Pantallazos de Debian

Entérome polas listas de Debian dun novo servizo que veñen de pór en marcha referido aos pantallazos. E claro, o seu nome é screenshots.debian.net.

Trátase dun repositorio público de pantallazos tomados de aplicacións contidas nunha distribución Debian GNU/Linux e co que calquera pode contribuir.

O seu uso é sinxelo:

  • http://screenshots.debian.net/packages
    (Lista de todos os paquetes con pantallazos –screenshots-)
  • http://screenshots.debian.net/package/NOME_DE_PAQUETE
    (Páxina con pantallzos dun determinado paquete)
  • http://screenshots.debian.net/thumbnail/NOME_DE_PAQUETE
    (Amosa unha miniatura –thumbnail– (160×120 pixels ou menor))
  • http://screenshots.debian.net/screenshot/NOME_DE_PAQUETE
    (Devolve o screenshot (800×600 pixels ou menor))

asennadas

Os comentarios están pechados.