Linux achégase ao 90% nos maiores supercomputadores

Unha das diapositivas case que permanentes que emprego nos relatorios que dou é a da porcentaxe de supercomputadores que levan Linux no seu interior. Estas cifras confirman a tese de xentes coma min ao insistirmos con pesada teima que o modelo do SwL é moito máis eficiente, ético e, obviamente, un monte de cualidades máis.

A cifra dos maiores cincocentos supercomutadores (top500) amósao ben ás claras. Hai tan só dez anos que Linux (así é como vén nomeado o SwL nestas listas) entrou nesta táboa clasificatoria cun primeiro supercomputador que representaba o 0,20% do total. Era xuiño de 1998 e daquela o panorama estaba liderado por Unix.

Agora publícase unha nova táboa con “Linux” dominando de xeito insultante: 439 supercomputadores que equivalen a 87.80%.

No campo de servidores, supercomputadores e demais “cousas serias” o SwL é a elección e é un pracer garantilo cun “remítome aos feitos“.

Traducindo ou opinado?

asennadas

One ResponseLinux achégase ao 90% nos maiores supercomputadores to “”

  1. […] por familia de sistemas operativos (Operating system Family) os resultados amosan que, respecto da anterior lista, “Linux” rabuñou outros catro supercomputadores máis ao resto de sistemas, elevando a súa cifra […]