Tela Azul, comedia teatral sobre SwL

A peza teatral «Tela Azul» refírese ao fondo de escritorio de cor azul que o sw privativo popularizou. Foi ideada e creada pola 4Linux e gravada durante o evento Campus Party 2008. Contou coa participación de John ‘maddog’ Hall e ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Uso Non-Comercial 2.5 Brasil.

Esta breve comedia está falada en portugués do Brasil e conta con subtítulos en inglés. Sendo así, seguila é moi doado, sobre todo se coñeces algunhas traducións especiais: «bilau» é carallo, «camisinha» é condón e «software fazedor de cornos» é o window$ (dado que o persoal dun CPD terá que traballar a reo até fins de semana, implicando por ilo a necesidade de sufrir ameazas por parte da súa parella do senso de buscarse amante).

Souben dela por Claudio F. Filho quen aparece ao final da obra na sección de agradecimentos xunto a outros persoeiros brasileiros.

Por certo, durante unha cea con Manuel Hermo pensamos facer unha obra de taeatro tamén de humor sobre un tema semellante. Aínda non sabíamos desta obra «Tela Azul» e a cousa ficou nun simple desbarre. Persoalmente animaríame a facela se fósemos uns cantos ‘entusiasmados’ polo proxecto. Anímaste? Levámolo adiante? :-)

E xa que estou con videos, deixo a seguir a ligazón aos moitos videos favoritos do concurso promovido pola Linux Foundation baixo o título «I’m Linux«. Aínda estás a tempo de enviar un!

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornada de SwL na Universidade Pontificia de Salamanca

O vindeiro xoves 26 de marzo haberá unha xornada de SwL na Universidade Pontificia de Salamanca (UPSA) auspiciada polo amigo e socio de AGNIX Alex González que, rematando a carreira e iniciando un ambicioso proxecto empresarial, non perde a oportunidade de promover o SwL.

Ao evento iremos Claudio F. Filho e eu por parte de TEGNIX, e Ghe Rivero, desenvolvedor de Debian e Guadalinex á vez que responsable CPD da propia UPSA.

Como dixen hai pouco, anovarei as miñas presentacións comezando por esta xa que logo irá en castelán a xeito resume e titulada «Sofware Libre, de la ética a la implantación masiva«.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Obradoiro de OpenOffice.org avanzado na Univ. Vigo

GALPon realizará un obradoiro avanzado da suite ofimática de OpenOffice.org na Universidade de Vigo coa colaboración de TEGNIX e a participación de Claudio F. Filho.

Nesta ocasión o obradoiro vai especialmente indicado para aquelas persoas que empregan con regularidade as ferramentas de oficina coma procesadores de texto, follas de cálculo ou presentacións pero que queren explotar ao máximo as potencialidades do programa de Software Libre con maior proxección no mercado mundial.

O prazo para a matrícula remata o día 6 de marzo, comezando xa para a seguinte semana. Os días de clase serán Luns e Mércores de 16:00h ata as 19:00h.

O programa completo

Máis información para a matrícula

Este novo obradoiro vén a completar os anteriores ofrecidos pola asociación a través de Extensión Universitaria no campus de Vigo onde se ofrecía un nivel básico de introdución da suite ofimática por Jose A. Fernández Troncoso e que dispuso o material de traballo na súa web.

Fonte.

Chuzame! A Facebook A Twitter

En 12 hs dous relatorios en dúas vilas

A verdade é que seis anos dando relatorios sobre SwL dan para moito. Realmente moitísimo se temos en conta que apenas rexeitei intervir nun par de ocasións e sempre por mor de causa maior, nomeadamente en Foz e Ponteareas (na que xa fora dúas veces). Nelas saía de vacacións coa familia e, polo tanto, foi imposible. Sexa como fora, as contas danme unha cifra moi elevada, acho que levo máis dun cento de intervencións, o cal dá mostra da frecuencia de intervencións e maila intensidade de vivencias destes anos.

Este pasado xoves fun a Vilagarcía a rematar a xira de a AGASOL presentando as «Vantaxes do SwL para as PEMES«. O público asistente desta vez non foi numeroso pero si agradecido e, polo que logo souben, moi satisfeito. Alédome porque non é menos certo que canta menos xente haxa máis me esforzo en recrear un clima de familiaridade, ameno e reflexivo.

O evento, entre pitos e frautas, rematou mási aló das 22 hs e ás 10 hs da mañá seguinte comezaba o das IV Xornadas de SwL do IES A Pinguela en Monforte, neste caso dando «Licenzas libres e abertas«. Polo medio tiven que pasar por Coruña, claro, a durmir. Foi o segundo ano consecutivo en dar un relatorio no IES A Pinguela. Xa van tres en total as que vou a Monforte porque unha delas foi para a Rede de Dinamización.

