Hardware aberto, tipo Lego

A maior parte da variedade de open source hardware céntrase en produtos específicos. Bug Labs toma un enfoque distinto. No canto de desenvolver determinados dispositivos, o obxectivo de Bug Labs é fornecernos dunha colección semelante ao Lego de hardware e software de código aberto que a clientela pode emrpegar para crear os seus propios trebellos.

Segundo o seu xerente, Peter Semmelhack, o resultado non ten por que posuir un elevado grao de innovación pero pode ser percursor do futuro nos negocios de hardware.

O artigo completo (en inglés) inclúe máis detalles e opinións sobre esta interesante perspectiva posto que, entre outras cousas, abarata custes de realización de novos proxectos en equipamentos alén de “Democratizar a Innovación” como sinala Eric von Hippel.

asennadas

Os comentarios están pechados.