Sw Privativo aprendendo (algo) do Sw Libre

Un grupo de empresas decide fundar unha asociación sen fins de lucro, é dicir, un ente que non pode distribuir beneficios económicos entre os asociados. Realmente trátase dunha Agrupación de Interés Económico (A.I.E.) co obxectivo de que sea ela quen desenvolva software básico en mancomunidade para logo distribuilo entre as empresas asociadas que previamente teñan abonado a couta necesaria para serne asociadas.

Eles mesmos din na súa web:

MARINO IMAGINE STRATEGIC CORPORATION é a primeira Fábrica de Software, sen ánimo de lucro, creada especificamente para xestionar unha liña de solucións informáticas que poidan comercializar os seus socios.

A cousa está clara: seguen crendo no modelo do sw privativo só que agora reducen drasticamente os seus investimentos grazas á compartir custes de fabricación.

Daquela propón un novo modelo de negocio que permite ser competitivos e crear unha nova tendencia:

  • Asociacionismo. Creouse un grupo empresarial formado por compañías con fins comúns.
  • Independencia. Cada compañía pode manter a súa autonomía respecto ao grupo.
  • Solucións. A base de negocio é unha familia de aplicacións innovadora e totalmente diferencial.
  • Rendibilidade. Permite reducir custos e achegar valor ao cliente, ofrecendo seguridade e continuidade.

Basicamente hanse centrar en produtos “innovadores“, tales como ERPs e CRMs!

En resumo, unha saída un tanto orixinal, si, baseada na compartición de recursos (custos de desenvolvemento principalmente) para logo ofertarlo á clientela pechado e de pago.

Algo van aprendendo, si, pero abondará con iso? Onde quedan os feedback da parte usuaria, as contribucións altruistas, a garantía de transparencia de código, a liberdade, etc, etc e tal?

asennadas

2 ResponsesSw Privativo aprendendo (algo) do Sw Libre to “”

  1. “ente que non pode distribuir beneficios económicos entre os asociados…” bueno, vale, hai moitas formas de camuflar isto… mellor dixalo no aire.

    ERPs e CRMs -> pois xa pode ser bo o producto que ofrecen, pois o mercado esta petado de estes productos.

    Onde quedan os feedback da parte usuaria -> esto ira no analise de requisitos da aplicación, pero vamos que non exista tal efecto -feedback- é algo normal no mundo privativo.

    as contribucións altruistas-> non esta o mundo como para andar de altruista pola vida. Tanto no sw privativo como no sw libre -a vaquiña polo que vale!!- traballar a prol da comunidade sí, pero, a meritocracia da que facedes alarde no sw libre moitas veces perdese na bretema.

    a liberdade-> ¿? non a todo o mundo lle interesa o código, nin siquiera entenden o que significa telo, sobre todo visto o visto dado que moitas ocasions a documentación do código é escasa-nula e leva máis tempo e máis traballo entender-retocar o que hai feito que facer algo novo en vertical sobre unha base.

    Pois coidadiño con este tipo de propostas que poden contraer a expansión do sw libre.

  2. A pesares de todo, sigo confiado no futuro que ten o SwL. Claro está, se somos proactivos. Se ficamos parados hanos pisar, si.