Éxito nas I Xornadas de Dereito TIC

Sospeitaba que teríamos unhas boas xornadas por seren organizadas por Glug, Aulusc e maila Oficina de SwL da USC, pola calidade dos ponentes e pola temática a ser tratada. Creo que non errei pois a miña opinión foi amplamente compartida por toda aquela persoa con quen falei.

Agora poderíame resumir cada unha das intervencións xa que sempre tomo unha morea de anotacións de cada unha pero prefiro a que agardes a ter os videos e mailas presentacións pois todo o material será colgado da web do evento. Como moito, nalgúns artigos irei deixando ideas aprendidas.

Como desexo e suxestión de mellora sinalaría que se anunciara con máis tempo de antelación, se investira nun gabinete de prensa para darlle maior difusión e, se tal, se fixera na facultade de Dereito pois decatámonos que o alumnado desa facultade non dispón de asignaturas específicas sobre materias de tanta importancia como a LOPD, LSSI, sinatura electrónica e demais. Claro está, para iso é imprescindible a “vontade” de quen son responsables desa facultade e semella que desta vez iso non aconteceu.

Unha vez máis, noraboa á organización e moi agradecido polo trato recibido.

asennadas

Os comentarios están pechados.