A primeira sorpresa ao chegar foi atoparme na portada da Voz de Lemos, en pequeniño e breve pero até cunha foto! Máis aló da satisfacción persoal pensei «Caramba, o SwL está a calar definitivamente na sociedade«. Nos últimos eventos de AGASOL houbo soporte de radio, prensa e televisión, e o mesmo aconteceu en Monforte. E xa vai sendo hora despois de tantos anos de teima de toda unha comunidade insistindo, traducindo, desenvolvendo, ensinando, organizando eventos…

Foi un pracer asistir á intervención de Rodrigo Salvador sobre a infraestrutura informática do ensino primario e secundario andaluz. Entre o público había integrantes do SIEGA (Sistemas de Infromación da Educación en Galicia) que admiraron o caso andaluz neste ámbito, un exemplo de eficacia organizativa e económica, calidade e ambición.

Agora toca unha viaxe de turismo a Roma e logo máis relatorios, posiblemente comezando pola Universidade Pontificia de Salamanca.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Personalizando o arranque cunha imaxe

Decidín probar o que detalla FOSSwire referido á personalización do menú de arranque GRUB. O resultado foi o agardado e só tiven que ter en conta que a miña Ubuntu dispón no dun directorio específico para ubicar as imaxes para o xestor de arranque.

Daquela copiei a imaxe que fixen
sudo cp grub-splash-tegnix.xpm /boot/grub/splashimages/

e logo editei o menú de opcións do GRUB:
sudo gedit /boot/grub/menu.lst

deixando as liñas clave como sigue:
# Hides the menu by default (press ESC to see the menu)
#hiddenmenu

# Pretty colours
#color cyan/blue white/blue
foreground 000000
background cdcdcd
color blue/black

# imaxe grub
splashimage=(hd0,0)/boot/grub/splashimages/grub-splash-tegnix.xpm

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

IV Xornadas de SwL en Monforte

O departamento de informática do IES A Pinguela, de Monforte de Lemos, organiza as IV Xornadas de Software Libre para os vindeiros días 12 e 13 de febreiro en horario de 10 a 13 horas.

O evento conta co seguinte programa:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL rematará a xira en Vilagarcía

O vindeiro xoves 12 de febreiro, ás 19,30 horas, realizarase a sesión informativa «Software Libre contra a crise -Mellore a súa rentabilidade con Linux e SwL-» no auditorio da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa (información e e inscrición de balde), sita na Avda Doctor Tourón, 46.

Con esta xornada remata AGASOL unha xira que deu comezo en outubro de 2008 na Coruña pasando por Ourense, Vigo, Ferrol, Santiago e Lugo. Tes algunhas fotos destes eventos.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornada de AGASOL en Lugo

Hoxe (5 febreiro 2009) ás 19 hs dará comezo no Edificio FORCAM (rúa Cántigas e Frores, 31) da Cámara de Comercio de Lugo unha nova xornada de AGASOL baixo o título de «Vantaxes do SwL para as PEMES – Mellore a súa rendibilidade con Linux e SwL

Pódese facer a inscrición de balde a partir desta ligazón onde tamén hai máis información.

Logo de recalar exitosamente nas cidades de Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol e Santiago, AGASOL estará en Lugo desenvolvendo, de novo, un programa dirixido a que xerentes, responsables de finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplíen o seu coñecemento sobre que é o Software Libre, Linux e os Estándares Abertos, incidindo nas súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidade e nas axudas oficiais que presta a Xunta de Galicia para implantacións. Ademais, exemplificarase con implantacións desenvolvidas en empresas, institucións ou na Administración. Para rematar, abriráse unha rolda de preguntas e propiciarase o debate, que continuará durante a degustación dun viño galego.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

TEGNIX inaugura o seu Centro de Formación en SwL

TEGNIX segue os pasos previstos no seu proxecto de expansión empresarial iniciado en abril de 2008 inaugurando o seu Centro de Formación,  coincidindo coa segunda xornada do Plan de Capacitación TIC en SwL.

Coa inauguración deste centro, TEGNIX consolida a a súa oferta (arquitectura de sistemas, consultoría de migración e formación especializada) cunha óptima infraestrutura na súa propia sede. O profesorado principal está constituído por Pedro Silva (sistemas), Claudio F. Filho (migración/evolución) e eu mesmo (modelos de negocio e aspectos legais). A oferta formativa divulgarase nos vindeiros días.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL na Cámara de Comercio de Ferrol

A Cámara de Comercio de Ferrol acollerá o 20 de xaneiro ás 19 hs a xornada informativa «Software libre contra a crise. Mellore a súa rendibilidade con Linux e SwL». O obxectivo é dar a coñecer ás empresas da súa demarcación as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas para o tecido empresarial, especialmente en tempos de crise.

