Está roto o modelo Open Source?

Así o cre Stuart Cohen, anterior CEO de OSDL (Open Source Development Labs), a organización sen fins de lucro destinada a promover Linux e que actualmente emprega a Linus Torvalds. Stuart escribiu nun artigo publicado en BusinessWeek que o modelo de negocios tradicional do Open Source, que se basea en vender soamente soporte e servizos, está roto.

Para os que non estiveron prestando atención á industria do software ultimamente, téñolles malas novas. O modelo de negocios do Open Source está roto. O código Open Source xeralmente é moi bo e non require moito soporte. Así que as empresas Open Source que confían soamente en soporte e servizos non durarán moito neste mundo“.

“A menos que os vendedores de Open Source atopen novas formas de agregar valor para os seus clientes, especialmente na (actual) contorna económica, o crecemento das súas compañías está en serio risco“, escribiu Cohen.

O amigo Tonio Castro foi quen me recomendou este artigo, baseado noutro de Slashdot.

asennadas

Os comentarios están pechados.