Gartner di que en 12 meses todas as empresas usarán SwL

A consultora Gartner apunta que o 85% das empresas xa son usuarias de software de código aberto e o 15% restante van adoptalo en 2009.

Estas conclusións foron obtidas a raíz dunha enquisa levada a cabo entre os meses de maio a xuño de 2008 que abrangue a 274 organizacións das rexións Asia/Pacifico, Europa e América.

No entanto, o Gartner dixo que 69% das empresas pescudadas non posúen unha política formal para avaliar e catalogar a utilización de open source, co cal pode significar “un gran potencial de crear violacións de propiedade intelectual“, alerta o instituto.

As empresas precisan ter políticas para aplicacións en código aberto, decidindo cales áreas terán open source e identificando cales son os riscos asociados con propiedade intelectual ao usar o open source. Cando as políticas estiveren estabelecidas, é preciso ter un proceso de dirección para garantilas.

De acordo co Gartner, o código aberto está sendo instalado de maneira equivalente tanto en ambientes de misión crítica canto nos que non son críticos.

As tres principais razóns para adoptar open source están relacionadas co

  1. custo total de propiedade (TCO),
  2. custo menor para o desenvolvemento e
  3. maior facilidade para comezar novas iniciativas usando unha base de código aberto.

Algúns dos entrevistados dixeron que eles tamén utilizan open source para se protexeren de ter só un fornecedor que é ‘dono’ de todo o seu departamento de TI” resaltou o Gartner. É dicir, avalían positivamente a independecia tecnolóxica que lles fornece o código aberto.

Outros entrevistados dixeran que a principal razón de negocios para adoptar código aberto estaba nun “tempo de resposta” (traducino de time to market) máis rápido para novos produtos e a capacidade de evitar procedementos e regras de vendas complexas.

Con todo, ter unha correcta dirección na contorna aberta é o maior desafío para as empresas, seguido polos termos conflitivos de ter varios tipos de licenzas e formulários.

Entender cando e como a alternativa aberta debe ser usada é un proceso frustrante. Esas cuestións deberán ser resoltas lentamente. A maior popularidade do código aberto vai empurrar esas mudanzas“, dixo Wurster.

Fonte.

asennadas

Os comentarios están pechados.