Traducindo e Opinando

Como adoita acontecer en múltiples portais e blogs, o caso deste blog non é moi distinto. As máis das veces atopo algunha nova ou artigo que, polo motivo que fora, me chama a atención e decido ofrecelo á comunidade galega traducíndoo á nosa lingua. E case sempre aí queda a cousa.

Que significa isto? Tan só que estou a traducir, engadindo a fonte orixinal e nalgún caso algunha ligazón máis onde ampliar a información. Certo é que noutros casos até deixo algunhas preguntas abertas para fomentar un debate construtivo. E pouco máis.

É dicir, gústame reflictir, como un espectador maís que son, o que me chama a atención da rede.

Noutros casos, contablemente non moitos, adícome a amosar as miñas propias opinións, enfiando ideas e tirando conclusións. Lamenteblemente isto é así porque expresar ideas, deixalas ben escritas, fuxindo de ambigüedades, ocuparía moito máis do monte de tempo que xa lle adico ao dia a este blog, aos RSS e ás redes sociais.

Teno en conta para a próxima vez, por favor. Un artigo neste blog non sempre reflicte completamente o que eu penso. Pode ser unha tradución á que se lle engade algunha cuestión aberta. Noutros casos si, é o que opino… depende!

Daquela, sobre todo en casos que poidan inducilo, asinarei os artigos cunha ligazón cara estas liñas. Non é a primeira vez que alguén me di “Non estou de acordo co que puxeches!” e eu “Como? Se só fun un tradutor!“.

asennadas

6 ResponsesTraducindo e Opinando to “”

  1. […] Traducindo e Opinando […]

  2. […] Traducindo e Opinando […]

  3. […] Traducindo e Opinando […]

  4. […] Traducindo e Opinando […]

  5. Hola, ¿cómo estás? Mi nombre es Leonardo Suárez y soy de Río de Janeiro como usted. La razón de este comentario es en realidad en relación con su Brenlla apellido. Mi abuelo paterno se llamaba Claudio Suárez Brenlla y es originario de Galicia, su padre fue Domingo Suárez López. Me pregunto si existe alguna conexión o si tiene alguna información. He encontrado muy poco sobre Brenlla entre 1800 y 2000. Gracias por su atención y lo siento por el mal español, he usado Google para traducir.

  6. ¡Ah! Perdón por publicar aquí, he intentado su correo electrónico, pero no lo hizo.