Portátil con Linux que arranca en segundos

Good OS, máis coñecido como o gOS Linux que debutara nos hipermercados Wal-Mart, vén de anunciar “Cloud” un novo sistema operativo que arranca en segundos dentro dun navegador con Google, Yahoo! e Live, opcionalmente dentro de Window$.

Cloud amosou o GIGABYTE Touch-Screen Netbook na Netbook World Summit e na rede neste enderezo: http://www.thinkgos.com. Nese sitio comentan que Cloud dispón dun panel de iconas dentro do navegador que se oculta automaticamente e é doadamente personalizable. A contorna de aplicación privativa de Cloud permite executar aplicacións clientes tales como Skype ou Media Player, abríndoas en táboas tanto en Window$ como Linux.

O cambio entre sistemas operativos faise cun simple clic.

Para saber máis do tema vaite cara esta ligazón onde din que o trebello inclúe 32 MB de disco para espazo de almacenamento e 128 MB de RAM.

Ten isto que ver coa moda “cloud computing“? Dará que falar? Acho que si.

Fonte.

asennadas

Os comentarios están pechados.