Esta sesión organízase en colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e coa Consellería de Innovación e Industria.

Os asistentes recibirán información sobre que é o software libre e os estándares abertos, así como sobre as súas vantaxes competitivas (aforro, adaptabilidade, independencia…) e poderán  coñecer casos de implantacións de éxito en empresas e administracións públicas.

Ademais, no decurso da xornada, vaise presentar e entregar aos participantes o DVD Ferramentas informáticas para a peme, elaborado pola Consellería de Innovación e Industria, que inclúe unha ampla colección de software empresarial libre, gratuíto e legal.

Entre as aplicacións que incorpora este DVD figuran a suite ofimática OpenOffice.org, o navegador Firefox, o cliente de correo electrónico Thunderbird ou a ferramenta para a xestión de proxectos Openproj.

Os contidos da xornada están orientados, preferentemente, a persoal da dirección da empresa (xerencia, finanzas, estratexias..) e aos responsables de tecnoloxías da información.

A asistencia é gratuíta, unha vez realizada a inscrición correspondente que se pode formalizar no departamento de innovación da Cámara de Comercio (981 333165; innovacion@camaraferrol.org)

Parágrafos tomados intergarmente deste anuncio.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

As miñas conferencias en ODP e CC-by-sa

Deixo na miña parcela de Slideshare unhas cantas presentacións en formato ODP (o ODF das presentacións) baixo licenza Creative Commons-by-sa. Son mostras das que fun dando por aí adiante ao longo de todos estes anos pasados e inclúen:

  • A difusión que, en representación de AGASOL, estou levando a cabo polas organizacións empresariais entre finais de 2008 e primeiros de 2009, titulada ás veces «SwL contra a crise» e outras «Vantaxes do SwL para as PEMES«.
  • «Directrices Evolutivas» referida ás migracións, dada en febreiro de 2008.
  • «Cara onde vai o SwL«, unha un tanto apocalíptica visión presentada na OSWC en Badaxoz en febreiro de 2007
  • «SwL no goberno galego«, dada en Lisboa (outubro 2007) e en Luanda, capital de Angola (en xuño de 2008). É unha visión persoal.
  • «SwL na sociedade galega«, tamén dada en Lisboa (outubro 2007) e en Luanda, capital de Angola (en xuño de 2008). É unha visión persoal.

Agradezo enormemente a quen as empregue e lle engada modificacións que me axude comunicándomo para á vez melloralas eu.

Cando rematemos a anovación da imaxe coporativa de TEGNIX heinas modificar todas para que reflictan as novas ideas que posúo, experiencias, etc. Prentendo dar o salto a «contar historias», con menos texto e máis imaxes.

AGASOL Difusión

View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: empresas agasol)

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

III Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

OUSLI, de novo, volve a organizar este ano a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. As Xornadas realízanse grazas a colaboración do centro de FP Caixanova, celebrándose no mesmo, a mañá do 18 de Decembro.

As xornadas están patrocinadas por Igalia e Mancomun e encádrase dentro do convenio asinado polos LUGS galegos e mancomun. Ademáis nas xornadas colaboraran o GLUG , Thinetic Systems , Openhost , CGA, TEGNIX e a OSL-USC .

O programa das xornadas é o seguinte:

  • 8:30-9:30 Administración da rede educativa, baseada en swl, máis grande do mundo.

    Poñente: Rodrigo Salvador de la Concha, CGA.

  • 9:30-10:30 TCOS: terminais lixeiros en swl.

    Poñente: Mario Izquierdo, Thinetic Systems.

  • 10:30-11:00 Mirror de OUSLI: mirror.ousli.org

    Poñente: David Martínez Carballo, CEO de Openhost e fundador de OUSLI.

  • 11:30-12:30 – Ventaxes do SwL para as pemes

    Poñente: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX.

  • 12:40-13:50 – Taller de traducción de software ó galego.

    Poñente: Fran Diéguez, membro de GLUG e da OSL-USC.

  • 13:50-15:00 – Taller de Inkscape.

    Poñente: Denís Fernández Cabrera, Presidente de GLUG e membro da OSL-USC.

As xornadas están abertas a calqueira que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, o lado de expourense.

A esta xornada acudirei trala da CEP (Confederación Empresarial de Ourense) que terá lugar o mércores 17 ás 17 hs e da que tes máis información aquí.

Mapa (feito por Keko).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp