distribución Trisquel GNU/Linux«;

Xornada de tarde

17:00 a 17:45 «A situación do Software Libre nas Empresas de Galiza«; Roberto Vieito (Asociación SwLibre Ghandalf)
18:00 a 18:45 «Licenzas libres e abertas«; Roberto Brenlla (Tegnix, SL)
19:00 a 19:45 «O Dominio .gal«; Camilo Regueiro (eu.gal)
20:00 a 20:45 «Seguridade no Correo Electrónico» Andrés Díaz;
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Claudio F. Filho regresa a Brasil

Hai algo máis dun ano anunciaba a posible chegada de Claudio F. Filho a C.T.I. TEGNIX, S.L., algo que se concretou definitivamente en setembro do ano pasado. Lamentablemente agora hei de anunciar o regreso ao seu país por motivos estritamente persoais.

Cremos que sempre estivo satisfeito co traballo na nosa empresa pois deixámolo en total liberdade para seguir cos seus proxectos comunitarios, principalmente o BrOffice, o ambiente é absolutamente cordial, acudiu aos eventos que creu convinte (Brasil, Málaga, China…)… Porén a adaptación familiar ao noso país foi un dos maiores pesos á hora de tomar a decisión de regresar a Brasil.

A aportación de Claudio neste tempo foi máis ca proveitosa para nós. Afondamos nos problemas e solucións cando se integra (migra a) SwL grazas á súa ampla experiencia na materia, ampliamos o círculo de expertos cos que podemos contar de primeria man, recibimos unha ampla formación na xestión destes proxectos de migración, tamén en ofimática avanzada, etc. e, como non!, coa súa compañía no dia-a-dia.

Sabemos que sempre podemos contar con el dende o momento que abramos unha conversa no Jabber. Daquela, maila tristeza pola súa partida, estamos ledos polo moito que gañamos coa nosa amizade, agora aínda máis reforzada.

Forte abraço, Claudio!
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornada de SwL na Fundación C.E.L. (Lugo)

O vindeiro xoves 28.05.2009 ás 19.00 hs na Fundación C.E.L. en Lugo darei un novo relatorio, desta vez titulado «Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa«.

O evento terá lugar no Site (Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial) – Pazo de Feiras e Congresos ( olla o mapa).

Máis detalles nesta ligazón.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL na Cámara de Comercio da Coruña

O vindeiro xoves 21 de maio 2009 ás 19 hs darei un relatorio titulado «Linux e Software Libre: Garantía de Éxito para as PEMES» na Cámara de Comercio da Coruña sita na rúa Alameda 30-32 1º – 15003 A Coruña.

Se estás interesado en acudir ao evento terás que encher antes o formulario.

Farei unha descrición histórica, legalidade e casos de éxito do SwL, semellante ao feito semanas atrás en Salamanca, onde estreara unha nova versión do meu relatorio. Así que agora estouna traducindo e re-editando…
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha semana para Blogaliza 2.0

A comunidade Blogaliza acolle a máis de 1700 blogues en galego e máis de 6000 usuarios/as rexistrados/as. A portada de Blogaliza amosaba até agora o último publicado no blogomillo, todos os blogues escritos en galego, na propia blogaliza ou noutros sistemas, máis o directorio deste crecente blogomillo.

Novos Servizos

O vindeiro 1 de maio haberá unha nova Blogaliza, unha versión ampliada do habitual servizo de blogues en galego que integrará tamén noticias culturais actualizadas a diario, rede social, convocatorias de animación á creación artística e moitos outros contidos.

A partir dunha nova portada xeral da comunidade, poderase consultar a actualidade do blogomillo, con especial intensidade no ámbito da cultura através de seccións especializadas en literatura, música, cinema, artes visuais, etc. A apertura destas seccións será progresiva, comezando pola de letras.

Participación na configuración

Desde a Blogaliza hai claras expectativas do que non debe faltar, mais quérese facer un convite público a todas as persoas, colectivos e institucións que queiran facer propostas para enriquecela.

Até o 1 de maio na portada de Blogaliza accederase a un blogue aberto ás propostas de todos. Calquera pode mandar ideas e debatelas para que sexan integradas na nova blogaliza. Para iso só é preciso enviar un correo a propostas@blogaliza.org, que será publicado como nova anotación, cos comentarios abertos para, entre todos/as, ir perfilando as novas ideas.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Actualizando a BIOS nun Dell

Teño un portátil Dell XPS M1330, o mesmiño có socio e amigo Carlos e daquela deixo aquí o que fixo el para anovar a versión da BIOS dende GNU/Linux, mellora da que me aporveitei hai uns intres.

O documento base provén da wiki Dell Firmware Repository. Acontece que o script que deixan aló está pensado para o inglés e se tes a contorna noutro idioma simplemente non valerá.

Comeza engadindo estes novos repositorios:

deb http://linux.dell.com/repo cross-distro dell-firmware
deb-src http://linux.dell.com/repo hardy dell-software
deb http://linux.dell.com/repo hardy dell-software

Nunha terminal como root vai facendo:

root@lhermes# aptitude install dell-repository-keys
(…)
¿Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
para continuar, introduza "Si"; para abortar, introduza "Non": Si

root@lhermes# aptitude install dell-firmware-repository dell-software-repository
(…)
¿Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
para continuar, introduza "Si"; para abortar, introduza "Non": Si

Rematado isto instala o firmware:
aptitude install firmware-addon-dell
aptitude install firmware-tools
aptitude install system-bios-xps-m1330
update_firmware --yes

O proceso remata coa mensaxe «Update complete. You must perform a warm reboot for the update to take effect«. Só foi reiniciar en quente e agardar uns intres.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp